emigración

cig
Galiza

Concentracións nas cidades do país denuncian as consecuencias das políticas do PP para a mocidade

Diversas concentracións en comarcas de Galiza, convocadas pola CIG nunha xornada de loita nacional, denunciaron as consecuencias das políticas do PP para a mocidade e o país: Desemprego, emigración e precariedade

Emigrantes aventureiros

Marina del Corral, secretaria xeral de Inmigración e Emigración do goberno de España, vén de afirmar que os mozos e mozas españois emigran ao estranxeiro non só pola crise económica senón polo “impulso aventureiro da xuventude”.
Galiza

A Galiza que vén: envellecemento, despoboamento e emigración

As proxeccións de poboación elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística para Galiza indican que na vindeira década o aumento será negativo nun 4,5%. Até 2021 o noso país perderá unha media de 13.000 habitantes ao ano, unha diminución que se completa cun panorama de progresivo envellecemento da poboación e fortes vagas de emigración na mocidade
acto Gn
Eleccions2012

BNG e Galiza Nova chaman mocidade a se revolver contra un PP que a condena a desemprego e emigración

Un grupo de moz@s, portando maletas, peregrinou en Compostela desde unha oficina de empego até a estación de tren para evidenciar as únicas opcións que Núñez Feijóo ofrece á mocidade: desemprego e mais emigración. A candidata do BNG, Ana Pontón, fixo un apelo á xuventude a empregar o voto o 21-O para reverter este escenario.
Eleccions2012

O BNG reclama un concerto económico para frear os recortes e evitar "a emigración dos nosos impostos”

A fronte nacionalista presentou en Vigo as súas propostas económicas nas que reivindican o carácter estratéxico do sector primario, apostan pola reindustrialización do país e defenden a necesidade dunha banca pública galega e a promoción do I+D+i
Cartaz das 'II Xornadas de Historia Local' de Burela
Letras e Ideas

Burela analiza a emigración nas 'II Xornadas de Historia Local'

O 'Colectivo Cultural Buril' de Burela organiza, por segundo ano, unhas xornadas para achegar á cidadanía a historia de Burela e da Mariña. Nesta edición falarase, entre o 7 e o 9 de agosto, de emigración e inmigración.
Afonso Vázquez Monxardín, esquerda, Ramón Villares, Silvia Santiago e os seus fillos Lidia e Silvio Santiago
MEMORIA E HISTORIA

A memoria e os documentos de Silvio Santiago quedarán ao Arquivo da Emigración Galega

O Consello da Cultura Galega recibe un importante legado do arquivo persoal de Silvio Santiago. Cartas de Otero Pedrayo, Castelao e textos inéditos do político e escritor pasarán a esta institución.
CULTURA

Palabras e imaxes para contar o drama da emigración en “Dúas Letras”

A carta non chega cando só dúas letras abondaría para que a nai amanciase un bocado a súa dor. Fina Casalderrey e Eloy Varela levan a imaxes o drama da emigración na curtametraxe Dúas Letras, unha historia familiar en branco e negro .
Galiza

Jorquera di que a política do PP conduce a mocidade ao paro e á emigración

O candidato á Xunta, Francisco Jorquera, criticou nun acto coa mocidade as indicacións do FMI xa que, segundo sinalou “son as mesmas que condenaron á miseria a América latina nos anos 90 e que cando se emancipou desas foi cando saíu da crise”. Defendeu o pulo da mocidade e denunciou a “emigración, precarización e paro” a que a conduce os gobernos do PP.

Lembranzas da emigración: A Fouce “vermella”

Souben da Sociedade Nacionalista Galega “Pondal” e máis do seu voceiro A Fouce por vez primeira a través dos comentarios que me facía encol do tema Moisés Da Presa, na Irmandade Galega (IG) de Bos Aires, cando botabamos algunhas paroladas previas ás reunións da direción da organización nacionalista.
Celso Emilio Ferreiro
Letras e Ideas

O centenario de Celso Emílio dá para repensar a emigración

Co motivo do centenario do autor de Viaxe ao país dos ananos, o Consello de Cultura Galega organiza a xornada “Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega” que terá lugar o 24 de maio.

 

Luís Montenegro (PSD). (Foto: Hugo Amaral / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Montenegro, nomeado primeiro ministro polo presidente luso

A toma de posesión desenvolverase o 2 de abril.