LINGUA
'Galegofobia' na CRTVG: os comentarios contra o galego de dous tertulianos da Radio Galega
18/maio/23
Non todo foi celebración e reivindicación este Día das Letras Galegas. No faladoiro da mañá da Radio Galega, no programa 'Galicia por Diante', dous dos participantes cuestionaron a "utilidade" da lingua galega e criticaron a súa "imposición".