Felipe Senén

pico sagro
CULTURA

O ‘Alba de Gloria’ de Castelao volve ao Pico Sacro nas vésperas do Día da Patria Galega

O vindeiro 20 de xullo o Alba de Gloria de Daniel Castelao retorna ao Pico Sacro. O acto organizado un ano máis pola Agrupación Cultural O Galo e a Asociación Cultural Vagalumes conta este ano coa intervención de Felipe Senén.

Felipe Senén López (Foto: Laura Barcala).
Entrevista

Felipe Senén: "Reivindico o ser humano como célula fundamental da creatividade, que era a mensaxe da Xeración Nós"

O investigador e colaborador de ‘Nós Diario’ recibiu este domingo o Premio Freire Carril 2024, que lle foi entregado pola súa extensa traxectoria como arqueólogo e director do Museo Arqueolóxico da Coruña pola Asociación Agromadas, da parroquia ourensá de Seixalbo, que distingue cada ano ás entidades ou persoas que na Galiza desenvolven labores a favor da comunidade social e que abarca os aspectos referidos á participación na vida comunitaria, a profundar na democracia e na vida cultural galega.

Pinturas inéditas de Felipe-Senén realizadas para 'Nós Diario' sobre a conmemoración do San Xoán.
CULTURA

San Xoán, a encrucillada de lume, auga, terra, aire... e polo medio as sardiñas

O verbo latino “trado” significa pasar, transmitir e del deriva a verba tradición, como algo que transita, vai recollendo e quizais perdendo, como unha espiral en devalar, na que prende o que enriquece como o que degrada. E sempre cunha orixe, cun pouso singular. Tempo do San Xoán no que coinciden moitas tradicións... e na Galiza, a que ten de símbolo a nacarada vieira do renacer, dos bautizos, de radios converxentes e diverxentes, moito máis.
José Martínez-Romero Gandos. (Foto: S. Amado)
CULTURA

Pilar Jeremías e José Martínez-Romero, premio Pedra do Destino por difundir a obra de Luís Seoane na Arxentina

A asociación Amigos dos Museos da Galiza deu a coñecer o Premio Pedra do Destino 2024 que nesta edición recoñece o traballo de difundir o patrimonio cultural galego na Arxentina.

Foto de familia durante o acto institucional do Día das Artes Galegas. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A significación intemporal do simbolismo de Francisco Asorei, protagonista do Día das Artes Galegas 2024

A Real Academia Galega de Belas Artes homenaxeou en Cambados (O Salnés) o "escultor do espírito", de quen gabou a súa mestría escultórica cos materiais da terra, a madeira e a pedra.

'A Santa', facsímil da Biblia hebrea, facsímil do Códice de Tudela, diadema céltico de Ribadeo, Abraham e Mateo, torques no British Museum. (Fotos: Nós Diario)
CULTURA

O patrimonio cultural galego, o grande ausente nos museos da Galiza

Innumerábeis pezas do país atópanse expostas en museos foráneos.
A coñecida como 'Casa Barroca de Combarro' en Poio (comarca de Pontevedra), cuxa titularidade está en disputa. (Foto: José Alberto)
SOCIAL

Unha familia aprópiase en Combarro dun inmóbel histórico do erario público

A Casa Barroca estaba destinada a ser o 'Museo de Artes e Costumes'.
O escritor e crítico de cinema Miguel Anxo Fernández. (Foto: Dunia Álvarez)
star
Reportaxes

Miguel Anxo Fernández: o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo

Algunhas cancións de Aute poden servir de banda sonora da película de moitas vidas, quedámonos aquí con aquela de "Cine, cine, cine, más cine por favor"... reivindicación da sétima arte, a que vencella a todas as artes. Capítulo do cine que non é alleo á historia do Carballiño, patria de Isaac Fraga, así como de moitos que fomos educados entre templos sacros a profanos, de catequeses e misas pola mañá a sesión continuas de cine pola tarde.
O arqueólogo Felipe-Senén López Gómez no castro de San Cibrao de Las (Foto: Laura Barcala).
CULTURA

Felipe Senén, Rosa Castro e GCiencia recibirán o premio Lois Peña Novo

O xurado salientou, no caso de Felipe Senén, a traxectoria dun home que ten dedicado toda a súa vida á creación, investigación e divulgación das tradicións e da cultura do país.
O arqueólogo Felipe-Senén López Gómez no castro de San Cibrao de Las (Foto: Laura Barcala).
CULTURA

'Nós Diario' achega 'Eira das mouras', para saber máis sobre a cultura galega

O novo libro acompaña este sábado o xornal e o 'Sermos Galiza'.
Cruceiro tradicional galego utilizado como un 'poste da luz' no Carballiño (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

O drama da desprotección do patrimonio cultural tradicional galego

O arqueólogo e escritor Felipe Senén atendeu 'Nós Diario' para tratar esta problemática que afecta innúmeros puntos do país.
grupo brais pinto
CULTURA

A Fundación Insua dos Poetas homenaxea ao grupo Brais Pinto

A Fundación Insua dos Poetas celebrou na mañá deste sábado 16 de xullo a súa tradicional Festa da Palabra. O acto, promovido pola entidade presidida polo poeta Luís González Tosar, serviu para homenaxear ao grupo Brais Pinto e premiar a diversas iniciativas culturais e personalidades galegas.

Adulterar o plan do 'Museo Valle-Inclán' da Pobra, entre outras chapuzas

Aqueles sitios e museos literarios visitados por Manuel María

Alumeado de Nadal en Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

As panxoliñas, unha tradición que na Galiza se remonta ás cantigas de escarnio

Os expertos defenden distintas orixes dos vilancicos no país.

Sobre o 'Cantigueiro de Orcellón'

Castro de San Cibrao das Las (Foto: Laura Barcala)
CULTURA

Un audiovisual para descubrir os segredos que agochan os castros galegos

Felipe-Senén López Gómez protagoniza este documental de Nós Diario producido arredor do coleccionábel Confín dos verdes castros e valeroso clan! que trata sobre a historia e cultura dos castros da Galiza.

Castro de Baroña, en Porto do Son
CULTURA

Coñecendo o mundo castrexo

Comeza o coleccionábel de 'Nós Diario' para o mes de xuño.
Reconstrucción hipotética dun castro. (Foto: Cedida) #castro #castros #confíndosverdescastrosevalerosoclan #felipesenén #coleccionábel
star
CULTURA

Internarse no espírito do "Confín dos verdes castros"

Os castros, singulares fortificacións do noroeste de Iberia, nalgún caso cunha orixe que se perde no Calcolítico (Idade do Cobre) con expansión na minaría e na metalurxia do ferro para finalmente ser romanizados, tiveron como resultado unha singular mestizaxe cultural. Asentamentos que inzan un amplo territorio que a administración romana constituíu como Gallaecia. Estudos que artellan as terras do Douro, Asturias, León e o reduto que seguimos a chamar Galiza e que abranguen o aproveitamento do medio, a estratexia, as relacións, a economía, a milicia, os artefactos, a vida, as crenzas e os ritos, mesmo a aculturación sufrida polo impacto da romanización.
Felipe-Senén, no castro de San Cibrao de Las. (Foto: Laura Barcala) #felipesenén #castros #castro #sancibraodelas #coleccionábel #confíndosverdescastrosevalerosoclan! #nósdiario #galiza
Coordinador do coleccionábel "Confín dos verdes castros e valeroso clan!"

Felipe-Senén: "Nin a celtofilia nin a celtofobia axudan: Galiza é vértice que emproa ao Atlántico"

Felipe-Senén López Gómez (O Carballiño, 1948) coordina o novo coleccionábel que lanza 'Nós Diario' esta terza feira, 1 de xuño, ao redor dos castros baixo o título "Confín dos verdes castros e valeroso clan!", tomando prestada parte da letra do himno nacional, de Eduardo Pondal. Con motivo da publicación, de 18 entregas, de terza a sexta feira, conversamos co arqueólogo e museólogo sobre os castros e a cultura castrexa.