exposición

Detalle da mostra sobre o editor nacionalista Ánxel Casal (Nós Diario).
CULTURA

'Ánxel Casal: 125 anos con Nós' chega a Lugo

A exposición adicada a Ánxel Casal abre o pano no Vello Cárcere de Lugo, onde permanecerá até o vindeiro 15 de marzo.
As actividades organizadas polo Concello da Coruña visan a visibilizar os lazos entre María Casares e a cidade.
Unha exposición e un ciclo de conferencias inician as homenaxes do centenario

Comezan os actos do ano María Casares

O ano 2022 marca o centenario do nacemento de María Casares, unha das grandes actrices do teatro do século XX. Casares, que xa se converteu en mito e símbolo do teatro galego, será recordada durante todo o ano en diversas actividades que comezan agora a súa andaina cun ciclo de conferencias e unha exposición. 
Unha vista da exposición que pode verse no CGAC até o 23 de xaneiro.
O CGAC expón obras arredor da viaxe como proceso de cambio

Un paseo polos camiños do pensamento

A segunda parte da exposición Camiños do CGAC incide no feito de camiñar, andar e pasear como unha experiencia que estimula o pensamento e que permite reinterpretar a realidade desde parámetros críticos. O paseo transfórmase nun estímulo para a reflexión, unha invitación a refrescar a mirada ante o mundo.
Unha vista da exposición sobre a Casa de Rosalía.
star
Reportaxes

Casa da Galiza: 50 anos da Casa de Rosalía

Estase a conmemorar o cincuentenario da Casa-Museo da Matanza (Padrón) pola Fundación Rosalía de Castro, que promove diversas actividades para celebrar este aniversario. Desde o 10 de novembro, está a percorrer Galiza a exposición itinerante comisariada polo deseñador Pepe Barro que, coa estrutura simbólica dunha vivenda, conta a historia da casa de Rosalía e as circunstancias que levaron á conformación da actual fundación. A mostra, localizada actualmente na alameda de Compostela até o 25 de xaneiro, desprazarase por diversas localidades ao longo do ano 2022.
Pormenor dunha das obras da exposición de Isaac Cordal en Bilbo.
O artista de Pontevedra exhibe obra recente na galería SC de Bilbao

Isaac Cordal mostra a distopía cotiá

A alienación, o individualismo, o illamento, o consumismo... Isaac Cordal mostra en Bilbao unha sociedade inquietantemente distópica que lembra o inferno en que se pode converter o capitalismo levado ao seu extremo a través dunha frase irónica e terríbel: "O teletraballo faravos libres". 
Colmeias, 2019
star
Arte

A natureza distópica de Xosé Luís Otero

Todo o traballo de Otero se basea nunha referencia orgánica que obviamente ten que ver cunha profunda identificación coa natureza, como se o artista quixese captar dela a súa pulsión, non a súa visión máis epidérmica.
Unha imaxe da exposición de Lois Cid 'Estruturas de fusión', no Pazo de San Marcos de Lugo.
Lugo expón o IX Premio Galiza de Fotografía Contemporánea

Lois Cid: arqueoloxía do presente

Cal é o legado que a nosa sociedade lle deixará as xeracións vindeiras? Unha pregunta que serviu como detonador para o proxecto Estruturas de fusión, co que o artista Lois Cid gañou o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O proxecto exponse agora en Lugo, desde onde iniciará unha itinerancia que percorrerá o país.
Unha vista da exposición na sede de Afundación en Lugo.
Unha exposición permite avaliar a evolución da súa obra gráfica

O proxecto do Castelao debuxante

A exposición Castelao grafista -na sede de Afundación en Lugo até o 31 de xaneiro- permite contemplar a evolución da obra gráfica de Castelao e, ao tempo, valorar o proxecto artístico e político que se adiviña detrás de toda a obra do rianxeiro e que a converte nun proxecto ético e estético de primeira orde. 
Visita guiada pola mostra sobre a muller. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

'Espazos roubados', unha exposición para avanzar, camiño da "revolución feminista"

A mostra da obra de Isabel Blanco, que acolle a sede da Deputación en Vigo, fecha o 7 de xaneiro. O proxecto amosa os espazos, ámbitos e profesións con menor presenza das mulleres.
A recoñecida actriz galega María Casares. (Foto: Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

As mulleres resistentes amosan o seu legado no Vello Cárcere de Lugo

A mostra homenaxea loitadoras contra o fascismo
Unha vista da exposición 'Castelao en Europa. A viaxe de 1921' no Museo de Pontevedra. (Foto: N
Exposición

A mirada de Castelao sobre Europa, no Museo de Pontevedra

O Diario 1921 de Castelao, escrito durante a súa viaxe por Europa, mostra un artista que participa do debate sobre a modernidade tentando que a Galiza non quede á marxe dos temas do seu tempo. O Museo de Pontevedra inaugurou onte unha exposición que recrea o itinerario físico e intelectual daquela viaxe. 
Vieiros, San Juan nº 38, 1998
star
Arte

Manuel Moldes: vieiros na memoria

A pintura de Manuel Moldes mostra o interese na investigación sobre a cor e a percepción visual ao tempo que expresa axitación e incerteza, un desprendemento da realidade que é tamén  unha vontade de comprendela
Miniatura das Cantigas de Santa María, asinadas por Afonso X. (Foto: Arquivo)
CULTURA

A exposición sobre Afonso X e a Galiza chega a Lugo

A Deputación e o Consello da Cultura Galega (CCG) inauguran esta quinta feira a mostra, que estará dispoñíbel na capela de Santa María. Para dar a coñecer a relación entre o monarca e o país haberá visitas guiadas e mesmo un concerto.
Obra 'Voltar', de Nuria Rodríguez Figueirido. (Foto: Nós Diario) #culturgal #museodepontevedra #deputación #voltar #novosvalores #nuriarodríguezfigueirido
CULTURA

Os Novos Valores de Pontevedra lucirán a súa arte de premio na feira Culturgal

A Deputación amplía o seu espazo museístico -será o dobre que en edicións anteriores- co gallo do evento. Así poderá expoñer as obras gañadoras do certames Novos Valores de 2019 e 2020.
Lope de Vega, 35, de Quintana Martelo. (Foto Colección particular)
O MARCO de Vigo expón a serie 'Containers' do artista compostelán

Quintana Martelo e as ruínas do futuro

Quintana Martelo traballa desde 2021 nunha serie, Containers, que toma como motivo os colectores que atopa nas rúas das cidades que visita. Unha mirada sobre os restos das urbes, antes vistas como emblema da modernidade. A serie, practicamente inédita, pode verse agora no MARCO de Vigo. 
Unha das obras de Colmeiro que se poden ver na exposición da Casa das Artes de Vigo. (Foto: Cedida)
O neoclasicismo e o rexeitamento do totalitarismo na arte do exilio

Humanismo antifascista na arte galega

A exposición Un humanismo moderno, que se pode ver agora en Vigo, desvela como o clasicismo plástico das décadas de 1930 e 1940 serviu de vehículo aos artistas do exilio galego para expresar un enérxico rexeitamento ás ditaduras fascistas que asolaban Europa. O neoclasicismo de Picasso serviu de detonador. 
Unha fotografía da serie 'En verso libre', de Verónica Vicente.
star
CULTURA

Identidade e crítica na arte galega máis actual

Diego Vites resultou gañador, coa instalación Rosa, da duodécima edición dos Premios Auditorio de Galiza para Novos Artistas. A obra forma parte do conxunto de trinta propostas seleccionadas e expostas nun certame que marca o paso na evolución das artes. 
Lodeiror investigaba elementos comunicativos cos que transmitir estados de ánimo.
star
CULTURA

A pintura de Lodeiro reivindica o seu lugar

No vixésimo quinto aniversario do seu pasamento, dúas exposicións reivindican a figura de Lodeiro, vítima dun certo esquecemento académico e crítico que non lle fai xustiza á súa obra. 
 
Jorge Barbi, 'Hibernáculo. Recipiente para ausentarse', 1993. © Jorge Barbi, VEGAP.
star
Repensar a sociedade a través da arte

Arte para despois dunha pandemia

A Fundación Barrié inaugura o vindeiro 7 de outubro unha exposición xestada durante o confinamento que indaga na forza da vulnerabilidade como cerna da natureza humana. 
Unha vista da exposición 'Complexo Colosso'.
Reflexiona sobre as representacións do pasado na Galiza e Portugal

O enigma do Coloso que fascionou aos membros das Irmandades da Fala

Unha exposición en Guimarães reflexiona sobre o enigma dunha escultura, supostamente castrexa, que ocupou o pensamento dos nacionalistas de principios de século. Risco, Bouza Brey ou Cuevillas esforzáronse en lexitimar o achado do Coloso de Pedralva, unha figura que aínda mantén o misterio que a rodea.