Podemos fica sen dirección en Euskadi
O secretario xeral do partido no territorio e 19 membros do Consello cidadán demiten con críticas ao peso do “aparato” e ao “centralismo” da formación de Pablo Iglesias.
O secretario xeral do partido no territorio e 19 membros do Consello cidadán demiten con críticas ao peso do “aparato” e ao “centralismo” da formación de Pablo Iglesias.
O partido de Pablo Iglesias en Nafarroa considera “inadmisíbel” que a proposta non contemple maior protagonismo da formación. 'Ahora en común' xa elixiu os seus candidatos á Cámara alta. EH Bildu e Geroa Bai piden unha aposta sincera “na unidade”.
O próximo sábado Donosti acollerá unha manifestación para reclamar a posta en liberade de Otegi. Entre as formacións que se suman á convocatoria atópanse o BNG, EH Bildu e a CUP, amais de sindicatos como ELA e LAB.
Nunha entrevista desde a prisión co medio catalán 'La Directa', o secretario xeral de Sortu aposta na vía da unilateralidade para a conquista da independencia. “Se a nosa estratexia de liberación pasa por un acordo co Estado, non haberá acordo nin liberalización”.
A enquisa da UPV apunta un lixeiro retroceso do Partido Nacionalista e da esquerda abertzale e quedas importantes de PP e PSOE respecto eleccións 2012. Podemos sería a primeira forza 'española' en Euskadi, mais perdendo 10 puntos respecto ao anterior 'Euskobarómetro'.
As tres organizacións subscribiron un documento que aposta na solidariedade internacionalista a prol da "soberanía plena" das nacións sen estado.
Uxue Barkos, candidata de Geroa Bai, foi eleita cos votos da súa formación, de EH Bildu, Podemos e IU-Ezkerra. UPN e PP votaron en contra e o PSOE abstívose.
Unha lei aprobada por UPN/PP pune severamente alcaldes e concellos navarros que queiran ondear a ikurriña, unha bandeira cuxo primeiro bosquexo naceu en 1894 nun café de Pamplona. No 'txupinazo' do S. Fermín, volveu ondear en Iruña e xa disparou as iras de 'rexionalistas' e 'centralistas'.
Decenas de miles de persoas participaron da xornada reivindicativa convocada por Gure Esku Dago e encheron as rúas das principais cidades vascas e Irueña. Esta tarde continúan os actos coa instalación de urnas xigantes tecidas por xente de todo o país durante meses vendeu a plataforma e sobre as que a cidadanía escribiu as súas demandas.
A Fiscalía pide 4 anos de cárcere para os 2 veciños por chamar ''fascista'' a un edil do PSOE e 2 anos a Moreno por non actuar ante o improperio.
O candidato da esquerda abertzale, Joseba Asiron, suma apoios de abondo para desbancar do poder UPN, que ostentou a alcaldía nestas décadas. Un cambio dun enorme significado.
A través dunha carta desde o cárcere de Logrono o líder abertzale solicitou á cidadanía que apoie as candidaturas de EH Bildu este domingo para "situar Euskal Herria no centro principal das preocupacións das elites económicas e políticas do Estado español".
Un xa entrou na melancolía da “vellice”, como dicía Guerra da Cal, e cada vez pasan o adral da temporalidade para ingresar no reino da eternidade máis amigos e amigos e amigas da república das letras e da soberanía do idioma, Cesáreo ben dixit.
Ducias de anti-disturbios empregáronse a fondo para desfacer o ‘muro popular’ de ducias de veciñ@s para protexer 3 mozos independentistas, finalmente detid@s. Hai 70 persoas detidas e 20 feridas, segundo @s solidari@s.
Podemos continúa o seu xiro de 360 graos. O seu líder, Pablo Iglesias, pasou en apenas dous anos de oferecer unha palestra nunha Herriko Taberna a demandar, a pasada cuarta feira, a Bildu que condene ETA como pre-requisito para chegar a acordos post-eleitorais. “Parece que a Pablo Iglesias a axenda política verbo de Euskal Herria quen lla marca é o PP”, dixo esta sexta feira o presidente de Sortu e líder de EH Bildu, Hasier Arraiz.
A coalición abertzale fixo un chamamento para que nas próximas eleccións non haxa “ningún goberno en contra do dereito a decidir” en toda Euskal Herria.
Seis de cada dez persoas considera que viviría mellor de producirse este escenario, segundo unha enquisa publicada por GARA con motivo do Día da Patria Vasca.
A candidatura abertzale conseguiu o apoio de todas as formacións democráticas e republicanas.
Gure Esku Dago anuncia a súa próxima grande acción en apoio dunha vía propia cara á autodeterminación, que terá lugar a finais de primavera nas catro principais cidades vascas. "Queremos que sexa unha suma de vontades", din @s promotores.
O 19 de marzo, os cidadáns e as cidadás vascas porán en marcha a iniciativa máis multitudinaria que calquera pobo do mundo leve a cabo en prol do seu idioma.