feminismo

CIS e outras ideoloxías

O aparente e o importante

recurso xente na rúa (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Enquisa do CIS: case a metade dos homes afirman sentirse "discriminados" polas políticas de igualdade

Sobre a afirmación "critícase máis a unha muller cunha vida sexual activa que a un home", un 87,2% das mulleres están de acordo con iso e un 76,2% de homes tamén. A enquisa tamén mostra que 84,9% dos enquisados cre que pagar por manter relacións sexuais é máis propio dos homes, e o mesmo ocorre coa pornografía (66,5%).
Alice Wonder no Teatro Colón. (Foto: María Simón)
CULTURA

Elas son Artistas consolídase como referente da igualdade na cultura

Perto de catro mil asistentes visitaron os oito concellos da área metropolitana da Coruña para gozar dun vibrante escenario cun gran elenco de artistas femininas.

Dolores Ibárruri, 'A Pasionaria', con Jesusa Prado (Foto: Álbum da Galiza).
star
SOCIAL

Mulleres valiosas que nos precederon

Lola Varela é profesora experta en coeducación.
González e López, esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)
Agora

A Deputación da Coruña financia investigacións feministas na USC

A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, asinou esta quinta feira un convenio co reitor da USC, Antonio López, par aa colaboración entre ambas institucións na programación de actividades do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas (Cifex) –que investiga cuestións específicas referidas ás relacións de xénero–, subvencionada pola Deputación nun 70%, cun investimento de 35.000 euros.

Lola Ferreiro

Mulleres nun obradoiro de costura. Detalle dunha das imaxes da mostra 'Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo'. (Foto: Xunta da Galiza)
star
Análise

Mulleres e tolas: a saúde mental das mulleres

Lola Varela é profesora experta en coeducación.
A médica, psiquiatra e feminista Lola Ferreiro. (Foto: Nós Diario)
Obituario

Falece Lola Ferreiro, psiquiatra que denunciou o androcentrismo na medicina

Á última hora da segunda feira, 11 de decembro, coñecíase a morte da médica Lola Ferreiro, toda unha referente no feminismo galego e quen se afanou en denunciar o androcentrismo na medicina.

Manifestación en Vigo o pasado 25 de novembro (Foto: Adrián Irago / Europa Press).
star
Análise

Liberación nacional e soberanía en chave feminista

Ximena González é militante da Marcha Mundial das Mulleres.

Judith

Novo convenio no baloncesto feminino, (Foto: Europa Press).
DEPORTES

O novo convenio colectivo do baloncesto feminino eleva os salarios... até os 16.000 euros brutos.

A sinatura do acordo tivo lugar onte na sede do CSD.
Na máxima categoría estatal, onde será de aplicación este acordo, militan Ensino de Lugo (na imaxe, de vermello), Celta e Ferrol. (Foto: Durán Maquinaria Ensino).
DEPORTES

O baloncesto dá un paso cara á igualdade cun novo convenio colectivo

A sinatura dun acordo que afecta as xogadoras de Ensino, Baxi Ferrol e Celta terá lugar esta quinta feira na sede do Consello Superior de Deportes. 
Ilustración co nome das partes da bicicleta. (Imaxe: Catro Ventos)
star
CULTURA

As bicicletas si son para Galiza: usuarias pulan por recuperar a súa presenza no país

Desde a faceta técnica até a realidade da bicicleta no noso territorio pasando pola súa relación co ecofeminismo, o libro 'As bicicletas si son para Galicia' trata de facilitar e impulsar o seu uso no país, incluíndo diversas propostas para incrementalo.
Rolda de prensa da Plataforma Feminista de Lugo, hoxe. (Foto: Europa Press)
25-N

Feministas chaman a denunciar os "silencios cómplices" da violencia machista

"Lembremos o caso da nena de Baleira que estivo desde os 7 aos 13 anos violada pola súa familia nun pobo. Como é posíbel que se cubrise con silencios cómplices tal barbaridade?", cuestionan desde a Plataforma Feminista de Lugo.
Xosé Cabido (Foto: Ena Barbazán)
25-N | Entrevista

Xosé Cabido: "Se os homes reproducimos o modelo patriarcal, estamos colaborando con aqueles que fan dano ás mulleres"

Xosé Cabido Pérez é profesor de Filosofía e impulsor de obradoiros de igualdade dirixidos a rapaces. Nestas charlas aborda cuestións como o feminismo, o machismo e a sexualidade, facendo fincapé na importancia de formar en igualdade.
8M 2
star
Reportaxes

Previr as violencias machistas desde as aulas

A violencia de xénero é un problema global que se debe previr coa coeducación desde idades temperás. Á hora de abordar este asunto, cómpre sinalar o aumento da violencia sexual na adolescencia e a falta de recursos para combater as actitudes misóxinas, que van en aumento, especialmente o papel da 'manosfera' na propagación de discursos antifeministas. Malia os desafíos, destaca a necesidade de esforzos coordinados e a esperanza en iniciativas educativas como Comando Igualdade.
Manifestación en Vigo polo 25-N o ano pasado (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
25-N

Estas son as mobilizacións convocadas polo feminismo galego para o 25-N

Cidades e vilas de todo o país acollerán numerosas manifestacións e concnetracións.
Manifestación do Día Internacional contra a Violencia Machista, o 25-N de 2022 en Vigo.  (Foto: Javier Vázquez-Europa Press)
star
Reportaxes

Desigualdade e violencia: feminismo tamén no ámbito laboral

Hoxe, e cada 25 de novembro desde 1960, o feminismo denuncia a persistencia das violencias machistas que impiden que as mulleres teñan unha vida digna e libre. Porén, aínda que estamos ante unha data asumida polas institucións, non se están poñendo todos os medios necesarios para pórlle freo á violencia machista, ferramenta do sistema patriarcal que somete as mulleres. Mostra disto é a persistencia, aínda a día de hoxe, de desigualdades no ámbito laboral, algo patente, por exemplo, na existencia de diferenzas salariais entre homes e mulleres. 
08-11-2023 María Reimóndez-6
star
Entrevistas

María Reimóndez, a púxil do feminismo

Como o seu alter ego en Furia (novela gañadora do Premio Jules Verne de literatura xuvenil da editorial Xerais), María Reimóndez (Lugo, 1975) sobe ao ring para defender o feminismo en posición de garda e disposta sempre a asestar un golpe a calquera discurso patriarcal, así veña de supostos referentes na materia ou de críticos dun sistema literario que, non ten dúbida, merece maior consideración da Administración galega. Unha Administración, denuncia, que actúa "en contra da lingua".