entrevista

Roberto Sobrado 3
Entrevistamos Roberto Sobrado

"Entre Metallica e Silvio Rodríguez non atopo tantas diferenzas"

Proletarios do Rock & Roll é o contundente título do quinto disco de Roberto Sobrado. Do Roberto Sobrado Grupo, mellor dito. Traballo clasicista, con arestas blues e ecos de autor rock, ao do Carballiño préstanlle músicos con letras para “dicir algo”, ritmos eléctricos e comunicación coa audiencia. A súa visión da música é realista, é humilde. “Eu sempre quixen ter unha banda, pero non atopei con quen e por iso empecei como cantautor”, confesa. Xa non é o caso. Con Nuno Pico ao baixo e coros, Euxenio á batería e coros e Germán Da Ponte ao saxo, a Sobrado non lle desgusta a etiqueta pop rock. Todo o contrario. Eis un extracto da conversa, publicada no número 305 de Sermos Galiza.

Xusto Beramendi [Imaxe: Laura R- Cuba]
Xusto Beramendi, historiador

"Non pode haber nación sen día nacional"

Doutor en Historia e catedrático de Historia Contemporánea da USC, Xusto Beramendi (Madrid, 1941) é unha das plumas máis especializadas na historia das ideoloxías e dos nacionalismos. Entre a súa fecunda e recoñecida obra destaca De provincia a nación. Historia do nacionalismo galego, volume que lle valeu o Premio Nacional de Ensaio en 2008. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 305 de Sermos Galiza.

foto_cancela
Pilar Cancela, deputada do PSOE no Congreso

“Non lle dou maior transcendencia a estar ou non no Goberno”

O seu nome soaba nas quinielas para formar parte do Executivo de Pedro Sánchez, con quen admite unha afinidade persoal e ideolóxica. Pilar Cancela (Stuttgart, 1967) presidiu a xestora do PSdeG, nomeada desde Ferraz, após a dimisión de José Ramón Gómez Besteiro e hoxe coordina as deputadas e deputados galegos do PSOE no Congreso. Recoñece que sería unha honra representar Galiza cun Ministerio, mais asegura que “as reivindicacións do PSdeG ao Goberno de Pedro Sánchez no que ten a ver con Galiza non van perder”. Eis un extracto da conversa publicada no número 304 de Sermos Galiza.

foto_pallares
Pilar Pallarés, escritora

“Falo sobre a aniquilación e a derrota dunha clase social”

Sete anos despois do último poemario de Pilar Pallarés (Culleredo, 1957), o editor de Chan da Pólvora, Antón Lopo, peta na súa gorxa. Logo da longa espera, chega aos andeis Tempo fósil, cunha delicada edición en azul prusia brillante deseñada por Manuel Martínez. No libro, a voz poética aborda –como un gato, con distancia e entrega absoluta–, a nada que, após erixirmos todo, imos deixar atrás. Eis un extracto da entrevista.

[Imaxe: Cedida] Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra

“O mellor está por vir en Pontevedra”

Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga, Sanxenxo, 1954), alcalde de Pontevedra (BNG), recíbenos no seu despacho, no que se contan por ducias os premios recibidos ao modelo de cidade. “Os máis importantes están fóra, á vista de todo o mundo”, dinos. Refírese, entre outros, ao premio da ONU-Hábitat e ao premio á excelencia que entrega unha axencia do ex alcalde de Nova Iorq, Michael Bloomerg.  Eis un extracto da entrevista que publicamos no Sermos Galiza número 303.

gago_fume
Manuel Gago, escritor, xornalista e profesor da USC

“Defendo a literatura que podes levar á praia, á cama ou ao váter”

Entrevistamos o xornalista e profesor da USC Manuel Gago cando vén de publicar O exército de fume (Xerais), un exercicio de literatura popular baseada na identidade do país. “Defendo a literatura popular para entender cousas sobre nós mesmos”, afirma na entrevista.

mini3_igor_pin_eiro
Andrés Castro, crítico de cinema de Sermos Galiza

“Din que os críticos de cinema son cineastas frustrados”

Andrés Castro e María Fanjul veñen de gravar Atopando o Camiño, unha curta sobre a iniciación á vida adulta e sobre as aventuras de grupo. Conversamos co crítico de cinema de Sermos Galiza ao respecto.

Adela Leiro Mon Daporta 1
Adela Leiro e Mon Daporta, autores de 'Galiza, un país de primeira'

“Antes estábamos en comuñón coa contorna e agora o estamos co supermercado”

Hai quen elixe ser mestre como forma de estar no mundo. Adela Leiro e Mon Daporta son un bon exemplo disto. Após unha vida dedicada ao ensino e cunha morea de publicacións ás súas costas, esta parella de Cambados, tan achegada á terra e lonxe de acomodarse na xubilación, publica agora Galiza, un país de primeira. Un libro que pretende “subir a nosa autoestima como pobo” e que, amais, faino dun xeito solidario: Todo o recadado será destinado á Asociación Galega Contra a Atrofia Muscular Espiñal (GaliciAME). Nesta conversa é Adela quen responde, pois Mon Daporta opta por cederlle a voz. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 300 en Sermos Galiza.

2013012513014850931
Francisco García, alcalde

"Allariz é unha bandeira para o nacionalismo"

Francisco García (Allariz, 1959) anunciou que daba un paso ao lado e entrega o relevo a Cristina Cid, até agora concelleira de Promoción Económica, após 18 anos como alcalde. Unha decisión que para nada supón, aclara, desligarse do seu compromiso para coa súa vila e co seu país. “O mellor do modelo Allariz é esa aposta nun modelo endóxeno e de posta en valor dos nosos propios recursos e potencialidades”, enfatiza.

5
Andrés Goteira

"En Dhogs quixen arriscar o máximo, pensaba que ía ser o meu único filme"

Desde hai unhas semanas, nas carteleiras dos cinemas galegos hai un intruso. Chámase Dhogs. O seu director, Andrés Goteira, conta esta singular viaxe, das curtametraxes amadoras ás pantallas comerciais nunha entrevista publicada no número 298 de Sermos Galiza.

XB1
Xosé Ballesteros, director de Kalandraka

“Publicar para a infancia tamén supón opcións políticas e ideolóxicas”

Kalandraka é, talvez, a máis internacional das editoras galegas. Fundada hai 20 anos por un monllo de traballadores editoriais, libreiros e afeccionados ao teatro, creou o máis recoñecido catálogo de libros e albumes ilustrados dirixidos á infancia. Entre aqueles pioneiros estaba Xosé Ballesteros (Vigo, 1956), actual director da empresa e presidente da Asociación Galega de Editoras (AGE). Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 296.

senra
Lidia Senra, eurodeputada

"Se no seu momento hai unha proposta para continuar en Bruxelas, valorareina"

Lidia Senra foi eleita en 2014 eurodeputada pola Alternativa Galega de Esquerdas en Europa (AGEe), unha confluencia que xa non existe. Explica que ela continúa co seu traballo na Eurocámara para dar voz en Bruxelas, indica, ás loitas que se están a dar na Galiza en diferentes frontes: da defensa da terra á pesca artesanal, da preservación do patrimonio ao sector leiteiro. Sobre o seu futuro, coas eleccións europeas no horizonte de 2019, indica: "Se no seu momento hai unha proposta para continuar [en Bruxelas], valorareina".

maside
Entrevista recuperada polo pasamento do pintor

Xulio Maside: “Meu tío Carlos Maside non quería que eu fose pintor. El pasounas canutas”

É difícil comprender a pintura galega da segunda metade do século XX sen Xulio Maside (Vigo, 1933). Médico anestesista de profesión, pintor figurativo con tendencia expresionista e pegada do cubismo, sobriño de Carlos Maside, foi ademais activista cultural de relevo. Participou, en 1961, na fundación da asociación compostelá O Galo. E nas décadas de 70 e 80, presidiu a Asociación Galega de Artistas Plásticos. Nesta conversa rexistrada no seu piso do Ensache de Santiago participan tamén a profesora e crítica María Antonia Pérez e a súa compañeira e biógrafa María Esther Rodríguez. Eis un extracto da entrevista, publicada no número 294 de Sermos Galiza.

IMG_20180417_160011
Rosalía Fernández Rial, escritora

"A relación entre a música e a literatura aínda ten campos por explorar"

Até hai un par de anos a traxectoria de Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988) estaba cinguida á poesía, sen que por iso esta deixase de manter camiños abertos a outros ámbitos. Dan boa mostra diso as referencias musicais dos seus primeiros libros (En clave de sol, 2009 e Átonos, 2012), a perspectiva escénica dunha poesía con lazos dramáticos (Vinte en escena, 2012) ou a proposta performativa que aparece en obras como Contra-acción (2016), obras individuais que se completan con proxectos colectivos, fusións artísticas e colaboracións nas que a presenza e o corpo acaban por tomar un protagonismo pouco habitual. Algo que tamén aparece no ensaio Aulas sen paredes de 2016 e que, dalgunha forma, acaba por filtrarse en Bonus track, o seu primeiro proxecto narrativo, editado por Galaxia. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 293.

[Imaxe: CIG] Paulo Carril
Paulo Carril, secretario xeral da CIG

"Que máis ten que pasar para que haxa unha folga xeral?"

Entrevistamos Paulo Carril, secretario xeral da CIG, días antes de que teña lugar o 1 de Maio, data que este ano vén marcada polo chamamento a acumular forzas para encetar o camiño que leve a unha folga xeral. Amósase convencido de que é hora de intensificar a mobilización para obrigar o PP a “retroceder nas súas posicións antisociais e antiobreiras” e que, advirte, “permanecen inalterábeis no proxecto de orzamentos xerais do Estado”, e salienta a problemática das pensións como cuestión clave da greve. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 293.

xabier diaz
Xabier Díaz, músico

“Teño a sensación de que na música tradicional son unha especie de converso”

Xabier Díaz (A Coruña, 1969) apresentou o pasado mes de febreiro o seu disco Noró, que volve remitir á tradición oral e á posta en valor de figuras esquencidas na música de raíz. Recentemente chegado da Alemaña e a piques de marchar de xira a Bélxica, Sermos Galiza conversa con el sobre a súa traxectoria, a súa proxección internacional e o momento de graza que está a vivir a música tradicional.

CÉSAR-RENDUELES-INED21
César Rendueles, filósofo e sociólogo

"Parece que apelando á idea do común se resolve o egoísmo universal"

O filósofo e sociólogo César Rendueles (Gerona, 1975) visitou Pontevedra con motivo da XXXV Semana da Filosofía, organizada pola Aula Castelao. Na súa palestra, o profesor da Universidade Complutense abordou os retos e dilemas que apresenta a construción do común nos nosos días. A súa obra ensaística sobre materialismo histórico e acción política acadou grande sona polo seu cuestionamento do papel das tecnoloxías da comunicación na nosa sociedade. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 291.

Luís Villares
Luís Villares, portavoz de En Marea

"O espazo político de En Marea funciona razoabelmente ben"

Luís Villares (Lugo, 1978) está estes días no epicentro do tremor que se vive en En Marea por mor do ‘caso Paula Quinteiro’ e que a estas alturas aínda non se sabe como acabará. O portavoz do grupo parlamentar e da organización fala con convencemento e seguridade, apela ás obrigas e responsabilidades éticas inherentes aos cargos de en En Marea para argumentar a súa aposta na demisión da deputada e recoñece que estas desavinzas internas poden pasar factura entre as bases. Eis un extracto da entrevista publicada no semanario Sermos Galiza.

[Imaxe: Laura R. Cuba] Uxía
Entrevistamos Uxía

"Virarse cara a Portugal é, evidentemente, un tema político"

Artista no máis amplo sentido da palabra –é música, cantora, animadora cultural, renovadora da música, imán para o talento…–, Uxía vén de recibir o premio da Música Independente ao mellor álbum galego con Uxía-o. Entrevistámola no número 290 de Sermos Galiza. Eis un extracto.

Eva.1
Eva Villaverde, coordinadora de Acción Municipal do BNG

“Non vale de nada ter grandes nomes se non tes un proxecto detrás”

O optimismo marca o discurso de Eva Villaverde (Moraña, 1977), coordinadora de Acción Municipal da Executiva Nacional do BNG. A menos de dous anos das eleccións locais, anuncia que a organización fará públicas as principais cabezas de lista antes do verán. E que os obxectivos centrais do Bloque son dous: “Manter as alcaldías e os gobernos que temos e fortalecer a presenza, sobre todo nas cidades”. “Estou convencida de que imos mellorar os resultados”, afirma en referencia a 2015. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 290.