SOCIAL
A valedora lembra á Xunta que debe responder sobre a ausencia de visitas á Casa Cornide
03/xul./24
A consideración de BIC determina a súa apertura ao público xeral para visitas.
Os herdeiros do ditador deberían ter permitido un réxime de visitas ao palacete xa desde maio de 2021, momento en que se incoou o expediente de declaración como BIC
Se a Xunta da Galiza non actúa con urxencia, a familia Franco pode retirar case 400 bens inventariados pola Xunta e non reclamados polo Estado, segundo advertiu o BNG no Parlamento galego.