exposición

'Noite anoada!', mezzotinta de Yolanda Carbajales.
CULTURA

'Á procura de luz', unha mostra dos gravados de Yolanda Carbajales

Inaugúrase mañá en Compostela, no Pazo de Fonseca, até 20 de febreiro.
Detalle do cartel (Foto: Concello de Sada)
MEMORIA E HISTORIA

Meirás antes de Franco: unha exposición recolle os usos previos do pazo

Inaugúrase hoxe en Sada, baixo o título '[es]pazo Meirás'.
Miradoiro da Pedra da Ra (Ribeira). (Foto: Ana Amado).
star
Reportaxes

Carlos Seoane: rehabilitando lugares

Georges Perec escribiu un breve texto, Tentativa de esgotamento dun lugar parisiense, onde narraba os acontecementos cotiáns. Describiu pormenorizadamente o que acontecía nun instante nunha praza, falaba sobre actos nos que ninguén reparaba. Os espazos públicos, rúas e parques, o que está baixo os pés, tamén ten importancia. As últimas obras de Seoane están orientadas a recuperar lugares para a cidadanía e o uso diario. Obras que pasan desapercibidas.
O obra do artista parte dunha meditación sobre o medio natural. (Foto: Nós Diario).
star
Arte

Man de Camelle: o mundo é un xardín á beira do mar

Recuperada unha (relativa) normalidade expositiva achegámonos a unha mostra ben singular, a dedicada a Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936 - Camariñas, 2002), Man de Camelle, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
384 Arte
star
Arte

Da paisaxe como dominio da natureza

A obra de Christian Villamide (Lugo, 1966) chama a atención pola linguaxe plástica e visual multidisciplinar, mais sempre estas formas están rexidas na súa concreción por unha vontade e unha análise conceptual. 
380 Arte
star
Arte

A biblia kennicott, un tesouro galego en oxford

Na mostra Galicia, un relato no mundo, que se pode visitar na Cidade da Cultura, sobrancea a presenza dun manuscrito excepcional que é, para alén do seu valor artístico, o máis relevante testemuño da vitalidade das comunidades xudías na Galiza medieval, poboacións espalladas por todo o territorio galego, vivindo illadas ou formando núcleos organizados. 
Daniel Río Rubal, máis coñecido como Caxigueiro, cunha peza da exposición 'A métrica do ilusionismo'.
CULTURA

Caxigueiro alén da arxila: ampliar rexistros sen perder a cerna social

A retrospectiva de Caxigueiro que acollía o Museo de Lugo o pasado ano baixo o título 'A métrica do ilusionismo' deixa pegada nun catálogo que se presenta hoxe ás 12 horas na propia institución. A publicación dá conta da exploración de novos formatos sen perder de vista a perspectiva social que caracteriza o artista.
Mostra MMM (Foto de Val Miñor TV)
SOCIAL

O PP de Baiona esixe a retirada dunha exposición feminista: “En nada beneficia ás mulleres”

A Marcha Mundial das Mulleres, que coorganiza a mostra Corpos, feminismos e territorios, que se exhibe na entrada ao Concello, denuncia “censura”.

pilarbonjoch
A artista plástica mostra a súa obra, este mes, na Casa da Cultura de Sada

Pilar Bonjoch: "As acuarelas están moi arroupadas e nelas está presente a miña faceta como escenógrafa"

Filla dunha betanceira e dun catalán e criada na Coruña, leva desde o comezo do ano 2000 vivindo e inspirándose en Sada. Asegura que desde que ten uso de razón sentiu atracción pola pintura e polas cores e iso levouna a matricularse na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, especializándose en Cerámica e Deseño de Interiores. Na súa estancia na escola, xa nai de dous nenos, non desaproveitou ningún dos monográficos que se ofertaban até o momento no que xorde a oportunidade de facer a súa primeira mostra en América do Sur. Agora, a súa obra está exposta, até o vindeiro 29 de outubro, na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. 
Alberto Núñez Feixóo e outras autoridades na inauguración [EP].
Exposición

Inaugurada a mostra máis completa da Xeración Nós

Feixoo enxalzou "o galeguismo de concordia" da Xeración Nós.
María Xosé Queizán (Imaxe: Santos Díez)
Exposición

A irreverente obra plástica de María Xosé Queizán

A escrita de María Xosé Queizán é ben recoñecida en novelas como 'A orella no buraco', 'A semellanza' ou 'Sentinela, alerta!', para alén das achegas noutros xéneros como a poesía e o ensaio. Porén, agora temos a oportunidade de descubrir outra face da autora que ten a ver coas artes plásticas. A exposición 'Materiais para pensar, gozar e profanar' está en Vigo, na sala Rosalía de Castro da sede da Deputación de Pontevedra até 29 de outubro

Carta aberta... a non sei quen

As Mariscadoras_luis seoane_1969
Arte

A Fundación Luis Seoane inaugura o domingo a exposición 'Escóitasme?'

A mostra é froito dun reto de creación lanzado pola entidade no confinamento, pensado para público infantil e familias.
Inauguracion-exposicion-Xesus-Carballido-25
A mostra permanecerá aberta até o 1 de novembro

Vigo enche o seu Museo do Mar coas colaxes de Xesús Carballido

Seica, como sempre nomea Carballido as súas mostras, está conformada por case un cento de pezas, na súa maior parte colaxes, a especialidade do autor, pero tamén hai ensamblaxes e outros obxectos.
Ilustración da cidade da Coruña
no século XVII.
Exposición

A Coruña nas expedicións transoceánicas, a oportunidade perdida no comercio de especias

A mostra Inventio Mundi vén de arribar á Coruña, unha das grandes protagonistas desta exposición que propón un percorrido tras a pegada galega nas expedicións transoceánicas, de finais do século XV a comezos do XVII. Unha oportunidade para descubrir un deses recunchos agochados da nosa historia e a relevancia que portos como o da cidade herculina tamén tiveron no comercio de especias, hoxe totalmente descoñecidas para o público xeral.

Imaxe do Arquivo Xosé Vidal
Cultura

Vinte e catro mulleres poetas constrúen sobre imaxes de arquivo a "memoria do futuro"

Unha mostra baseada en fotografías do fondo de Xosé Vidal que dialogan con versos contemporáneos
Maruxa Seoane (Imaxe: Fundación Luís Seoane).
CULTURA

Unha mostra e un documental retratan Maruxa Seoane na Fundación Granell

O Museo de Pontevedra ofrece visitas guiadas virtuais nas segundas feiras
A Fundación Carlos Casares é a promotora desta iniciativa cultural (Foto: Concello de Carral).
CULTURA

Carral analiza a pegada da cultura galega en Escandinavia

A mostra foi inaugurada inicialmente o 10 de marzo e logo suspendida a causa do coronavirus, e poderá visitarse até o vindeiro día 12 de xullo.
Retrato de Maruxa Seoane.
Cultura

Un libro pon en valor a figura de María Elvira Fernández López

Preséntase 17 de xuño na sede da Fundación Seoane
Detalle da capa da revista 'Nós'.
Cultura

A mostra máis completa da Xeración Nós chegará en outubro ao Gaiás

A segunda grande exposición do Xacobeo 2021 chegará en outubro deste ano, logo de ser adiada por mor da COVID-19. O Gaiás acollerá 'Galicia, de Nós a nós', unha mostra centrada na importancia da xeración Nós e da xa centenaria revista na comprensión da identidade galega nos nosos días.