Adiado até 2 de setembro o Festival de Cans
Cans, entre pantallas, galpóns e chimpíns
Cans fai 16 anos. O festival de cinema talvez máis popular de Galiza acollerá entre o 22 e o 25 de maio na parroquia do Porriño cineastas de seis países, músicas de diversa pelaxe, artistas de probada solvencia e filmes de pequeno formato e gran ambición até 152. A súa singular paisaxe de chimpíns, galpóns, famosas en roupa de ir á leira, actores despistados e público de toda a parte dáse por segura.
A videopoesía perplexa de Antón Reixa
De quen é a culpa de que o cadáver saia movido na foto? A que soa un reggaeton sinfónico? É o sampler o mecanismo axeitado para escribir o século XXI? Que contén, a estas alturas, o submarino ruso Kursk, afundido en 2000? A poesía serve tamén á hora de procurar respostas a preguntas difíciles. Sábeo Antón Reixa (Vigo, 1957) e a iso dedica a súa nova proposta, Melancoholemia. Vida de Lonsome Mamarracho – Persoa, que se estreará no Festival de Cans.
A versión cinematográfica de 'Eroski Paraíso' de Chévere abrirá Cans
Dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, a versión cinematográfica de Eroski Paraíso, a celebrada obra teatral de Chévere, abrirá o Festival de Cans. Será a súa estrea mundial o 23 de maio. “Que a primicia de Eroski Paraíso sexa en Cans, con xente tan vinculada ao festival como Ron, Coira ou Chévere, é moi emotivo”, explicou o director do certame, Alfonso Pato.
O Festival de Cans fai quince anos ampliando a súa programación infantil
O festival de curtametraxes de produción galega chega á súa 15ª edición reforzando o seu abano de actividades dirixidas ás crianzas. Desde o ano 2004 o Festival de Cans converte durante catro días as adegas, alpendres, galpóns e cubertos desta parroquia de O Porriño en salas de proxección improvisadas.
Un Cans protagonizado por Montxo Armendariz que lembra os 15 anos do Prestige
Mañá cuarta feira comeza a décimo cuarta edición do Festival de Cans, a máis popular das citas co cinema deste país, que é moito máis que un festival audiovisual, no que a presenza da música e doutras artes é fundamental.
Agadic chega a un acordo con Cans e o resto dos festivais
Por problemas de tipo informático na tramitación nin Cans nin outros catro festivais de cinema puideran conseguir as axudas destinadas a esta cuestión. Pero agora veñen de acadar un acordo coa Administración.
AGADIC responde con datos técnicos aos festivais de cinema
Logo da denuncia pública efectuada polo Festival de Cans de que cinco festivais de cinema quedaran fóra das axudas públicas, o organismo público responde con argumentos de caste administrativa.
A Xunta deixa fóra das axudas a festivais a Cans, Cineuropa e Curtocircuíto, entre outros
Seguen os problemas administrativos en AGADIC. Despois do acontecido co CDG, o Festival de Cans vén de denunciar que ficou sen axudas deste organismo da Xunta, ao igual que outros catro festivais: Curtocircuíto e Cineuropa de Compostela, Freakemacine da Coruña e Primavera do Cine de Vigo.
Cans premia a Miguel de Lira, Jorge Coira e Feliciano Bernárdez
O actor leva o Premio Pedigree; e o Chimpín de Prata (Premio Pepe Puime) vai para Jorge Coira e Feliciano Bernárdez.
Mercedes Peón e Iván Ferreiro encabezan o cartel de Cans
Con maio chega a edición máis multidisciplinar do Festival de Cans, con danza, gastronomía, literatura, humor gráfico ou videoperformance, ademais de filmes e música como vén sendo habitual. E tamén 'Canstelao en chimpín'.
Os Diplomáticos celebran as vodas de prata no Festival de Cans
Os de Montealto celebrarán en Cans os 25 anos da publicación do seu primeiro disco, Arroutada pangalaica, no torreiro dun festival que tamén acollerá concertos de Novedades Carmiña e moitos máis.
Emma Lustres, Premio Pedigree de Cans
O Festival de Cans vén de anunciar que a produtora Emma Lustres é a merecedora do Premio Pedigree deste ano. Os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime” nesta ocasión son para os veciños Chelo Fortes e Manolo Cid e o músico Xurxo Souto.