As persoas alcaldábeis en Compostela debaten convocadas polo Galo

As candidatas expuxeron as súas ideas sobre como debe levarse a cabo a gobernanza da capital galega e as propostas que fan de cara aos comicios municipais.
O debate organizado polo Galo esta cuarta feira en Compostela coas persoas alcaldábeis (Foto: Arxina).
photo_camera O debate organizado polo Galo esta cuarta feira en Compostela coas persoas alcaldábeis (Foto: Arxina).

A Agrupación Cultural O Galo organizou esta cuarta feira un debate entre as diferentes persoas que encabezan candidaturas para a eleccións do 28-M en Santiago de Compostela.

As candidatas expuxeron as súas ideas sobre como debe levarse a cabo a gobernanza da capital galega e as propostas que fan de cara aos comicios municipais.

O debate foi moderado por Ana Cabaleiro e tivo lugar no Centro Sociocultutal do Ensanche (CSC). Nel participaron Goretti Sanmartín (BNG), Borja Verea (PP), Xosé Sánchez Bugallo (PSdeG) e María Rozas (Compostela Aberta).

Estrutura do debate

O coloquio distribuíuse en catro bloques. Ao inicio, cada formación explicou a súa postura sobre o modelo de cidade, comercio, vivenda e mobilidade.

Seguiu a idea das candidaturas sobre lingua, cultura, memoria histórica e patrimonio. En terceiro lugar, falaron do rural, da participación cidadá, xestion económica e organización administrativa.

 Rematou o debate tratou dos servizos públicos, centrado en residuos, transporte e ensino.

Comentarios