Eleccións municipais 2023

Abel Caballero na presentación da listaxe coa que concorre ás eleccións pola Alcaldía de Vigo. (Foto: Europa Press)
Agora

Caballero presenta “a mellor lista de todos os Concellos de España e de Europa”

O alcalde de Vigo e candidato á Alcaldía polo PSdeG, Abel Caballero, presentou esta terza feira nun acto público diante das obras do ascensor Halo a candidatura que o acompañará no proceso electoral do 28 de maio, unha listaxe que cualificou como “a mellor que se presentou nunca en ningún Concello de España e Europa”. Caballero afirmou ignorar se Pedro Sánchez fará campaña na cidade, pois el di ser "absolutamente autónomo".

Urna electoral (Imaxe: Polaris / Contacto).
POLÍTICA

Estes son os concellos galegos cuxa veciñanza só poderá escoller entre dúas candidaturas o 28-M

Para a próxima cita coas urnas, tanto BNG como PSdeG presentan candidaturas en máis concellos galegos que nos comicios de 2019, pero o Partido Popular mantense como a única formación que consegue fechar listas nos 313 municipios do país.
Marta Gómez e Daniel Castro esta terza feira na presentación do acto (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Galiza Nova presentará en Compostela as máis de 400 mozas que forman parte de candidaturas do BNG

O acto terá lugar o vindeiro sábado 6 de maio, ás 12 horas, no Xardín das Pedras que Falan, en Compostela, aínda que no caso de choiva será na Sala Malatesta.
Unha persoa deposita o seu voto nunha urna electoral. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A Falanxe non pasa a revisión da Xunta Electoral e non poderá presentarse na Coruña

Dos datos publicados nos boletíns oficiais provinciais e agora proclamados, despréndese que a cidade onde máis listas haberá, unha máis que en 2019, é a da Coruña, cun total de 11, tras perderse a da Falanxe.
Unha persoa deposita o seu voto nunha urna electoral. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

As 'segundas Alcaldías' de máis de 9.000 galegas: Un repaso ás pedanías en xogo este 28-M

As entidades locais menores considéranse legalmente entidades locais de ámbito territorial inferior ao do concello, pero teñen personalidade xurídica propia e asígnanselles competencias para administrar e conservar o seu patrimonio, así como para executar obras e servizos de interese para a súa poboación.
Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña. (Foto: Xan Carballa)
POLÍTICA

Xosé Regueira (BNG), vicepresidente da Deputación da Coruña: "Acabamos co reparto a dedo: os concellos saben o que lles corresponde da Deputación"

Xosé Regueira (Carballo, 1967), concelleiro do BNG na súa cidade natal, é vicepresidente da Deputación da Coruña desde 2019, levando ademais as materias de cooperación, plans provinciais xerais, turismo e patrimonio histórico e cultural. Entre outras cuestións sobre a realidade política inmediata, reflexiona nesta conversa ao redor do papel do turismo como sector económico de gran peso e factor de coñecemento de Galiza como país.
 
Francisco Jorquera e Ana Pontón na cidade da Coruña. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG denuncia o Concello da Coruña por convocar un acto o 5 de maio

A formación pide “xogo limpo” para as vindeiras eleccións municipais.
O debate organizado polo Galo esta cuarta feira en Compostela coas persoas alcaldábeis (Foto: Arxina).
POLÍTICA

As persoas alcaldábeis en Compostela debaten convocadas polo Galo

As candidatas expuxeron as súas ideas sobre como debe levarse a cabo a gobernanza da capital galega e as propostas que fan de cara aos comicios municipais.
Urna electoral (Imaxe: Polaris / Contacto).
POLÍTICA

Estas son todas as candidaturas que concorrerán nas sete cidades galegas o 28-M

Catro anos despois das eleccións municipais que supuxeron un envorco electoral en tres das principais cidades galegas e dun mandato marcado pola pandemia e as eleccións á Xunta que deixaron fóra do Parlamento da Galiza Podemos e as 'mareas', a convocatoria electoral do próximo 28 de maio contará con menos candidaturas con respecto a 2019.
Unha muller introduce o seu voto nun sobre nas eleccións ao Parlamento da Galiza o 12 de xullo de 2020 (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
Análise

Algunhas claves do sistema electoral galego

Sara Mandiá é doutora en Comunicación e Información Contemporánea.
Alfonso Rueda na presentación de Elena Candia como candidata en Lugo, o domingo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
POLÍTICA

O PP racha en concellos chave da circunscrición de Lugo

O PP na circunscrición de Lugo leva instalado no conflito interno desde 2016. Se daquela era a deputada Raquel Arias quen rivalizaba con Elena Candia pola dirección provincial do partido, hoxe a loita interna dáse entre Candia -presidenta provincial do PP e candidata á Alcaldía de Lugo- e o coordinador xeral da formación, José Manuel Balseiro. As listas para as eleccións locais de 28 maio evidencian esta división.
Formoso afirma que as perspectivas son "francamente boas". (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Formoso ve "nerviosismo" no Partido Popular de cara ás eleccións do 28-M

O líder do PSdeG cuestiona a "marca Feixoo".
taboa-web
POLÍTICA

Arredor de 1.000 candidaturas concorren ás eleccións locais

A única papeleta presente nos 313 concellos galegos nos comicios de 28 de maio será a do Partido Popular. Socialistas e nacionalistas colócanse após dos populares en número de candidaturas, deixando sen cubrir municipios de moi pouca poboación. Vox concorrerá en 38 concellos.
Antón Xil, candidato á Alcaldía de Ponte Caldelas polo PP (Foto: PP de Pontevedra).
POLÍTICA

Denuncian que o candidato do PP á Alcaldía de Ponte Caldelas foi favorecido nunha oposición: "É unha cacicada inmensa"

A cinco días de que a Lei de Interinos de 2021 entrase en vigor, o Goberno local da Lama convocou unha oposición para a que se constituíu  un tribunal con maioría de representantes de concellos gobernados polo PP.
Alfonso Rueda arroupou este domingo os candidatos e candidatas do PP na circunscrición de Pontevedra. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Rueda gábase de renovar "catro de cada dez" candidatos do PP na circunscrición de Pontevedra

"O PP é un partido xeneroso á hora de incorporar xente nova e que continúa confiando en quen sabe facelo ben", afirmou o presidente da formación conservadora na Galiza e da Xunta.
Ana Pontón, no acto deste domingo de presentación das candidaturas do BNG na Montaña. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Ana Pontón: "O país non ten futuro sen un rural vivo e dinámico"

A líder nacionalista gaba as candidaturas municipais nos concellos da Montaña e augura para a súa formación resultados "históricos" o 28 de maio.

Besteiro e Formoso arrouparon en Trabada á candidata socialista á reelección, Mayra García. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Formoso pon en valor os gobernos socialistas no rural fronte á "vaga de recortes" da Xunta

O secretario xeral do PSdeG e Besteiro acompañaron en Trabada á presentación da candidatura socialista no municipio, nun acto no que Formoso acusou o Goberno galego de ir á Mariña "só a facer dano" e a "tentar fechar Alcoa".
Intervención de Ana Pontón no Consello Nacional do BNG, este sábado. (Foto: Nós Diario)
Consello Nacional do BNG

Ana Pontón: "Fronte a un PP que representa o pasado e un proxecto esgotado, o BNG representa o porvir e un país novo"

A portavoz nacional do Bloque interveu este sábado no Consello Nacional coa vista posta nas eleccións municipais, unha cita á que a súa formación chega, asegurou, co "aval" da experiencia dos seus gobernos municipais, que "marcan a diferenza" e son "referentes de políticas e de bo facer".
Pachi Vázquez, fundador de Espazo Común e ex líder do PSdeG-PSOE. (Foto: EC)
POLÍTICA

Espazo Común presentarase nunha vintena de concellos coa "maioría" de candidaturas formadas por ex socialistas

"Somos xente que por un ou outro motivo abandonamos as filas do Partido Socialista, pero non abandonamos a nosa identidade socialdemócrata e socialista", defende Pachi Vázquez.
Alfonso Rueda e Ana Pontón, nos seus respectivos actos, onte en Redondela; e Valentín Formoso, en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Nacionalistas e socialistas parten como favoritos para gobernar as cidades galegas

O BNG e o PSdeG contan con reter o poder nas deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra.