enfermidade

Inés Rei e José Manuel Andrade (centro) após a lectura do manifesto na Coruña. (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Máis de 13.000 persoas sofren a doenza do párkinson na Galiza

Asociación de doentes procuran dar a coñecer unha imaxe "máis exacta e verdadeira" desta doenza que afecta tantas persoas.
Unha especialista sanitaria supervisa a evolución dun doente Covid (Eduardo Parra / Europa Press).
SOCIAL

Doentes crónicos con patoloxías múltiples: 5% da poboación consome até 50% dos rescursos sanitarios

Arredor dun 5% da poboación consume até 50% dos recursos sanitarios. Son doentes con patoloxías múltiples e crónicas; maiores e fráxiles, en moitos casos, cunha alta demanda asistencial. A Covid veu ampliar esta taxa de pacientes, un dos principais desafíos para os sistema de saúde, advirten especialistas en Medicina Interna.
O suicidio é a principal causa de morte externa por detrás dos accidentes de tráfico.
SOCIAL

“Atención de saúde mental para todos: fagámola realidade”

Co Día Mundial da Saúde Mental, que se celebra cada 10 de outubro, procúrase sensibilizar a poboación e informar sobre a importancia do coidado da saúde mental e da defensa dos dereitos das persoas que teñen algún problema desta índole. Tamén reivindicar unha atención digna e recursos de calidade. 

María Castelao (á esquerda) é unha das integrantes da asociación Art for Dent. (Foto: Nós Diario)
María Castelao é cofundadora de Art for Dent

María Castelao: "Existen moitas enfermidades raras e as institucións deberían estar aí para apoiar"

A Asociación galega da enfermidade Dent, Art for Dent, nacida en 2021, pula por conseguir financiamento para as investigacións na procura dun tratamento para a doenza. Art for Dent pretende dar visibilidade aos pacientes da enfermidade e as súas familias a través da arte. Agora iniciou unha colaboración co grupo gastronómico Nove para expor cadros da asociación nos restaurantes das cociñeiras que integran ese grupo. As interesadas en apoiar poden doar na páxina web da asociación. 
Presentación do partido en cambados (Foto: RFGF).
DEPORTES

O fútbol únese en Cambados para contribuír á causa de Merchi Álvarez

Precisa recadar fondos para poder tratar a súa doenza.
Homenaxe a Ramón Sampedro na praia das Furnas, Porto do Son, con motivo do Día da morte digna de 2019. (Foto: Europa Press) #eutanasia #leideeutanasia #dereito #mortedigna #suicidioasistido
star
SOCIAL

A Xunta non move ficha sobre a avaliación: A eutanasia no ar a 10 días da entrada en vigor da lei

O 25 de xuño entra en vigor a Lei 3/2021, de 24 de marzo,de regulación da eutanasia. Malia o disposto na lexislación, a Xunta da Galiza continúa sen desenvolver a normativa complementaria prevista e constituír o organismo de avaliación fixado na lei. Así as cousas, profesionais sanitarios e colectivos en defensa dunha morte digna observan con preocupación a situación e esixen á administración que cumpra os prazos. Ao tempo, temen que unha obxección de conciencia masiva por parte dos facultativos impida o seu dereito efectivo.

Os males da cabeza

Confinamento sen submisión

Os coidados no centro

Ana Souto, tradutora e intérprete de profesión e divulgadora de información sobre esta doenza (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A síndrome de Rokitansky afecta unha de cada 5.000 mulleres

Soidade, vulnerabilidade, culpa, frustración, desafecto persoal. Son algúns dos síntomas dunha doenza, a síndrome de Rokitansky, que afecta máis no plano psicolóxico que no físico.
Xosé Manuel Pazos. (Foto: Concello de Cangas)
SOCIAL

Falece Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas

O rexedor padecía desde hai anos unha enfermidade que non o apartou da Alcaldía. Foi operado en 2018, mais volveu ao cargo pouco despois desa intervención. Pazos, de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), gobernaba en coalición co PSOE.

Máis sobre a eutanasia

A logopedia loitando contra a enfermidade das mil caras

Ataxia e logopedia

Sara Villanueva no cabo Touriñán.
SOCIAL

Sara Villanueva convive coa esclerose múltiple e practica sendeirismo: "Nunca entenderon que quixese camiñar"

foto_Unión-de-Mutuas
TRABALLO

A patronal quer ser a túa médica de cabeceira

A patronal pretende que as mutuas controlen tamén as baixas laborais por enfermidade común, campo até o de agora reservado á sanidade pública. As empresas alegan fraudes nas baixas ou elevado absentismo laboral. Mais os dados non corroboran ese discurso alarmista. De feito, o español é dos Estados con menos baixas fraudulentas en Europa. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 345 do semanario en papel Sermos Galiza.

usc
SOCIAL

Un docente da USC tilda de ''explicación científica'' dicir que ''a enfermidade dos maricóns é conxénita''

O alumnado de primeiro curso do grao en Maxisterio transladan ao reitor unha queixa denunciando os comentarios homófobos de Domingo Neira, titular da materia 'Didáctica e profesión docente'. 

Ao vivo

Miguel Costas: ''A falta de ironía é unha enfermidade, aínda que non estea diagnosticada''

Ao que foi guitarrista e cantante de grupos inesquecíbeis coma Siniestro Total e Aerolíneas Federales, non hai quen o baixe das táboas. Alguien tenía que hacerlo é o nome do disco que acaba de sacar ao mercado xunto á banda que leva o seu apelido. Inmersos na nova xira, prometen tocar en todos os festivais de verán na Galiza. Imaxe interior: Alba Villanueva

INTERNACIONAL

Maduro di ter dados de que a enfermidade de Chávez foi provocada polos "inimigos" de Venezuela

Cimeira de urxencia do directorio político-militar do movemento bolivariano no poder en Venezuela. Nicolás Maduro, vicepresidente, alertou o país de que a dereita venezolana conspira para provocar o caos e criar o caldo de cultivo que xustificase unha intervención estranxeira. Chamou a unha mobilización total das clases populares contra "os sectores anti-patria" que, dixo, intrigan para derrocar a Revolución. Maduro dixo ter dados de que a enfermidade de Chávez foi provocada polos "inimigos" de Venezuela. Vídeo no interior. 

Desafiuzamentos: síntoma, non enfermidade

A crise económica que estamos vivindo e os desafiuzamentos son distintas caras da mesma moeda. Pero a loita contra os desafiuzamentos é unha batalla incompleta, que non vai a raíz do problema que xerou esta a crise, a especulación cun ben básico, a vivenda, froito do sometemento do sector inmobiliario as regras do mercado, unha vez desaparecida a vivenda pública.