Masiva afluencia ás reunións sobre o impacto do parque eólico Caaveiro
Preocupación veciñal en San Sadurniño, Cabanas, Neda e Fene polo proxecto de Enel Green Power para instalar un parque eólico de 14 macromuíños. O profesor de Economía Aplicada Xavier Simón explicou á veciñanza os efectos da instalación do macroparque.