entrevista

[Imaxe: Irene Lobato] Nacho Taibo
Nacho Taibo, escritor

"Hai algo que me afecta moitísimo máis que unha crítica negativa, e é a ausencia, o silencio total"

Entrevistamos Xosé Ignacio ‘Nacho’ Taibo (Madrid, 1949), a quen a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) recoñecerá coa Letra E nunha homenaxe que terá lugar en Oleiros no mes de xuño. Eis un extracto da conversa que publicamos no Sermos Galiza 288.

[Imaxe: M.O.] María Xosé Silvar, Sés
Entrevistamos María Xosé Silvar, "Sés"

"A maioría da crema da intelectualidade galega sempre foi pedindo perdón a España"

Non lle gusta que a chamen María. “Ou María Xosé ou Sés, ou Sé”. E así levan chamándoa desde que é pequena, “Sés fun desde cativa porque na Costa da Morte, de onde é miña nai, chámaselles así aos Xosés”. Naceu na Coruña en 1982, “son moi poligonera, porque me criei en Elviña”, di, mais desde hai unha década vive en Sueiro, unha parroquia de Culleredo. É alí, na súa casa, onde nos atende, sen présas, cun café diante após encher o Teatro Colón da Coruña durante dous días con Readmirando a condición. Eis un extracto da entrevista.

[Imaxe: SG] Ana Seijas
Ana Seijas, viceportavoz de En Marea

"Desde 2015 a hoxe as mareas cambiaron moito"

Ana Seijas (Compostela, 1973), é viceportavoz de En Marea e responsábel das áreas de municipalismo e feminismo da organización, así como membro da Coordinadora e do Consello das mareas. En 2012, atraída polas novas formas de participación política, achégase por vez primeira ao activismo político co nacemento dun proxecto municipalista, Ames Novo, onde participa activamente desde entón. Eis un extracto da conversa publicada no Sermos Galiza 286.

[Imaxe: Concello de Cambre] Óscar García Patiño
Entrevista a Óscar García Patiño

“Hai servizos que teñen que ser municipalizados”

Óscar García Patiño (Cambre, 1964) preside o consistorio de Cambre desde 2015. Á fronte de Unión por Cambre, encabeza un tripartito en que tamén sentan o PSdeG e mais o BNG. O seu discurso escora á esquerda e defende as municipalizacións de servizos. A maiores, amósase preocupado polos paus que o PP coloca nas rodas da área metropolitana. Eis un extracto da entrevista.

Suso de Toro (Laura R. Cuba)
Suso de Toro, escritor

"Non leo literatura, nin galega nin non galega"

No escritorio de Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) hai dous libros no medio do camiño, unha novela e unha comedia teatral “de enredo”. Outro máis, un ensaio, talvez nunca acabe de nacer. “Xa non creo que o escriba”, confesa. Título si tiña: Cómo intenté ser español y no me dejaron. Porque De Toro busca agora “o gozo de escribir unha historia”. Desa paixón alegre xurdiu Fóra de si (Xerais, 2018), a historia do neurocirurxián Ricardo Marzoa coa que, orgulloso, se desdí. Hai oito anos anunciara o seu abandono da literatura. “Recuperei a fe”, explica. Eis un extracto da conversa publicada no Sermos Galiza 284.

[Imaxe: Erik Dobaño] Xabier P. Docampo
Entrevistamos Xabier P. Docampo

“Describo o mundo exactamente como o coñecín”

Xabier P. Docampo (Rábade, 1946) é un home de rostro amábel e sorriso sincero, un home doce que escrebe claro e cándido sobre experiencias terríbeis cunha precisión inquietante para expresar o horror e a miseria do mundo na que só sobreviven as nenas e os nenos. Eis un extracto da conversa, publicada no número 283 de Sermos Galiza.

fernan-vello
Entrevistamos Miguel Anxo Fernán Vello

"Actuamos de facto como un grupo parlamentar propio"

Miguel Anxo Fernán Vello (Cospeito, 1958) asumiu a mediados de xaneiro a portavocía de En Marea no Congreso español, un posto que se exerce rotatoriamente e que o poeta, editor e dramaturgo desempeñará ao longo de seis meses. Recoñécese con ánimos e disposto a apuntalar un traballo nas institucións que, incide, ten como protagonistas e destinatarias “as clases populares galegas”. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 283.

carmela_silva
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

“Os alcaldes e alcaldesas do PP están encantados coa Deputación”

Hai dous anos e medio que a socialista Carmela Silva (Vigo, 1960) tomou posesión como presidenta da Deputación de Pontevedra, despois dun pacto co BNG. Remataba así a longa hexemonía do PP, salferida de sospeitas sobre a legalidade de certas actuacións. “A maioría das obras en marcha da época Louzán tiñan gravísimas irregularidades”, asegura. Agora presume de políticas medio ambientais e de equidade. Eis un extracto da entrevista que publicamos no Sermos Galiza 282.

longueira
Silvia Longueira, directora da Fundación Luís Seoane

“Hai unha parte de 'Trece estampas' que estamos revivindo”

Licenciada en Historia e xornalista, Silvia Longueira (A Coruña, 1961) é a directora da Fundación Luís Seoane. Xunto a María Antonia Pérez, comisaria a exposición Trece estampas da traizón. 80 anos da publicación, unha iniciativa que xira ao redor do álbum de debuxos homónimo de Luís Seoane e que amosa a oposición do pobo galego ao golpe de Estado de Franco e á represión. Entrevistámola no Sermos Galiza 282.

[Imaxe: X.F.] Carles Campuzano
Carles Campuzano

“A esquerda española é tan xacobina como a dereita”

O portavoz do Partit Demòcrata de Catalunya no Congreso dos Deputados abordou a semana pasada en Ferrol, convidado pola Sociedade Cultural Medúlio, a situación política no seu país, un territorio que vive nun momento anormal trala aplicación do artigo 155 por parte do Goberno español e a persecución que están a sufrir os líderes do Procés. Eis un extracto da entrevista, publicada no Sermos Galiza 280.

[Imaxe: M.O.] Xosé Manuel Sánchez Rei
Xosé Manuel Sánchez Rei

“Moitos avós e moitas avoas son 'reintegratas' e non o saben”

Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX (Laiovento) é a obra que vén de publicar Xosé Manuel Sánchez Rei (A Coruña, 1973). Profesor titular na Universidade da Coruña na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa, o seu campo de estudo é, fundamentalmente, a gramática da lingua galega actual e a linguaxe literaria contemporánea. Entrevistámolo no número 278 de Sermos Galiza. Eis un extracto.

DSC_0047
Entrevistamos Montse Fajardo

“O culpábel só é o que mata, non a vítima nin a súa contorna”

Ao seu pesar, Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña son as protagonistas de Invisibles, un libro impulsado polo Concello de Pontevedra e escrito pola xornalista Montse Fajardo que recolle os relatos destas mulleres maltratadas a mans das súas parellas. Unha obra necesaria que pon o foco sobre os agresores. Entrevistamos a súa autora no Sermos275. Eis un avanzo da conversa.

[Laura R. Cuba] Gonzalo Caballero
Entrevistamos Gonzalo Caballero

"Temos que facer autocrítica sobre o feito desde 2009"

O discurso de Gonzalo Caballero está lonxe de ser autocompracente. A súa palabra de orde, rexenerar o PSdeG para liderar unha alternativa de progreso ao PP. Consciente da fortaleza eleitoral e social da escadra dirixida por Feijóo, o flamante secretario xeral do PSdeG propón autocrítica e mudanzas. E, sen levantar a voz, implicitamente rexeita que o PSdeG vaia viver, con el e con Leiceaga, unha sorte de bicefalia. Eis un extracto da conversa publicada no Sermos Galiza 275.

[Imaxe: Enrique Maté ] Marga do Val
Marga do Val, directora do Instituto de Estudos Agrarios “Mártires de Sobredo”

“Hai unha conexión moi clara entre Sobredo e a represión do 36”

Con motivo do 95 aniversario do asasinato de Cándida Rodríguez González, que estaba embarazada e era veciña de Pazos de Reis (parroquia de Tui); Joaquín Estévez Besada, de Soutelo (Parroquia de Salceda de Caselas), e Venancio González Romero, de Budiño (parroquia do Porriño), a directora do Instituto de Estudos Agrarios “Mártires de Sobredo”, Marga do Val, contexualiza nesta conversa os feitos que aconteceron o 28 de novembro de 1922 en Sobredo (lugar da parroquia de Guillarei, Tui) unha época de forte contestación social desde o agro. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 273.

Foto Tone
Entrevistamos Antón Gómez Reino

"Nos lumes o Estado ten responsabilidades"

Antón Gómez-Reino usa ben máis o “nós” do que o “eu”. Ese “nós” é inequivocamente plural e reférese a En Marea -a confluencia pola que é parlamentar no Congreso- e a Podemos, a formación morada da que é un dos máis destacados referentes na Galiza. Nesta entrevista debullamos a iniciativa de reforma da lei de montes que Gómez-Reino apresentou no Parlamento estatal e analisamos a actualidade política. Alerta sobre a furia recentralizadora en curso no Estado e dubida que exista a correlación de forzas precisa para unha reforma “positiva” da Constitución de 1978. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 273.

DSCF1784
Entrevista a María Reimóndez, escritora

“Para min é moito máis relevante que me traduzan ao támil que ao inglés”

Escritora, activista e tradutora, María Reimóndez é imparábel, pura enerxía. Só no último mes gañou o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade con Fóra do normal; rompeu o teito dos dez mil exemplares con O club da calceta; e vén de publicar As cousas que non queremos oír, a seguinte entrega do Ciclo dos elementos. Camiñamos ao seu carón pola cidade de Vigo, onde conversamos sobre a obra gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz, sobre a vida do Club da calceta e a súa vixencia máis de dez anos despois, sobre activismo e sobre a necesidade de crear manadas feministas. Cal lobas.

[Imaxe: Natalia Porca] Margarita Ledo
Margarita Ledo, no 101 aniversario do seu primeiro número

"A Nosa Terra foi o gran proxecto para Galiza enteira"

Ao seu regreso do exilio en Portugal, a xornalista Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) ideou e dirixiu o semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980. Con motivo do 101 aniversario da saída de A Nosa Terra, resgatamos a entrevista publicada no semanario Sermos Galiza 222. NO INTERIOR, FACÍSÍMILE DO PRIMEIRO NÚMERO DO SEMANARIO.

[Imaxe: M.O.] Ángeles Huerta
Entrevistamos Ángeles Huerta

"En Esquece Monelos o río é metáfora das verdades negadas e agochadas"

Tan só un certo sotaque revela que non é galega, mais fala a lingua con absoluta corrección. Unha aprendizaxe froito do seu interese por aprender galego cando hai 15 anos deixou o seu Gijón natal para recalar en Compostela. Doutora en Literatura Comparada e profesora de Italiano na Escola Oficial de Idiomas, Ángeles Huerta realizou estudos de dirección cinematográfica na Met Film School de Londres. A súa primeira longametraxe, Esquece Monelos (producida por Danga Danga Audiovisuais), vén de estrearse nas salas. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos 270.

[Imaxe: cedida] Alonso Caxade
Entrevistamos Alonso Caxade

“A indústria musical? Não existe”

E isto é o amor (Discos da Máquina, 2016) é o segundo álbum de Caxade, depois do sucesso d’A dança das moscas, (Discos da Máquina, 2013), a renovação da música galega mais popular. Em E isto é o amor encontramos sons doces, minimalistas, que se movimentam entre o indie, o folk e o jazz, e onde os ventos, o acordeão, a percussão e os sintetizadores criam ritmos que têm o seu cerne na música tradicional galega, indissociável a Caxade. Eles são Alonso Caxade, voz e acordeão; Manu Espinho, bombardino; Manu Paino, trompeta e carillón; e Xosé Tunhas, bateria. Eis um extracto da conversa publicada no Sermos 269.

belen_Bermejo_cedida
Entrevistamos Belén Bermejo

“Caen as programacións de música clásica e ninguén leva as mans á cabeza”

Espazos Sonoros completou o seu décimo aniversario cunha proposta musical de calidade, con concertos e outras actividades en lugares emblemáticos e de singular riqueza do patrimonio cultural galego. Conversamos con Belén Bermejo, a súa directora do festival Espazos Sonoros, ademais de xestora cultural na empresa Sirgo Torcendo e integrante dos grupos de música antiga 1500 e Pres de Cambrai, entre outros proxectos. Eis un extracto da conversa.