O independentismo copa os escanos por Groenlandia nas eleccións dinamarquesas
As formación soberanistas Inuit Ataqatigiit e Siumut foron as máis votadas polas groenlandesas nas eleccións deste 5 de xuño: entre ambas as dúas suman 72% dos votos.
Recúa a ultradereita en Dinamarca após a socialdemocracia endurecer o seu discurso sobre a inmigración
Após unha paréntese de apenas 4 anos de dominio conservador, o bloco de esquerdas volta a ser maioritario no Parlamento dinamarqués, o Folketing. As bancadas progresistas totalizan 91 escanos, un por riba da maioría absoluta. A clave do resultado, o descenso da ultradereita, un Partido Popular Dinamarqués que cedeu nada menos que 13 puntos a respecto de 2015, ao pasar de 21,1 a 8,9%.
68% dos groenlandeses a favor de se independizar de Dinamarca
Dous de cada tres apoian lograr a soberanía plena durante as próximas dúas décadas. De haber agora un referendo só optarían pola independencia 38%.
Puigdemont viaxa a Copenhague aínda a risco de ser detido
Novo paso na súa estratexia de internacionalización do conflito. Carles Puigdemont viaxa esta segunda feira a Dinamarca para participar nunha palestra. Dada a brevidade do deslocamento (só estará unhas horas en Copenhague), o Estado español podería ter problemas á hora de activar con eficacia a euroorde para a súa detención.
Arqueólogos daneses atopan a sepultura de Ulv o Galego
Un arqueólogo danés afirma ter achado a tumba de Ulf Galiciefarer, o líder guerreiro viquingo que saqueou Galiza no século XI.
“Queremos dar a coñecer Galiza entre os escandinavos”
É o centro máis ao norte que argallaron uns galegos. Catro mozos emigrantes en Dinamarca que impulsan con ilusión, folgos e moitas gañas un espazo que quer servir como punto de encontro de galegos nese país ademais dunha singular embaixada do noso país en terras dinamarquesas.
Dinamarca comeza a confiscar bens a demandantes de asilo
As autoridades danesas requisaron 10.700 euros a cinco iranís.
Juan Carlos: a iguana verde de Dinamarca
Nos meus tempos de ensino primario existía un xogo no que che pedían que pensases nun animal que empezase polo «i», nunha cor e nun país que empezase polo «D».
Beiras defende que Calviño sexa deputado desde Dinamarca "porque está en Europa"
O líder de Anova e portavoz de AGE no Parlamenento confirmou que Fernández Calviño mantén a acta de deputado. Beiras defendeu que o seu labor como investigador é compatíbel co de parlamentar porque está "dentro da UE" e "calquera punto está a un par de horas" de Galiza.
Un deputado de AGE demite ao aceptar un traballo en Dinamarca
O parlamentar pola circunscrición de Ourense, de Anova, aceptou un contrato de investigación en Dinamarca que, di, supón "unha grande oportunidade" profesional para el. Iolanda Pérez Docampo será quen tome posesión do escano segundo informou Anova.
Dinamarca e Islandia darían a benvida a unha Escocia independente
Membros dos partidos do goberno danés din que o novo estado sería “benvido” e o presidente islandés afirmou que as relacións serían “prósperas”