entrevista

[Imaxe: SG] Paulo Carril
Paulo Carril, secretario de Organización da CIG

“Sobran razóns para saír á rúa”

 Escribimos sobre as reivindicacións do Primeiro de Maio no 244 de Sermos Galiza.

[Imaxe: SG] Mini e Mero
Escolma do papel

Mini e Mero: "A memoria é semente de liberdade"

[Imaxe: Ollo de Vidro] Felipe Senén
Felipe Senén, museólogo e arqueólogo

"Toda a obra de Castelao está en función da nación galega"

Felipe Senén López foi comisario da exposición Castelao. A derradeira lección do mestre xunto a Pilar García Negro, mostra que acolleu o Museo Provincial de Lugo no ano 2010. Tratouse dun percorrido vital no que a arte e a literatura foron mesturadas coas pegadas gráficas do activismo político de Castelao e coa defensa dos intereses de Galiza. Nesta entrevista, o especialista en Historia da Arte e arqueólogo ilústranos sobre o conxunto da obra de Castelao.

Lupe Gómez nunha imaxe de Tintadelura
Lupe Gómez, escritora

"A miña obra é moito palabra para dicir, para berrar"

Levaba tempo desaparecida, fóra de combate, sen escribir nos xornais nin publicar libros. Por iso unha das mellores novas deste ano foi o regreso de Lupe Gómez ás librarías con Camuflaxe (Chan da Pólvora), un libro encolledor de almas que escribiu para a súa nai falecida. Entrevistámola no Sermos Galiza 240. Aquí, un extracto da conversa.

vitorvaqueiro_008
Vítor Vaqueiro

"Que con 65 anos abandones unha norma sabendo que a editorial che vai fechar a porta ten un valor simbólico grande"

De non mirarmos os seus dados biográficos, diriamos que é ben máis novo, sensación que se acrecenta ao escoitar o gravado. Sen dúbida, a vitalidade e o entusiasmo transmítense polo ouvido. Entrevistamos Vítor Vaqueiro no Sermos Galiza 236. Deixamos aquí un extracto da conversa.

Victorino Pérez Prieto

"A perspectiva relixiosa desde Galiza é tolerante, aberta, antiautoritaria, coa presenza da muller..."

Victorino Pérez Prieto (Hospital de Órbigo, León, 1954) acaba de regresar de Colombia, onde traballou durante dous anos de docente e investigador nunha universidade de Bogotá. O seu contacto estreito coa sociedade colombiana levouno a colaborar en mesas de paz, na súa condición de experto en diálogo interrelixioso, e a traballar con persoas indíxenas e campesiñas. Autor de numerosas publicacións sobre filosofía e teoloxía, dirixe a súa ollada ao compromiso cristián con Galiza e á interculturalidade. Publicamos a entrevista no Sermos Galiza 234.

LopezSuevos
#SermosGaliza233

Ramom L. Suevos: "Do clube do euro podemos e debemos saír"

Analizamos con Ramom L. Suevos, un dos economistas de maior relevo no noso país e cunha dilata traxectoria docente na Universidade de Santiago de Compostela, o que deron de si os 25 anos de inserción na UE. Precisamente, nos 25 anos á sombra de Maastricht centramos o A Fondo que acompaña o Sermos 233, á venda na loxa e nos quiosques. Eis un extracto da entrevista.

Entrevistamos Bieito Romero

"O apoio popular fai que Luar na Lubre siga vivo"

Constancia interna e traballo. Estas son, segundo Bieito Romero, as receitas que levaron Luar na Lubre a facer 30 anos. Conversamos co compositor e portavoz do grupo folc a poucos días de percorrer o Estado español, México e Portugal para dar a coñecer o último disco. Deixamos aquí un extracto da entrevista, que poder ler íntegra no Sermos Galiza 232.

3
Só en papel #Sermos231

Anric Massó: “Busco a esencia da poesía”

O xornalista Antón Lopo publica no Sermos Galiza 231 unha nova entrega da serie de entrevistas "Extintivos". Nesta ocasión, conversa con Anric Massó, o inquietante poeta e arqueólogo de Bueu, que foi o primeiro estudoso en formular unha norma ortográfica lusista para o galego. Eis un extracto da entrevista.

Entrevistamos Mercedes Peón

"Saín da caixa que me tiña reservada a vida"

Mercedes Peón anuncia novo disco para a primavera. Xa puidemos escoitar un par de petiscos. No Sermos 230, xa á venda nos quiosques e na loxa, cóntanos o seu proceso de creación, que pasa polos sons de Navantia, por poemas támiles e por un traballo minucioso.

foto_portada
Sermos 228

Jorge Mira: "Eu vivo para isto"

Mediático, prolífico, adicto ao traballo... Jorge Mira é probabelmente a cara máis coñecida da ciencia na Galiza, e aínda que a súa actividade máis visíbel sexa a de divulgador, reivindícase como investigador. Entrevistámolo no número 228 do semanario Sermos Galiza, xa á venda nos quiosques e na loxa. Eis un extracto da conversa.

[Imaxe: AELG] Kathleen March
Kathleen March, catedrática na University of Maine

“Rosalía foi a culpábel de darme a coñecer máis sobre a escrita feminina”

Conversamos con Kathleen March (Rochester, NY, 1949), catedrática emérita de Español na University of Maine, co gallo da xornada que o Consello da Cultura Galega dedicou á súa obra para dar a coñecer mellor o seu traballo, valorar os seus contributos e proxectar cara ao futuro un legado intenso.

manuel gonzalez2
Manuel González Moreira, médico

“A privatización da sanidade empeora a calidade e encarece as prestacións”

O médico Manuel González Moreira, portavoz de SOS Sanidade Pública Vigo, é un dos relatores que participan esta sexta feira e o sábado na xornadas organizadas por AGE-Europa “A privatización da sanidade na Unión Europea”. Nesta entrevista, dá conta do estado de saúde da sanidade pública na Galiza.

Un socorrista (Foto: Nós Diario).
Conversamos com Socorro Lira, cantora e compositora brasileira

“Estou feliz de voltar à Galiza”

Socorro Lira nasceu na Paraíba, no nordeste brasileiro, e vive em São Paulo. Conta com uma trajetória profissional intensa, em quinze anos de carreira lançou dez CDs, um DVD e um EP. De regresso na Galiza, a poderemos ouvir em único show em Santiago de Compostela, no dia 24 de Outubro às 20.30h, no Teatro Principal, acompanhada de Uxía e Carlos Blanco. Conversamos com ela sobre seu novo álbum, Amazônia. Entre Águas e Desertos

[Imaxe: Pedro Hermosilla] Marta Lado
Marta Lado, premio á mellor actriz no Festival de Toulouse

"Na Galiza hai arte porque hai identidade propia, temos cultura e un universo particular"

A actriz fisterrá Marta Lado vén de recibir o premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Toulouse polo seu papel de Olalla en Sicixia, o último filme de Ignacio Vilar. Conversamos con ela sobre o recoñecemento e sobre a profesión, da que salienta que non é "fácil", sobre todo "para a confianza nunha mesma".

[Imaxe: Radio Coruña] Ana Pontón
POLÍTICA

Pontón: “O cambio na Galiza vai ser a tres”

“Neste país é necesario un cambio e ese cambio vai ser a tres”. Isto é o que prognostica Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, a respeito das eleccións galegas, para as que se marca o obxectivo de lograr “un grupo parlamentar forte que sexa clave na derrota do PP”.

Manuel_Esteban
MANUEL ESTEBAN, PREMIO XERAIS DE NOVELA

"A novela xorde como un berro a raíz dunha inxustiza, a da discapacidade intelectual"

Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971) é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e profesor da rama sanitaria do CIFP Manuel Antonio. O pasado sábado foi galardoado co Premio Xerais de Novela pola súa primeira obra A ira dos mansos, unha novela que escribiu con fin terapéutico após a súa experiencia como pai dun fillo discapacitado intelectual. Conversamos con el, cando aínda admite estar “abrumado”.

bará
LUíS BARá (Nº1 NóS CANDIDATURA GALEGA POR PONTEVEDRA)

“Queremos que Galiza teña protagonismo de por si no Congreso, sen ser satélite nin actor secundario”

Á espera da ratificación por parte das asembleas comarcais que se realizan no país, Luís Bará será o candidato do BNG-Nós Candidatura Galega ao Congreso por Pontevedra. Así o propuxo a Executiva Nacional do Bloque. Concelleiro en Pontevedra, asegura que de saír elixido deixará a Corporación Municipal e dedicarase “en corpo e alma” a representar Galiza en Madrid.

[Imaxe: Luís Soto] Antón Lopo
CULTURA

Antón Lopo faise co Premio Johán Carballeira de Xornalismo por unha entrevista publicada en Sermos

Terán que volver os bárbaros para liberarnos, unha entrevista a Xulio Calviño publicada no semanario Sermos Galiza nº137, fixo Antón Lopo gañador do XIII Premio Johán Carballeira de Xornalismo, convocado polo Concello de Bueu.

Henrique Costas
HENRIQUE COSTAS, PROFESOR DE FILOLOXíA NA UVIGO

"Debemos crear nós os xentilicios cos nosos sufixos populares antes de que inventen disparates alleos"

Xosé-Henrique Costas, director do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo e especialista en Sociolingüística e Dialectoloxía das falas exteriores do galego, é o autor de Os xentilicios de Galicia e doutros territorios de lingua galega, un libro para o emprego correcto dos xentilicios.