exposición

Unha das obras na exposición 'Lonxe, América' no CGAC.
Retrospectiva do artista arxentino de orixe galega no CGAC

David Lamelas: sinalar unha árbore

O CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, expón até o 3 de outubro unha retrospectiva de David Lamelas, artista arxentino de orixe galega que se converteu, a finais da década de 1960, nun dos máis conspicuos representantes da arte conceptual e nun dos seus máis recoñecidos referentes a nivel internacional. 
A exposición inaugúrase este xoves en Pontevedra.
CULTURA

A exposición 'Mulleres. Entre Renoir e Sorolla' inaugúrase este xoves no Museo Provincial de Pontevedra

A mostra incluirá tamén obras de Casas, Rusiñol ou Nonell e poderá visitarse até o 17 de outubro

Unha imaxe da exposición. Foto: Olalla Lojo
star
Exposición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Din Matamoro: "A luz, non a cor"

O día 4 de xuño, inaugurouse unha mostra do pintor Din Matamoro no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Baixo o título de "A mirada acesa", o coautor do álbum ilustrado Mondas (con María Infantes, Euseino? Editores, 2019) achéganos unha escolla das obras que realizou durante os últimos anos. Sinalan Miguel Fernández Cid e Pilar Souto Soto, encargados da exposición, que a pintura aparece nela como "materia viva". Así e todo, neste artigo, Carlos Lema achégase á obra de Matamoro prescindindo desa diferenza entre materia viva e materia inerte ao considerar a obra pictórica sen dependencia ningunha respecto da mente nin da mirada do suxeito. A obra como obxecto con existencia de seu.
EuropaPress_3804748_lectura_manifiesto_favor_personas_migrantes_presentacion_exposicion_mira
SOCIAL

Mostra de homenaxe ás refuxiadas en Compostela

Inaugúrase en Santiago a mostra Mira con outros ollos, que os pasados días 19 e 20 sufriu ataques vandálicos que danaron sete paneis expositivos.
Cynthia Gutiérrez, Gloria esquecida, 2012. (Foto: Cidade da Cultura)
star
Arte

A colección Rac de arte contemporánea

No día de onte decorreron dúas visitas guiadas á exposición. (Foto: Concello de Pontevedra)
star
A revolución da música galega do século XXI, nunha exposición

Pepe Cunha: "A xente nova ten unha formación espectacular e non analizar e potenciar as súas propostas é un erro”

Até finais de maio pode verse na Praza de Ourense de Pontevedra "Cantámola en galego. A canción en galego no século XXI", unha exposición que lle dá visibilidade á música cantada en galego en diferentes estilos. A exposición, organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística e Xuventude de Pontevedra e comisariada polo crítico musical Pepe Cunha e pola xornalista Teresa Cuíñas, combina paneis explicativos con listaxes de reprodución en Spotify e de vídeos en YouTube aos que se pode acceder a través dun código QR. 
Un momento da inauguración da mostra. (Foto: Deputación de Pontevedra)
MEMORIA E HISTORIA

A 'Xeración Nós' está de regreso en Pontevedra

"Non se entende a ‘Xeración Nós’ sen espazos desta cidade", afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, na inauguración da mostra 'Galiza, de Nós a nós' que estará aberta até o 11 de xullo no edificio Castelao do Museo provincial.

canta
Exposición

Hai ou non hai cancións abondas en galego? En Pontevedra sábeno!

Laiármonos de que non haxa cancións suficientes en lingua galega é cousa do século pasado. Pontevedra amosa a enorme diversidade musical no idioma propio da Galiza cunha exposición que pode visitarse todo este mes de maio na praza de Ourense.

Unha das imaxes da exposición 'Ocupar un corpo' da artista Deebo Barreiro. (Foto: Cedida)
CULTURA

"Ocupar un corpo", unha proposta artística para calmar os impulsos de vouyerismo

A Sala Alterarte, situada no Campus Universitario de Ourense, fornece unha aventura expositiva que entra na intimidade dos corpos. A mostra, que forma parte da cuarta edición do proxecto 'Estado Crítico. 12 Curador*s e 12 Artistas', que dirixe Xosé Manuel Buxán Bran e está a cargo do 'curador' Vítor Nieves, nace da creatividade da artista Deebo Barreiro.

Un aspecto da instalación de Mar Vicente 'A sombra é a raíña da cor'.
O Marco de Vigo reabre as súas salas principais coa exposición '4 proxectos'

Miradas para (re)descubrir a realidade

Catro proxectos de cinco artistas da Galiza son os encargados de reabrir as salas da planta principal do Marco de Vigo, que permanecían fechadas desde o comezo da pandemia. 4 proxectos é unha mostra que responde a un desafío: expor obras que dialoguen coa peculiar arquitectura do museo, organizada segundo os principios do panóptico. A resposta é un proxecto expositivo que nos propón diferentes formas de mirar a realidade e permiten descubrir perspectivas inéditas.
 
Mar Vicente, 'Truncado' e 'Truncado II', 2012.
star
Arte

"Entre dous séculos". Tres décadas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

A exposición Cultivar incertezas: Reformular o espazo/conmocionar a mirada escolma a obra de 30 artistas saídos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra nos últimos 30 anos.
Oliveros cun Buchla, un instrumento electrónico.
star
Música

Pauline Oliveros no CGAC: o silencio como meta

Unha exposición no CGAC repasa a traxectoria de Pauline Oliveros, unha figura fundamental na vangarda sonora do século XX:
As obras de Pérez-Jofre rexistran tramas dos diferentes deseños de beirarrúas da cidade de Vigo.
A exposición 'No chan' de Pérez-Jofre reflexiona sobre paisaxe e organización urbana

A cidade vista desde o chan

A Fundación Laxeiro vén de inaugurar unha mostra individual de Ignacio Pérez-Jofre, 'No chan', que retoma o concepto de 'deriva' do filósofo situacionista Guy Debord para mostrar outra forma de ver a cidade de Vigo. Un traballo realizado mediante a adhesión da sucidade do chan urbano amósase, a un tempo, poético e revelador.

PERIANES.OBRA1
Exposición

Lois Patiño e Jorge Periannes, dúas olladas sobre as paredes da Casa do Cabildo

O misterio, ese algo máis alá do material que suxire tamén moitas veces o engano visual, é o pretexto que vencella os traballos de Lois Patiño (Vigo, 1983) e Jorge Periannes (Ourense, 1974), xuntos en 'Dobre Quadratura'. A mostra xa pode volver visitarse na Casa do Cabildo, en Compostela, espazo central nas pezas. 
ssssaaaaaaaaa
CULTURA

Os instrumentos medievais de Centrad nunha mostra itinerante

Sete instrumentos medievais feitos polo Centro de Artesanía e Deseño estarán nunha mostra itinerante.
Unha das imaxes do Entroido dentro do proxecto 'Encarnados'. (Foto: Tono Arias)
star
CULTURA

O Entroido máis doméstico xa tiña imaxes

A senlleira ollada do Entroido do fotógrafo Tono Arias, que condensa máis dunha década de traballo arredor da festa, semella hoxe case premonitoria nalgunhas das súas imaxes, que xogaban cos espazos domésticos. Mais tamén poden ser un bo bálsamo para a nostalxia destes días. Agrupadas en varias series, o seu labor en 'DesXeo' foi candidato ao mellor libro do ano no festival de Arlés, en Francia, país onde expuxo no Museo de Fotografía de Lille, pasando tamén por Barcelona, no marco do Fòrum Fotogràfic Can Basté. 
Un panel da mostra. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A mostra de Carvalho da Deputación da Coruña comeza a súa itinerancia

Logo de Ferrol o e A Coruña pasará a continuación por Carballo
A maior peculiaridade desta exposición é que non é necesario entrar no pavillón para admirar os obxectos e recordos expostos. (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

50 anos de resiliencia polideportiva no Pazo de Riazor

Criticado no seu momento por destruír as vistas ao mar do campo de fútbol, co tempo o Pazo dos Deportes de Riazor erixiuse nun recinto mítico para o deporte -e a cultura- da Galiza, acumulando xa unha traxectoria de 50 anos que hoxe se percorre nunha peculiar exposición exterior adaptada ás circunstancias actuais.
Miniatura das Cantigas de Santa María.
CULTURA

A face máis humana de Afonso X

O Consello da Cultura inaugura mañá unha mostra en Compostela

Sen título