Ence

Feixoo
POLÍTICA

A Xunta reduce a tan só un mes o prazo para emitir informes de impacto ambiental

O Goberno pisa o acelerador para aplicar a Lei de simplificación administrativa.
Factoría de Ence en Pontevedra nunha imaxe de arquivo. (Foto: Xaquín Soliño)
SOCIAL

A Xunta, tranquila ante apresenza de mercurio en Lourizán, nas inmediacións de Ence

A Xunta di que a presenza de mercurio detectada nun estudo elaborado por técnicos de Ence nas inmediacións da planta en Lourizán non supera os niveis "prestabelecidos" desde o punto de vista ambiental e sanitario. Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra asegura estar “moi preocupado porque estamos a falar de saúde, de contaminación grave e imos exixir que se tomen as medidas pertinentes", e cualifica o asunto de "altísima gravidade".

EuropaPress_2494065_majestad_rey_juan_carlos_infanta_elena_presiden_ceremonia_entrega_trofeos
ECONOMÍA

As conexións do rei Juan Carlos con Ence

As relacións de Ence co poder político son un feito. Eis a presenza no seu consello de administración de dirixentes do Partido Popular, no que representa unha conexión que vén desde o mesmo momento da súa privatización durante o Goberno de José María Aznar. Os contactos da empresa chegan á Casa Real.
Acción reivindicativa da APDR decorrida o ano pasado. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Defensa da Ría acusa a Xunta de antepoñer "a ilegalidade" de Ence ao "ben común"

O colectivo asegura, nunha carta aberta dirixida ao vicepresidente segundo do Executivo galego, Francisco Conde, que o “primordial” para a equipa de Feixoo é lograr que a celulosa continúe en Lourizán e “cumprir a lei é secundario”.

César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, onte, no Pleno (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

César Mosquera: "Se Ence é tal bicoca, que o PP ofreza os seus concellos"

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra defendeu no Pleno desta sexta feira o traslado da pasteira.
Gonzalo Caballero coa ministra Teresa Ribera. (Foto: PSdeG)
ECONOMÍA

Caballero apunta á Xustiza para que resolva o conflito sobre Ence na ría pontevedresa

O secretario xeral do PSdeG, que esta quinta feira mantivo unha reunión coa ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, considera que deben ser “os tribunais” os que aclaren até cando ten vixencia a concesión dos terreos da celulosa en Lourizán. O Goberno do Estado aposta nunha mesa de diálogo mentres que o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, considera que esa non é unha solución.

Luís Bará no parlamento galego. (Foto: BNG)
ECONOMÍA

O BNG intenta forzar un pacto multilateral para a saída de Ence da ría e bate coa negativa do PP

O deputado Luís Bará, voceiro do principal grupo da oposición en materia de Medio Ambiente, levou ao Parlamento a proposta de que senten a Xunta, o Estado, os sindicatos e a propia compañía para negociar. Amosou preocupación despois de que o presidente de Ence advertira da posibilidade de que decorra un “susto ambiental maiúsculo” por falta de inversión na factoría de Lourizán.

A fábrica de celulosa Ence na ría de Pontevedra, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Manuel Bóo)
star
ECONOMÍA

Precisa Galiza dúas celulosas como quere Feixoo?

Ante as declaracións do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, de que "Galiza precisa dúas pasteiras", Nós Diario consulta con diversos expertos se é precisa outra planta de celulosa. Asociacións ecoloxistas e persoal docente universitario coinciden nos problemas que este feito podería desenvolver no territorio e apostan por un modelo industrial que complete o ciclo de produción da madeira para obter un maior beneficio económico, social e ecolóxico. Falan de "suicidio ecolóxico".
O presidente de Ence xa é persoa non grata en Pontevedra. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Pontevedra declara "persoa non grata" o conselleiro delegado de Ence malia a oposición do PP

O Concello anunciou xa hai uns días que tiña previsto tomar esta decisión. Xa en 2016 cualificou a Mariano Raxoi da mesma forma por aumentar a concesión da polémica factoría outros 60 anos. O BNG acusou a Ignacio de Colmenares de "dirixir e permitir" o asalto dun pequeno grupo de traballadores á Casa Consistorial, episodio polo que o alcalde dixo sentir medo pola súa integridade.

A Ence xiratoria

Factoría de Ence en Pontevedra nunha imaxe de arquivo. (Foto: Xaquín Soliño)
Análise

Así é a relación das portas xiratorias de Ence co PP

Ministros de Aznar e conselleiros do Fraga no Consello de Administración
O rexedor de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores. (Foto: Europa Press)
star
Alcalde de Pontevedra (BNG)

Miguel Anxo Fernández Lores: "Algún día saberase que gaña o PP por defender que Ence siga na ría"

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga, Sanxenxo, 1954), lembra que sendo estudante de Medicina, "mesmo antes de ser concelleiro e de ser socio de Adega", foi levado "ao cuartelillo" por "colar uns cartaces contra as instalacións de Ence-Elnosa na ría de Pontevedra". A Audiencia Nacional está a piques de ditar sentenza sobre a prórroga concedida á pasteira. Entrevistámolo aos poucos días do intento de agresión por parte dun grupo de traballadores de Ence. 
Factoría de Ence en Pontevedra nunha imaxe de arquivo. (Foto: Xaquín Soliño)
star
A celulosa de Pontevedra, no foco

A Avogacía do Estado cuestiona que Ence cumpra a lei

Ence continúa a axitar a convivencia en Pontevedra. O proxecto de lei de cambio climático está a ser aproveitado pola pasteira para tratar de manterse na súa actual localización á beira da ría. Malia que os xuristas consultados por 'Nós Diario' consideran que a lexislación en tramitación non estabelece ningunha modificación en relación co ordenamento vixente, o cambio de posición da Avogacía do Estado en 2019 e a vontade do Goberno de Sánchez de que a compañía cumpra a normativa anuncian un novo escenario. 2033 semella a data fixada para que a celulosa abandone Pontevedra. 

Ence como metáfora

As plantacións de eucaliptos en fincas e grandes extensións de terreo aumentaron, segundo o Sindicato Labrego Galego. (Foto: Ence)
ECONOMÍA

A moratoria de plantación de eucaliptos anunciada crea un "efecto chamada"

O Sindicato Labrego Galego xa presentou un escrito ante a Consellaría do Medio Rural para denunciar a situación.
Ignacio de Colmenares, presidente de Ence (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O presidente de Ence será declarado 'persoa non grata' en Pontevedra

O Concello xa outorgara en 2016 a mesma consideración a Mariano Raxoi, após ampliar a concesión á factoría de Lourizán outros 60 anos.

Ence

A celulosa de Pontevedra, ao carón do río Lérez. (Foto: Xaquín Soliño)
POLÍTICA

O PP apoia as reivindicacións de Ence en Pontevedra

As centrais sindicais CIG e UGT, maioría no comité, apostan por unha mesa de diálogo.
Feixoo nunha rolda de prensa. (Foto: David Cabezón / Xunta da Galiza)
SOCIAL

Feixoo defende agora dúas celulosas na Galiza

“Galiza necesitaría dúas pasteiras e ímos quedar sin ningunha. Non hai ningunha empresa disposta a investir 400 millóns para construír unha pasteira fóra da ría”, dixo. 
Traballadores de Ence no Concello de Pontevedra. (Foto: PP Pontevedra)
POLÍTICA

Unha ducia de traballadores de Ence tenta agredir o alcalde de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra asegura que a “ocupación” da terceira planta do Consistorio estivo promovida “pola empresa e o PP”. A compañía nega as acusacións e Pontón pide a Feixoo que pare esta campaña contra Miguel Anxo Fernández Lores.