enerxías renovábeis

A icónica cheminea de Meirama no momento de ser derruída. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
ECONOMÍA

O Goberno estatal outorgará 408 MW para renovábeis e almacenamento no concurso de 'transición xusta' de Cerceda

Entre os criterios para a adxudicación deste concurso, ademais de priorizar aqueles proxectos que minimicen a afección ambiental, investindo en actuacións de economía circular ou de mellora da biodiversidade, valoraranse os beneficios socioeconómicos para o territorio.
Izaba ten un modelo enerxético especial ligado á electricidade. (Foto: Concello de Izaba).
Análise

Izaba/Isaba, un modelo enerxético local

Colectivo Bidán, Quico da Silva e Fernando Branco.
Pontevedra
SOCIAL

Pontevedra estrea cargador de móbiles que funciona coa enerxía hidráulica da tubaxe de auga potábel da cidade

Funciona cunha ‘picoturbina’ que aproveita a enerxía hidráulica para transformala en enerxía eléctrica.

A mesa redonda no Consello da Cultura coa participación de Fernando del Llano, Xavier Simón Francisco da Silva e Erundina Louro (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O modelo enerxético para frear o cambio climático, a debate no Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega (CCG) comezou onte unhas xornadas de análise sobre 'A cuestión enerxética en Galicia: entre economía, territorio e sociedade'. O primeiro día, economistas e unha representación das comunidades de montes demandaron contar coa sociedade na implantación das renovábeis.
Encoro do Eume, nos municipios da Capela, As Pontes e Monfero (Eume). (Foto: Nós Diario).
Análise

Dependencia enerxética e xeración eléctrica

Colectivo Bidán, Quico da Silva e Fernando Branco
Patricia Igrexas, á dereita, no Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O PSdeG quere da Xunta da Galiza unha "ordenación adecuada" da eólica

A deputada socialista Patricia Igrexas rexistrou unha proposición non de lei no Parlamento galego.

A UE ten como obxectivo acadar un 29% de presenza de enerxía renovable no sector transporte en 2030. (Foto: Xunta da Galiza).
star
Análise

Libre mercado e xeoestratexia, e viceversa

Fernando de Llano é profesor titular do Departamento de Empresa da UDC.

Ánxela Fernandez, alcaldesa, e Beatriz Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente do Rosal. (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Pulo ás comunidades enerxéticas: O Rosal abrirá a primeira Oficina de Transformación Comunitaria da Galiza

A iniciativa busca contribuír a un futuro máis sostíbel, asesorando a veciñanza na instalación de enerxías renovábeis.

Vista de dous aeroxeradores entre a néboa coa ría de Arousa desde o monte Muralla. (Foto: Andrés García).
star
Análise

A política enerxética en Galicia, unha viaxe pouco amable

Torcuato Teixeira é avogado especialista en Dereito Pesqueiro.
Balance eléctrico entre Galiza e Euskadi correspondente ao ano 2023. (Gráfica: REE / Colectivo Bidán).
Análise

Transición enerxética en Euskadi

Colectivo Bidán: Quico da Silva e Fernando Branco.
Parque eólico operativo en Esgos, na comarca de Ourense (Foto: Agostime / Europa Press).
ECONOMÍA

O sistema de produción de enerxía precisa unha "redistribución equitativa" das cargas

Unha investigación pide repartir as "externalidades positivas e negativas".
Un aeroxerador da compañía Norvento.
ECONOMÍA

A Xunta autoriza un novo parque eólico de Norvento, Marco, en Rois e Brión

O proxecto prevé situar seis aeroxeradores que sumarían unha potencia instalada de 24 MW.
Intervención de Manuel da Cal durante as xornadas organizadas pola AC O Galo. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

A economía galega e a loita contra o "rol colonial" do país, a debate en 'Nós Diario'

Este sábado agasallamos o caderno 'Situación e oportunidades da economía galega', que recompila as achegas de doce autores e autoras especializados en diferentes áreas económicas do país nas recentes xornadas organizadas pola Agrupación Cultural O Galo.
Durante os dous próximos anos os proxectos eólicos poderán recibir o visto bo só co estudo ambiental da empresa promotora. (Foto: Luis Vilanova).
ECONOMÍA

O sector das renovábeis volve cargar contra a Xustiza e os recursos "absolutamente aleatorios" pola paralización de eólicos

"É dificilmente defendíbel que todos os proxectos incumpren a normativa ambiental ou os seus estudos están mal feitos", alega a Mesa para o Desenvolvemento Renovábel e Industrial da Galiza.
ferrocaril
star
Análise

Electrificamos en serio?

Albino Prada é profesor da UVigo. Investigador de Ecobas e membro do Consello Científico de Attac.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez (Foto: Xunta da Galiza).
POLÍTICA

A Xunta cuestiona a Xustiza e recorrerá a paralización de 13 parques eólicos polo seu impacto ambiental

"Non entendemos por que agora se buscan outras escusas", destacou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, sobre a sentenza do TSXG.
Parque eólico Ourol, operado por Greenalia no concello homónimo. (Foto: Greenalia)
ECONOMÍA

A Xunta autoriza estes tres novos parques eólicos de Greenalia

As infraestruturas situaranse nos termos municipais da Pastoriza, Meira, Becerreá, Baralla e Baleira.
Acto na fin de semana na Groba. (Foto: SOS Groba)
Medio Ambiente

A Xunta denega a autorización ambiental polo seu impacto dun novo parque eólico na Serra da Groba

O proxecto, que recibiu perto de 2.000 alegacións de diferentes entidades, contaba coa previsión da posta en marcha de catro aeroxeradores, cunha potencia total instalada de 22,8 megawatts (MW), e un investimento de máis de 20 millóns de euros.
Central hidroeléctrica das Portas, no concello de Vilariño de Conso, na comarca de Viana (Foto: Pifate).
Agora

Naturgy achégase aos 2.000 millóns de beneficio ao gañar até 20% máis

Naturgy obtivo un beneficio neto de 1.986 millóns de euros en 2023, o que representa un incremento de 20,4% con respecto ás ganancias de 1.649 millóns do ano anterior, nun exercicio no que impulsou os seus investimentos até os 2.944 millóns de euros, 53% máis, segundo informou a compañía. Pola súa parte, o importe neto da cifra de negocios do exercicio 2023 ascendeu a 22.617 millóns de euros, 33,4% menos que o ano anterior, principalmente como resultado dos prezos excepcionalmente altos da enerxía en 2022, dos que a principal gasista e terceira eléctrica do Estado español tirou proveito para aumentar a súa caixa. A multinacional, segunda produtora hidráulica da Galiza con 1.120 megawatts e 12 encoros e terceira xeradora eólica con 93,2 megawatts e 16 complexos no territorio galego, puxo o foco dos seus obxectivos neste ano na xeración renovábel de electricidade, polo que non é descartábel que intente reafirmar a súa posición no liderado do aproveitamento dos recursos galegos con novos proxectos.

Parque de eólica mariña promovido por Acciona (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O Goberno español abre a consultas a nova regulación para as poxas de eólica mariña

A proposta normativa permitirá outorgar simultaneamente, mediante concurso, o réxime económico de enerxías renovábeis e a reserva da capacidade de acceso á rede e da concesión de uso do dominio público-marítimo terrestre por un prazo máximo de 30 anos, informou o Ministerio.