Tráfico non controla o galego: “conducir polo España se vai acompanada”

A autorización sería válida para conducir “polo España se vai acompanada”. ProLingua dirixiuse a Tráfico para esixirlle que poña freo ao desleixo do uso da nosa lingua nos documentos oficiais e remitiulle unha copia dunha autorización para condución de persoas incursas nun proceso administrativo como exemplo. 

.
photo_camera .

Os datos a preencher xa están directamente en español e iso xunto cos erros do texto en galego fixeron que  ProLingua decidira dirixirse á Directora Xeral e ao Secretario Xeral de Tráfico en Madrid, dependentes do Ministerio do Interior, ademais de responsábeis na Coruña e Compostela para esixirlles corrección no uso da nosa lingua.  

Como exemplo remitiron copia do  modelo oficial que a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña expide para autorizar temporalmente a condución con frases como a final na que recolle que o documento habilita para conducir “polo España se vai acompanada”. Reclaman que cumpran a legalidade vixente e corrixan os erros “á maior brevidade”. 

“A remisión do citado documento demostra e denuncia o desleixo que o organismo público que vostede dirixe mostra para co idioma galego”, explican na carta na que denuncian tamén que a nosa lingua desaparece do corpo central do documento. 

Solicitan tamén que “en favor da súa dignificación e normalización, na documentación que ese organismo xera no ámbito da Comunidade Autónoma galega lle sexa cedido o lugar principal que por xustiza lle corresponde ao idioma propio de Galicia”

Comentarios