España

galego
LINGUA

O Goberno español nega o dereito d@s galeg@s a se expresaren na súa lingua fóra de Galiza

En resposta a unha pregunta formulada polo BNG no Congreso español, o executivo sinala que a lingua propia só será válida en documentos que se dirixan a organismos con presenza no territorio galego e ampara o rexeitamento daquelas que se dirixan en galego a organismos españois. 

O non español aos dereitos das nacións

O non do Congreso español á proposición de lei do Parlamento de Catalunya sobre a consulta autodeterminista

Xulgado de Compostela
POLÍTICA

Madrid propón liquidar os partidos xudiciais e crear tribunais de instancia uniprovincial

A reforma da demarcación e planta xudicial reforza a provincia como unidade administrativa e deixa unha única sede central situada nas capitais provinciais.

goberno españaconsello ministros estado españa
Galiza

Galiza tributa por volta de 10.000 millóns de euros e percebe 7.000

Entre a cantidade que o Estado español recada en Galiza e o que inviste hai unha fenda de por volta de 3.000 millóns de euros anuais. Un dado pouco coñecido porque, sosteñen economistas como Xosé Díaz, rachan o estereotipo de país subsidiado.

Reforma laboral, máis desemprego
TRABALLO

Galiza perdeu nun ano case 4.000 afiliad@s á Seguridade Social, mentres España aumentou 115 mil

O último mes, o paro rexistado galego reduciuse en 3.608 persoas. En termos inter-anuais, o descenso atinxiu os 16.620 traballadoras/es.

Pablo Hásel
INTERNACIONAL

A Audiencia Nacional española condena a 2 anos de cadea o rapeiro Pablo Hásel

O rapeiro catalán foi acusado de enaltecemento do terrorismo pola súa canción Democracia su puta madre. Segundo o tribunal "o discurso do odio non está amparado pola liberdade de expresión". 

.
LINGUA

Tráfico non controla o galego: “conducir polo España se vai acompanada”

A autorización sería válida para conducir “polo España se vai acompanada”. ProLingua dirixiuse a Tráfico para esixirlle que poña freo ao desleixo do uso da nosa lingua nos documentos oficiais e remitiulle unha copia dunha autorización para condución de persoas incursas nun proceso administrativo como exemplo. 

POLÍTICA

O BNG levará o conflito de Sarria e a actuación da Garda Civil ao Parlamento español

A deputada da fronte nacionalista no Congreso d@s deputad@s, Rosana Pérez, preguntará ao Ministerio de Interior pola "desmedida" actuación da Garda Civil no despexo d@s activistas e demandará un "estudo de impacto ambiental" sobre o proxecto de encauzamento do río Sarria. 

davidcouso_ancha
SOCIAL

''A José Couso asasinárono os USA en 2003 e rematárono os gobernos españois''

Conversamos con David Couso, irmán do cámara de televisión asasinado o 8 de abril de 2003 no Iraque, cando un carro de combate do exército dos Estados Unidos disparou contra o hotel Palestina, un edificio civil onde se refuxiaba a imprensa.

Do Courel a Compostela pola España de Cayo Lara

Nunha nación sen Estado como a nosa, nunha sociedade como a galega, que precisa de orgullo colectivo, de conciencia de seu, de memoria histórica e de vontade de existir como tal pobo na súa lingua, na súa cultura e na súa historia; nun país, en definitiva, necesitado tamén de soberanía política para ser dono da súa economía e do seu futuro, calquera forza política galega que no plano ideolóxico ou organizativo non contemple a contradición principal Galiza-Estado e a necesidade da autoorganización, ao único que contribúe esa forza política é a unha maior españolización da sociedade galega e a reforzar e perpetuar a nosa situación de nación oprimida no contexto do Estado e da Unión Europea.

margalho
INTERNACIONAL

O Goberno español xulga "ilegal" calquer "intento de secesión" en Ucraína

Escocia. Catalunya. E agora Crimea. O Goberno español enfatizou esta segunda feira que "calquer intento de secesión" en Ucraína sería "ilegal", en clara alusión ao referendo de autodeterminación convocado en Crimea para o 30 de marzo

.
ECONOMÍA

O goberno español quere acoutar o micremecenado

O goberno español regulará e limitará o micromecenado. Cada inversor/a poderá aportar un máximo de 3.000 euros e 6.000 por plataformas. 

Yes-Scotland-Large.1
INTERNACIONAL

Madrid, un problema para Escocia?

Durão Barroso asegurou nunha entrevista na BBC que ve "moi difícil, se non imposíbel" a entrada dunha Escocia independente na UE. O portugués apuntou a un eventual veto exercido polo Estado español nunha situación que coida semellante ao acontecido con Kosovo. 

Fernández-Díaz-y-Soraya-Saénz-de-Santamaría-Foto-Moncloa
INTERNACIONAL

O Goberno español descarta demisións pola morte de 14 inmigrantes nas costas de Ceuta

Ninguén no Goberno de Madrid presentará a súa demisión pola morte de 14 inmigrantes que tentaban chegar a Ceuta. O executivo español di que os disparos da Garda Civil foron unha acción "proporcionada" e respectuosa cos Dereitos Fundamentais, mais a Comisión europea exixe explicacións e ameaza con sancións.

O contexto político no Estado español

As enquisas, así como o recuar na privatización da sanidade en Madrid ou nas obras en Gamonal, amosan que o Partido Popular está a perder aceleradamente apoio social tamén no corazón do Estado español (a España propiamente dita), polo que dá un paso atrás nalgunhas decisións, e asemade comezan os primeiros abandonos do barco.

Marca España

Intermón Oxfam presentou a semana pasada un informe tremendo sobre o estado español no que demostra con datos moi empíricos que só hai outro...

Feijóo
Galiza

"O PP está como España, na UCI e sen constantes", di Feijóo nas vésperas da Convención do partido

Quedan apenas horas para o inicio da Convención Nacional en Valladolid e Feijóo recoñece que o PP se atopa “como España, na UCI, con respirador e case sen constantes”, dixo, en declaracións que recolle Europa Press. 

piñera
INTERNACIONAL

Morre Blas Piñar cando se está a recompor o espazo da ultradireita española, co aparecimento de VOX

O fundador de Fuerza Nueva finou aos 96 anos. O pasamento do que liderou a extrema dereita española prodúcese no momento en que esta se re-estrutura arredor de Vox, o partido de Ortega Lara. 

Fruga
ECONOMÍA

Negociación da PAC: a Fruga acusa o Goberno galego de seguidismo dos "ditados" do PP español

A Federación Rural Galega entende que "as consecuencias da reforma da PAC na Galiza" vanse ver agravadas "polas decisións tomadas polo Estado español".

entrevista 1
INTERNACIONAL

Rajoy, sobre Catalunya: "Mentres eu sexa presidente, non haberá ningunha independencia de ningún territorio español"

Entrevista en Antena 3 TV. Mariano Rajoy dixo que a lei se vai cumprir e que o referendo soberanista do 9 de Novembro non se levará a efecto. "Un referendo onde se pretende pór en cuestión a soberanía do conxunto do pobo español non se realizará", dixo.