Ricardo Suárez
23/mar./23 8:04
As autoridades dos Estados Unidos de América (EUA) temen que se produza unha nova quebra bancaria, a do First Republic Bank. Neste contexto, o antigo vicepresidente de Lehman Brothers advertiu esta cuarta feira de que até 50 entidades bancarias máis están en perigo de colapso e do perigo dunha nova crise económica similar á experimentada en 2008 a nivel global.