“O pensamento e a escrita e a arte son sobre todo un exercicio de sentido do humor”
Extraordinario (Galaxia, 2018) é unha historia de emancipación. De opresión e liberdade. De identidades sufocadas e ningún medo a voar. O relato en primeira persoa da construción dunha vida non dominada. A novela que lle valeu a Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) o premio Narrativa Breve Repsol tamén se pode ler, explica o autor, “como un longo poema en prosa”. Que, dalgunha maneira, engade, arremeda o conto do parrulo feo. “Subxace a cuestión do monstro”, afirma a Sermos Galiza, “porque o monstro tamén é extraordinario, aquilo que non encaixa na idea obvia de normalidade. O artista, por exemplo”. Fundador da editorial de poesía Chan da Pólvora hai case tres anos, poeta, performer, as estratexias artísticas de Lopo non respectan ningunha fronteira. Eis un extracto da entrevista publicada no número 332 de Sermos Galiza.
O pleno da Deputación de Ourense aproba a reprobación dun Baltar ausente
Na sesión, de carácter extraordinario, os grupos da oposición reclamaron a demisión do presidente provincial pola denuncia que o acusa de ofrecer traballo a cambio de sexo.
BNG e AGE solicitan un pleno extraordinario para abordar a vaga de incendios
Exixen a reunión da Deputación Permanente e a comparecencia do presidente da Xunta. No que vai de ano arderon máis de 6 mil hectáreas na Galiza.
O goberno aprobou 4.438 millóns para 'gastos extraordinarios' en armamento
Un real decreto concede un crédito extraordinario ao Ministerio para atender o pagamento de ‘obrigas pendentes’, nomeadamente Programas Especiais de Armamento (PEAs), que foron activados en 1997 polo goberno de Aznar.
A oposición solicita un pleno extraordinario en Baralla para pedir a demisión do alcalde
BNG e PSdeG exixirán a demisión de Manuel González Capón polas súas declaracións en que xustificou as condenas a morte no franquismo. "Os que foron condenados a morte será porque o merecían" afirmou o alcade do PP
O Bloque exixe que se celebre un Pleno extraordinario após a decisión da Comisión europea
@s nacionalistas valoran, asemade, iniciar unha "acampada perante o Parlamento europeo" en protesta pola decisión comunitaria