entrevista

[Imaxe: Cedida] Esther Vera
Esther Vera, directora de 'Ara'

"O papel sempre manda moito"

 

IMG_5490
Martxelo Otamendi, director do diario "Berria"

"A información bilingüe é un fracaso"

O xornalista Martxelo Otamendi (Tolosa, 1957) é o director do diario vasco Berria. Estivo á fronte de Egunkaria até que a Audiencia Nacional española decretou o feche do maior estandarte da cultura euskaldun en 2003. Conversamos con el sobre as orixes e o funcionamento de Berria e sobre xornalismo.

manuel_lourenzo_aelg-3_0
Entrevista a Manuel Lourenzo

“O teatro leva moito tempo inventado e aínda ninguén puido con el”

Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943) encetou a súa andaina teatral nos sesenta para impulsar un teatro en galego e para Galiza, un teatro propio. Conversamos con el cando vén de recibir o Xograr de Outono do FIOT e a piques de recoller o Facho de Ouro. Eis un extracto da entrevista publicada no número 320 de Sermos Galiza.

Luz Darriba. [Imaxe: Tino Viz]
Luz Darriba, artista multidisciplinar

“A arte é unha maneira de concibir a vida en todos os aspectos”

Desde a columna “Foeminas xenéricas”, publicada cada mes en Sermos Galiza, Luz Darriba (Montevideo, 1954) combate o patriarcado. Mais non o fai só desde este espazo, cultiva múltiples disciplinas artísticas que emprega como berro de reivindicación. De aí que se defina como “artista multidisciplinar”. Un concepto que desprende feminismo polos catro costados cando nos referimos a ela, que vén de ser recoñecida co Premio da Cultura Galega na modalidade de artes plásticas. Eis un extracto da entrevista publicada no número 319 de Sermos Galiza.

villares
Luís Villares, portavoz de En Marea

“Unidos-Podemos son os nosos aliados estratéxicos preferentes”

“Eu vin para continuar mentres a xente queira que eu continúe”. Así responde Luís Villares (Lugo, 1978), portavoz de En Marea, en relación á súa continuidade á fronte da formación política, que celebra o seu plenario esta fin de semana. Trátase do primeiro paso de cara á renovación dos órganos de dirección. Eis un extracto da conversa publicada no Sermos Galiza 319.

BESCANSA
Carolina Bescansa, aspirante á Secretaria Xeral de Podemos na Galiza

“Non é posíbel afrontar os retos de Galiza desde Madrid”

Despois de renunciar a ocupar a Secretaría Xeral de Podemos Galicia após ser proposta por Pablo Iglesias para o cargo, Carolina Bescansa (Compostela, 1971) deu o paso adiante e aspira a liderar na Galiza a formación política da que é fundadora. A tamén deputada de Podemos no Congreso admite sentirse ilusionada e convida as persoas inscritas a participar das votacións. Eis un extracto da entrevista publicada no número 319 de Sermos Galiza.

[Imaxe: SG] Pep Cruanyes
Pep Cruanyes, vicepresidente da Assemblea Nacional Catalana

“A sociedade civil ten as cousas máis claras que os partidos”

Pep Cruanyes (Masnou, Maresme, 1952) é historiador e avogado. E, desde marzo, vicepresidente da Assemblea Nacional Catalana. Participou nas xornadas organizadas por Vía Galega para conmemorar o IX Congreso das Nacionalidades Europeas. “Únennos os obxectivos que perseguimos os distintos pobos”, entende. Eis un extracto da conversa, publicado no número 317 de Sermos Galiza.

foto5
Ana Romaní, Premio Nacional de Xornalismo Cultural

“Os medios públicos galegos teñen aínda pendente ser os medios galegos”

Conversamos coa poeta e xornalista Ana Romaní (Noia, 1962) cando vén de recibir o Premio Nacional de Xornalismo Cultural. “Foi unha sorpresa moi emocionante”, admite. Ademais chegaba nun intre difícil para a súa carreira xornalística: antes do verán, a dirección da Radio Galega decidía suprimir o formato do Diario Cultural, o espazo que, durante 28 anos, se ocupou da materia na emisora pública. “Non comparto nin o criterio nin os obxectivos nin a fórmula actual”, di, en referencia á partición e reparto da información cultural ao longo da grella radiofónica. Eis un extracto da entrevista publicada no número 316 de Sermos Galiza.

Miren
Miren Etxezarreta

“As pensións teñen que pagarse con impostos xerais”

A economista Miren Etxezarreta (Gipuzkoa, 1936), profesora da Universitat de Barcelona, actualmente xubilada, vén de visitar Galiza para participar nas xornadas convocadas por GUE/NGL e promovidas pola eurodeputada Lídia Senra “O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa”. Eis un extracto da entrevista publicada no número 316 de Sermos Galiza.

[Imaxe: SG] Xosé Luís Méndez Ferrín
POLÍTICA

Entrevista con Méndez Ferrín: “A loita segue merecendo a pena”

Nas últimas semanas sucedéronse os actos de homenaxe a un dos grandes da literatura galega, Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), polo seu 80 aniversario. Os actos continuarán este outono. Precisamente, o Ateneo Atlántico organiza o 18 de outubro en Vigo a palestra “Ferrín e o compromiso político”. Tiramos dese fío para conversar, de vagar, sobre a súa traxectoria política e demóstranos que ten unha memoria envexábel. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 316 de Sermos Galiza.

P9052167
Francisco Castro, escritor e editor

“A literatura é unha actividade política”

Iridium é a nova novela de Francisco Castro (Vigo, 1966). En apenas dez díaz esgotou a súa primeira edición. O escritor fai un alto no camiño de presentacións que o leva por toda Galiza para falarmos do proceso creativo, do seu labor á fronte de Galaxia e das fortalezas e necesidades do panorama literario galego. Eis un extracto da entrevista publicada no número 315 de Sermos Galiza.

[Imaxe: Cedida] Guadi Galego
Guadi Galego, música

"Temos unha calidade alucinante en música de raíz"

Nunha tarde solleira e diante dun café, Guadi Galego (Cedeira, 1974) afronta a fin de xira de O mundo está parado (2016), que fechou na pasada terza feira en Madrid. O seu EP “A bóla de cristal” pon fin ao ciclo de temática continuísta que xa comezara con Lúas de outubro e agosto (2014). No seu último traballo, a autora ofrece cinco temas de creación propia nos que ollar a través da bóla e reflexionar sobre o futuro.

Xoán Costa, coautor da revista de pasatempos en galego. (Foto: Nós Diario)
Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza

“Un diario galego é necesario e posíbel”

O presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza, S.A., Xoán Costa, explica nesta entrevista os resultados da campaña de promoción de Sermos O Diario Galego e as liñas de traballo en que se insistirá nos próximos meses co obxectivo de acadar a 31 de decembro de 2018 as 3.000 subscricións necesarias para poñer en andamento o xornal en 2019.

queizan
María Xosé Queizán, escritora, catedrática de Lingua e Literatura e figura relevante no feminismo

"O que non é lingua galega é o que falamos agora, que é crioulo"

María Xosé Queizán (Vigo, 1939) recíbenos nunha cafetaría, ao pé do seu fogar, na que é habitual. “Teño completamente asustados os homes cos que chateo”, ri. Escritora, catedrática de Lingua e Literatura Galega, referencia do feminismo, Queizán vén de ser homenaxeada por centos de mulleres galegas pola súa fecunda traxectoria e polas súas achegas á teoría feminista e tamén vén de ser recoñecida co Premio Lois Peña Novo pola súa promoción do galego. Precisamente, lingua e feminismo son os fíos cos que teceu nos setenta A muller en Galicia, obra en que estabelece un paralelismo entre a subordinación social da muller e da lingua. Conversamos con ela sobre as memorias que vai publicar no outono. Eis un extracto da entrevista publicada no número 310 de Sermos Galiza.

[Imaxe: Conchi Salgado] Antía Yáñez
Entrevistamos Antía Yáñez

"Na narrativa galega necesitamos historias máis millenials"

A continuidade histórica do patriarcado estrutura Senlleiras (Galaxia, 2018), a primeira novela de Antía Yáñez (Burela, 1991) dirixida a público adulto. A obra traza un relato de mulleres oprimidas pero que pelexan contra a opresión. Premio Illa Nova, desprégase con maneiras de thriller e ecos de novela negra. “Faime moita ilusión cando me din que a novela engancha”, confesa. Eis un extracto da entrevista publicada no número 309 de Sermos Galiza.

[Imaxe: Yagoray] Pedro Feijóo
Pedro Feijóo, escritor

“Estou canso de recibir paus por poñer decenas de milleiros de lectores na mesa”

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) apareceu practicamente da nada coa súa primeira novela, Os fillos do mar (Xerais, 2012). A estas alturas, a obra –a medio camiño entre a literatura de aventuras e o xénero policíaco– leva despachados máis de 50.000 exemplares. “Se existe algunha clave do éxito, é escribir pensando en que do outro lado hai lectores”, explica. Despois dos Fillos... encadeou outras tres pezas de narrativa xenericamente híbridas. Até chegar a Sen piedade (Xerais, 2018), un noir implacábel e pesimista que se desenvolve de Vigo a Compostela e viceversa. Eis un extracto da entrevista publicada no número 308 de Sermos Galiza.

DSC_1410
Entrevistamos Elena Ferro, zoqueira

“A xente non quería saber nin de zocos nin de pan de millo”

Da lameira ao asfalto. A Elena Ferro (Merza, Vila de Cruces, 1975) débeselle a recuperación e dignificación dos zocos. Do seu obradoiro saíron milleiros de pares de zocos nos últimos cen anos. Mamou desde pequena o oficio, “os meus xoguetes eran as ferramentas que usaban meu pai e a miña tía”, e ese amor polo que fai levouna a investigar e apostar na reinvención dun calzado que sufriu o golpe do autoodio a finais dos anos setenta. Sempre, desde o respecto ao zoco tradicional, que é a base do seu traballo, e en galego. Eis un extracto da entrevista publicada no número 307 de Sermos Galiza.

David Minoves_Xaquín Soliño
David Minoves, presidente do CIEMEN

“Non había un plan claro para despois do 1-O”

David Minoves é presidente do Centre Internacional Escarréper les Minories Ètniques i Nacionals (CIEMEN) e fai parte do Secretariado Nacional da Assemblea Nacional Catalana (ANC). Cunha longa traxectoria na militancia social e política no soberanismo, Minoves analiza nesta conversa, e desde unha perspectiva (auto)crítica, o referendo de autodeterminación catalán do 1-O e o que viu despois. Eis un extracto da entrevista, publicado no número 307 de Sermos Galiza.

IMG_0181
Entrevistamos Xosé Constenla, xeógrafo

“Moitas veces o nacionalismo e a esquerda idealizan a vida na aldea”

O colapso territorial en Galiza (Galaxia, 2018) propón unha metodoloxía e unha diagnose. Explica que cómpre analizar o espazo en que sucede a vida e relata como as lóxicas do capital desartellaron a paisaxe galega e, polo tanto, a vida que nela sucedía. O xeógrafo Xosé Constenla (Santiago de Compostela, 1980) avanza estar preparando unha segunda parte propositiva, pero no Colapso territorial xa prescribe “atender a eses procesos de base local que emerxen desde abaixo e comezar a tecer redes de cooperación”. Apoiado na teoría crítica, Constenla ergueu un ensaio, premio Ramón Piñeiro, polo que circulan asuntos cruciais para a Galiza contemporánea. Eis un extracto da conversa publicada no número 307 de Sermos Galiza.

10MaricaCampo_10493_1
Entrevistamos Marica Campo

“Sempre se pon máis en dúbida o que facemos as mulleres”

A escrita de Marica Campo (Val do Mao, O Incio, 1948) non exclúe ningún territorio: poesía, teatro, libros para a infancia, novela, narración curta. Está a piques de publicar Unha misión para Clara, dirixido a lectoras e lectores a partir dos dez anos, “un libro moi ecoloxista”. A plataforma de crítica literaria feminista A Sega acaba de outorgarlle a distinción de Galega nas Letras que antes recibiran Dorothe Schubarth, María Vitoria Moreno, María Xosé Queizán e Patricia A. Janeiro. “Cheguei a unha idade en que os recoñecementos non me preocupan”, confesa a Sermos Galiza, “pero agradézoos, por suposto, como se agradece calquera agasallo que che fagan”. Eis un extracto da conversa publicada no número 306 de Sermos Galiza.