ELECCIÓNS EUROPEAS

BNG Bildu ERC
POLÍTICA

BNG, ERC e EH Bildu presentan oficialmente a súa candidatura conxunta para as Europeas

O acto contará coa presenza da candidata nacionalista galega, Ana Miranda, de Josu Juaristi, por EH-Bildu e de Diana Riba por ERC. A marca xeral barallada é a de Agora Repúblicas, se ben cada formación terá o seu propio perfil nos seus países.

Asemblea BNG
POLÍTICA

As bases do BNG aproban a candidatura conxunta con ERC e Bildu para as Europeas

A proposta tivo o apoio nas asembleas de máis de 90% da militancia. O Consello Nacional referendará esta decisión das bases na reunión deste sábado.

Hemiciclo do Parlamento Europeo (Foto: Parlamento Europeo).
POLÍTICA

EH Bildu proporá á súa asemblea presentarse ás europeas co BNG e ERC

A dirección da coalición abertzale levará esta proposta á reunión do 14 de decembro en Donostia.

puig
ELECCIÓNS EUROPEAS

Puigdemont ve “intelixente” unha candidatura catalá, vasca e galega ás europeas

Ao president da Generalitat no exilio Carles Puigdemont parécelle “unha proposta intelixente” unha candidatura unitaria entre soberanistas de Catalunya, Euskal Herria e Galiza ás eleccións europeas. Acrecenta que “pode ser realmente disruptiva na fórmula política sobre a que se asentou o Estado español”.