O presidente de Francia, Emmanuel Macron, concedeu esta quinta feira pola noite unha entrevista en directo na televisión estatal sobre como seguir apoiando a Kíiv.
As medidas anunciadas a pasada semana polo Executivo francés para tratar de desactivar as protestas labregas foron consideradas insuficientes polos sindicatos, que iniciaron hoxe o asedio de París ao fechar os accesos á capital francesa para premer o Goberno.
A morte dunha labrega atropelada cando participaba no bloqueo dunha estrada en Francia marcou a xornada de protesta agraria. Á vez, o Goberno de Macron culpa a lexislación da Unión Europea da situación do sector, a pesar do que trata en paralelo de elevar os impostos ao combustíbel utilizado polos vehículos agrícolas.
Como posíbeis sucesores comezan a soar os nomes do ministro de Defensa, Sébastien Lecornu; o seu homólogo de Educación, Gabriel Attal, e o ex ministro de Agricultura, Julien Denormandie.
A noite entre a segunda feira e a terza feira foi a sétima consecutiva de protestas en Francia despois do homicidio dun mozo de 17 anos a mans da Policía. Con máis de 3.200 detencións, o Estado galo acumula xa máis apresamentos que nas tres semanas de mobilizacións masivas do ano 2005. Até 60% das persoas que foron apresadas non tiñan antecedentes policiais anteriores.
A Fiscalía exixe a apertura dunha investigación e cre que o axente, para quen demanda de inmediato a prisión preventiva, incorreu nun delito de homicidio doloso, pois "non se cumpriron as condicións legais para o uso da arma". Macron convoca de urxencia o seu Goberno para abordar a "inxustificábel violencia" contra "comisarías, colexios, concellos e contra a República".
Comezou o Cumio por un Novo Pacto Financeiro Global en París coa presenza de máis de 40 xefas e xefes de Estado e múltiples organizacións internacionais.
A que pode ser a última xornada de mobilización xeral contra a reforma das pensións en Francia traslada o apoio ao debate a quinta feira no lexislativo para anular a suba da idade de xubilación.