eleccións galegas

Ana Pontón, candidata do BNG a presidir a Xunta da Galiza, esta cuarta feira en Porto do Son (comarca de Noia). (Foto: Nós Diario)
18-F

Pontón comprométese a crear un plan estratéxico de recuperación das rías

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta da Galiza, Ana Pontón, visitou esta cuarta feira Ribeira (O Barbanza) para reunirse con traballadoras e traballadores do mar para trasladar as propostas da formación e escoitar "de primeira man" os problemas que afronta un sector que, dixo, "ten que seguir sendo estratéxico na economía" do país.
Rodil, Queixas, Pontón, Presas e Bará, esta terza feira en Compostela. (Foto: Nós Diario)
18-F

Pontón pide un "contrato a catro anos" á fronte da Xunta para construír "unha Galiza en grande"

O BNG presentou as persoas que lideran súas catro candidaturas.
Besteiro, xunto a candidatas por Pontevedra, esta terza feira en Vigo. (Foto: Europa Press)
Agora

Besteiro comprométese a "reanimar" a Atención Primaria, "deficitaria en toda a Galiza"

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou o seu compromiso coa Sanidade Pública da Galiza, e en especial coa Atención Primaria, e afirmou que "reanimará" este servizo con investimento público. Así o manifestou, en declaracións aos medios, após manter un encontro en Vigo con representantes da plataforma SOS Sanidade Pública. O candidato socialista apostou por "recuperar" a Atención Primaria, que a día de hoxe ten mil profesionais menos que hai 15 anos, e cuxo investimento público se reduciu en 135 millóns. "Os datos queiman o relato do PP", constatou Besteiro, que defendeu ademais que a Primaria, porta de entrada ao sistema sanitario, "é o que une a toda a Galiza" e é "deficitaria".
Alfonso Rueda preside o Consello da Xunta. (Foto: David Cabezón / Xunta da Galiza).
18-F

O Consello da Xunta cesa sete altos cargos para que poidan ir nas listas do PP o 18-F

O prazo para rexistrar as listas ante as xuntas electorais finaliza esta mesma segunda feira, 15 de xaneiro, á medianoite, de maneira que o máximo mandatario galego apurou até o último momento para levar a cabo un trámite sen o que non se pode acreditar a elixibilidade.

izquierda por alemria
18-F

Izquierda por Almería anuncia que se presenta ás eleccións galegas

A formación avanzou este domingo que concorrerá aos comicios do próximo 18 de febreiro pola circunscrición de Lugo, ao ser esta a que require menos membros para integrar a lista -14 máis suplentes-.

EuropaPress_5687523_presidente_ppdeg_xunta_alfonso_rueda_acto_partido_junto_lideres_autonomicos
18-F

O Rueda que pedía "galeguizar" a campaña rodéase dos baróns autonómicos do PP para afirmar que "España xógase moito" o 18-F

A presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, asegura que as eleccións galegas serán “sobre España”. e cargou contra quen "quere impor o nacionalismo" o 18 de febreiro, "fabricando nacións dentro de España".

Alfonso Rueda presenta cabezas de lista    pp candidaturas elecciones autonómicas 18F 2024
POLÍTICA

Rueda apela a unha campaña sen "crispación" e a seguir acusa a oposición de “rancor”

O aspirante do PP enxalza as súas cabezas de lista como "mascarón de proa" do proxecto do "primeiro partido da Galiza".

sumar foto europa press
POLÍTICA

Sumar Galicia propón garantir unha unidade de saúde mental en todos os centros de saúde e un plan xuvenil

besteiro psdeg candidaturas
POLÍTICA

Besteiro apela á mobilización para sacar "pola porta de atrás" ao Goberno "mentireiro" do PP

Presentación en Compostela da candidatura do PSdeG ao 18-F.
bng
POLÍTICA

Os nomes do BNG para "o cambio galego": Consulta aquí as 94 persoas que conforman a candidatura do BNG ás eleccións do 18-F

Pontón destaca a experiencia acumulada como “gran activo” para gobernar e pide a confianza das galegas porque co BNG a Galiza “vaille ir moito mellor”. O Consello Nacional aprobou este sábado as candidaturas do BNG polas catro circunscricións ás eleccións galegas.

Ana Pontón xunto a representantes municipais do BNG, esta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
18-F

Pontón apela á "mobilización masiva" nun acto con 300 representantes municipais

O BNG engraxa a 'maquinaria' municipal de cara ao 18 de febreiro.
Lara Méndez, do PSdeG, e Rubén Arroxo, do BNG.
POLÍTICA

Arroxo afirma que a dimisión de Méndez non afectará o pacto de Goberno de Lugo

A alcaldesa formalizará a súa marcha na sexta.
Ana Pontón, este domingo, en Rianxo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

“Gobernemos nós a nosa terra”: Pontón apela en Rianxo a "cumprir o soño de Castelao"

O BNG arranca a campaña electoral cara o 18 de febreiro en Rianxo nun grande acto de homenaxe a Castelao

O candidato do PSOE á presidencia da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, este domingo en Vigo. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
POLÍTICA

Besteiro non contempla ser vicepresidente nun Goberno liderado por Pontón

O candidato do PSOE deixará a súa acta no Congreso español cando sexa presidente: é incompatíbel

O electorado galego está chamado ás urnas o próximo 18 de febreiro (Foto: Joaquin Corchero / Europa Press).
18-F

O electorado no estranxeiro votará nos comicios galegos do 10 ao 15 de febreiro

As formacións políticas comezan a confeccionar as súas candidaturas.
Último pleno do Parlamento da Galiza. (Foto: Parlamento da Galiza).
star
Análise

A uns días das eleccións

Fernando de Abel é doutor en Dereito e profesor titular de Dereito Administrativo da USC.

Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG (Foto: Nós Diario).
18-F

Formoso ve o discurso de Rueda "cargado de autocompracencia"

O secretario xeral dos socialistas galegos afeou que Rueda "negue as realidades que as galegas e galegos están a sufrir cada día" así como a "falta de autocrítica".
O presidente da Galiza, Alfonso Rueda, no Pazo de Xelmírez (Foto: Xunta da Galiza).
POLÍTICA

VÍDEO | Rueda apela a un debate construtivo na súa mensaxe de Fin de Ano

O presidente da Galiza pronunciou o seu discurso desde o Pazo de Xelmírez.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no seu barrio (Foto: Nós Diario).
18-F

VÍDEO | Pontón escolle o seu barrio para enviar a mensaxe de Fin de Ano convidando a gañar unha Galiza mellor en 2024

A líder do BNG convida a cidadanía a gañar unha Galiza mellor en 2024, convencida de que o 18 de febreiro será a data do cambio.
O socialista José Ramón Gómez Besteiro na súa mensaxe de felicitación do Fin de Ano (Foto: Nós Diario).
18-F

VÍDEO | Besteiro di que "a Galiza vai dar a badalada" cos socialistas na súa mensaxe de felicitación do Fin de Ano

O canditado socialista critica "a estratexia de confrontación" con todos que "desprega" o Partido Popular.