entrevista

[Imaxe: cedida] Alonso Caxade
Entrevistamos Alonso Caxade

“A indústria musical? Não existe”

E isto é o amor (Discos da Máquina, 2016) é o segundo álbum de Caxade, depois do sucesso d’A dança das moscas, (Discos da Máquina, 2013), a renovação da música galega mais popular. Em E isto é o amor encontramos sons doces, minimalistas, que se movimentam entre o indie, o folk e o jazz, e onde os ventos, o acordeão, a percussão e os sintetizadores criam ritmos que têm o seu cerne na música tradicional galega, indissociável a Caxade. Eles são Alonso Caxade, voz e acordeão; Manu Espinho, bombardino; Manu Paino, trompeta e carillón; e Xosé Tunhas, bateria. Eis um extracto da conversa publicada no Sermos 269.

belen_Bermejo_cedida
Entrevistamos Belén Bermejo

“Caen as programacións de música clásica e ninguén leva as mans á cabeza”

Espazos Sonoros completou o seu décimo aniversario cunha proposta musical de calidade, con concertos e outras actividades en lugares emblemáticos e de singular riqueza do patrimonio cultural galego. Conversamos con Belén Bermejo, a súa directora do festival Espazos Sonoros, ademais de xestora cultural na empresa Sirgo Torcendo e integrante dos grupos de música antiga 1500 e Pres de Cambrai, entre outros proxectos. Eis un extracto da conversa.

[Imaxe: Anxo Cabada] Antonio G. Teijeiro
Entrevistamos Antonio García Teijeiro

"Mírannos con moito respecto cando viaxamos por aí"

Vén de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil [a nivel estatal] cunha obra escrita en galego, Poemar o mar. O seu nome súmase así ao de Paco Martín, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas. É Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952), unha figura xa consolidada nas letras galegas que tamén foi Premio Merlín e Premio Pier Paolo Vergerio. Publicamos un adianto da entrevista que recolleremos no Sermos Galiza 267, á venda desde esta noite na loxa e a partir da quinta nos quiosques.

elirios
Entrevista a Eli Ríos

"O que procura esta novela é que reaccionemos"

Eli Ríos sacode a narrativa galega con Luns (Xerais), a súa primeira novela e unha das novidades editoriais máis agardadas. Trátase da obra gañadora do Premio Torrente Ballester. Unha narrativa engaiolante, frenética, visceral e revulsiva que se asenta no cotiá dunha muller con cancro. Mais non só, Luns érguese como un espello da nosa sociedade no que mirarse. Sen edulcorantes. Para moverse. Para movernos. Entrevistámola no Sermos Galiza 264. Eis un extracto.

mXESTOSO
Entrevistamos Manuel Xestoso, escritor

“O libro parte da idea de que é a ruína a que realmente nos conforma”

Crítico literario e colaborador do semanario Sermos Galiza –onde mensalmente achega a súa visión sobre o teatro, a súa especialidade–, Manuel Xestoso (Santa Cruz de Tenerife, 1966) vén de publicar o seu primeiro poemario, As ruínas de Europa (Galaxia), unha obra en que o tempo é protagonista.

[Imaxe: Felipe Sougon] Iago Lestegás
Entrevistamos Iago Lestegás

"A presión turística en Santiago é moi forte"

Colaborador do Grupo de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela, Iago Lestegás (Lugo, 1987) vén de ser recoñecido co premio ao Mellor Mozo Investigador na reunión anual da Comisión de Xeografía Urbana da Unión de Xeógrafos Internacional polo artigo Lisbon's historic center: a real estate enclave in the periphery of the Eurozone, que tamén ten a ver coa tese de doutoramento que presentou en xuño na Universidade Mediterránea de Reggio Calabria (Italia) e que contou coa titoría, entre outros, do catedrático Rubén Lois. Conversamos co investigador premiado, que tamén viviu dous anos Buenos Aires –onde fixo o proxecto fin de carreira– e un en Boston –a raíz dunha bolsa da citada universidade italiana–, sobre turismo, vivenda e urbanismo. Entrevistámolo no Sermos Galiza 261. Eis un extracto.

[Imaxe: cedida] Xosé Estévez
Entrevistamos Xosé Estévez

"Na Galiza houbo represión nacional, contra nacionalistas"

A Fundación Alexandre Bóveda vén de recoñecer o historiador Xosé Estévez (Quiroga, 1943) co XIII Premio Galiza Mártir polo seu compromiso coa liberdade, coa memoria e con Galiza. Aliás, Murguía, Revista Galega de Historia e o Instituto Galego de Historia outorgoulle o III Premio Manuel Murguía ao Mérito e Labor Historiográfico. Conversamos cun dos investigadores galegos con maior traxectoria. Eis un extracto.
 

[Imaxe: Cedida] Amalia Bóveda
Entrevistamos Amalia Bóveda

“Papá non morreu de enfermidade, foi fusilado polas súas ideas e por Galiza”

Aos seus 80 anos, Amalia desborda vitalidade. Tanta, que nada máis despedirnos marcha á casa de Ratel (Forcarei) para ver a horta, “as patacas que plantei quedáronme moi pequenas porque non lles quitei as herbas”, sinala. Esa mesma vitalidade lévaa a participar cada 17 de agosto, día do fusilamento de seu pai, Alexandre Bóveda, na Caeira, nos actos de conmemoración do Día da Galiza Mártir. Aquel 17 de agosto de 1936, Amalia Álvarez Gallego, a súa nai, levábaa no ventre. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 259.

Nino e casquillo. (1)
SEMANARIO

Sermos conmemora o Día da Galiza Mártir cunha edición especial

Chega o Día da Galiza Mártir, data reivindicativa que lembra Alexandre Bóveda, fusilado na Caeira (Poio) o 17 de agosto de 1936 por defender os ideais nacionalistas. Con motivo desta xornada clave no calendario, o semanario Sermos Galiza publica unha edición especial.

segunda_mexu_vacacions_IMG_0344
Entrevistamos Juan Carlos Piñeiro

"Queremos chegar ás municipais con 120 candidaturas"

Leva 6 meses ao fronte da secretaría xeral de Compromiso por Galiza e fai un balanzo positivo deste tempo. Galeguista firme e socialdemócrata centrado, Juan Carlos Piñeiro vende futuro ao falar de Compromiso. O galeguismo é a vía para seducir a sociedade porque, enfatiza, é un conceito máis amplo que o nacionalismo. E, porén, tampouco renuncia, ao final do camiño, a un Estado galego propio. Deixamos un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 258.

[Imaxe: Ana Rey] Kiko Da Silva, en Viñetas desde o Atlántico
Entrevistamos Kiko Da Silva

“Todos os convidados que traio de fóra preguntan por Castelao”

Ilustrador, historietista, editor... Kiko Da Silva (Vigo, 1979) é o nome propio sobre o que pivota a XX edición de Viñetas desde o Atlántico, a cita nacional do cómic. Pai do célebre Fiz, de Fiz nos biosbardos, foi creador da publicación BD Banda e da revista satírica Retranca. O autor, que conta con múltiples recoñecementos, fai un alto nos compromisos do Salón do Cómic da Coruña para conversar con Sermos Galiza sobre a banda deseñada e a ilustración. Eis un extracto da entrevista publicada no semanario.

MaríaReimóndez
María Reimóndez, escritora

"Realmente nun período moi curto de tempo as mulleres desaparecen"

En Corredora, María Reimóndez regresa a temas recorrentes na súa escrita: o xénero, a sociedade patriarcal, a igualdade ou o interese por países menos desenvolvidos. E á violencia de xénero, e ao silencio como forma de resistencia. Entrevistámola no Sermos Galiza 255.

Araiz
Adolfo Araiz, portavoz de EH Bildu en Nafarroa

“Cos tratados de libre comercio non imos ter capacidade de decisión”

Conversamos con Adolfo Araiz, portavoz de EH Bildu no Parlamento de Nafarroa, e asinante en nome da coligazón abertzale da declaración impulsada polo Bloque contra os tratados de libre comercio. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 253.

No medio, Henrique Alvarellos
Henrique Alvarellos

“Hai que facer libros cos que un non se acorde das redes sociais cando os ten diante”

Henrique Alvarellos con hache colleu o testemuño de Enrique Alvarellos sen hache e trouxo ao século XXI a editorial vicedecana das letras galegas, que se fundaba hai agora 40 anos en Lugo. Por este motivo quedamos con el no seu despacho, onde atopamos múltiples referenzas ao fundador. Deixamos un extracto da entrevista publicada no semanario Sermos Galiza.

Entrevista Suso de Toro. 7-9-2015
Entrevistamos Suso de Toro

"Eu non quería ser un escritor como os que coñecía, eu pretendía ser un escritor como os que eu admiraba"

Suso de Toro anuncia que volve escribir ficción e aló imos onda el, que nos agarda no Instituto Rosalía e nos fai de cicerone por un edificio con corticeiras centenarias con abellas que entran a través da coroa dun dos escudos. Prexubilado e afábel, coma sempre, bota un ollo atrás á súa carreira sen esquecer os marcos que impón o contexto histórico, avaliando éxitos e recoñecendo fracasos.

2017053119130992628
Anxos Fazáns, directora de cine

“Sinto a necesidade de que haxa máis personaxes femininas ben construídas”

Anxos Fazáns (Pontevedra, 1992) escribiu, dirixiu e editou proxectos cinematográficos propios en diferentes formatos. Fitas que a levaron ao Festival de Cans ou ao Carballo Interplay. Fai un descanso para conversar con nós de cine nunha das longas xornadas de rodaxe da que é a súa primeira longametraxe: A estación violenta, unha película de Matriuska Producciones baseada na novela homónima de Manuel Jabois e que ten como protagonistas Alberto Rolán, Nerea Barros e Xosé Barato. Reproducimos un extracto da entrevista.

María Pilar García Negro
María Pilar García Negro

"A nosa nación precisa un cambio cultural enorme"

Profesora da UDC, autora de numerosas obras ensaísticas e de investigación e colaboradora de Sermos Galiza, María Pilar García Negro (Lugo, 1953) foi recoñecida pola AELG co premio “Escritora na súa Terra”, que recibirá en Lugo o 10 de xuño. Conversamos con ela sobre literatura galega e feminismo, sociolingüística ou didáctica.

Entrevistamos Marta Dacosta

“Estamos en pé de igualdade a nivel creativo con calquera lugar do mundo”

Nesta entrevista conversamos con ela desa literatura á que lle pon a mesma paixón que lle pon á vida. Aténdenos cando se atopa en pleno proceso de presentación da súa última obra Na casa da avoa (Galaxia), onde podemos atopar poemas que reivindican o papel da muller, aquela de carne e óso, mais tamén da muller da mitoloxía clásica. Unha entrevista que podes ler íntegra no número 246 de Sermos Galiza, á venda na nosa loxa.

Luis Bará
Luís Bará, escritor

"É dramático o das rías como auténticas foxas comúns"

A memoria histórica volve resgatar Luís Bará (Vilaboa, 1965) para o mundo da cultura e da súa paixón, a literatura. Deputado e concelleiro, vén de publicar a súa opera prima Non des a esquecemento, un libro escrito a medias entre o xornalismo e a literatura no que recupera historias da represión nas que tira de fíos tecidos na memoria oral ou dos arquivos, pero sen esquecer nunca o compoñente emocional daqueles días de barbarie. Entrevistámolo no 244 do Sermos Galiza. Aquí un extracto da conversa.

RUA_6871
Clara Pino, arpista

“Vivir hoxe da música é unha carreira de obstáculos”

Cantante e arpista nada en Vigo en 1972, Clara Pino vén de estrear novo proxecto con Pablo Vidal, Nowhere, un disco que demostra a versatilidade da arpa e mestura música con literatura e que conta coa participación de Mila García, Sabela Dacal, Roi Adrio e Rafa Otero. Esta profesora de ensino secundario define a súa como “música de autor e íntima”. “Non vai encamiñada ao fenómeno fan”, advírtenos. Conversamos con ela no Sermos Galiza 243. Eis un extracto da entrevista.