fondos europeos

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda e o presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, durante a súa reunión no Palacio da Moncloa, o 28 de xullo de 2022
ECONOMÍA

A Galiza foi o sexto territorio do Estado que más fondos europeos recibiu en 2023

Recibiu 1.529 millóns desde que se puxo en marcha o Mecanismo de Recuperación.
Reunión do Comité de Seguimento do Programa Galiza FEDER 21-27 o pasado 7 de maio no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. (Foto: Xunta da Galiza).
star
Análise

O debate da produtividade dos Fondos Europeos

Diego Sande Veiga é profesor da USC e Coordinador da Liña e Investigación en Economía do IGADI.
Sede central de 'Fomentos, Construcciones y Contratas' (FCC) en Madrid, unha das empresas que captaron fondos na Galiza (Foto: FCC).
star
ECONOMÍA

Unha de cada catro das empresas 'líderes' nos proxectos que reciben Fondos Tecnolóxicos da UE para Galiza son de fóra

Diego Sande, profesor de economía na USC, vén de publicar 'As fugas de recursos, mito ou realidade colonialista en Galicia?' (UVigo, 2024), un estudo que cuantifica os Fondos Estruturais da Unión Europea dirixidos á Galiza para a innovación empresarial e que rematan en grandes empresas de fóra.
O conselleiro de Medio Rural, José González, participando nunha reunión telemática organizada polo Ministerio de Agricultura. (Foto: Xoán Crespo)
ECONOMÍA

A Xunta pide ao Goberno español que apoie o proxecto de Altri

Para demostrar o seu compromiso co emprego industrial.

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró (Foto: Ministerio de Industria).
POLÍTICA

O Goberno español asegura que "traballa" con Altri para enviar á Comisión Europea un "proxecto ben fechado"

A secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, asegurou esta segunda feira que "ningunha Administración" vai poder bloquear que a compañía portuguesa Altri reciba fondos europeos para instalar a súa fábrica en Palas de Rei (A Ulloa), no caso de que respecte "toda a normativa".
Instalacións da factoría de celulosa de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra (Foto: Europa Press).
star
ECONOMÍA

A incerteza sobre a prórroga de Ence serviu para fraguar o proxecto de Altri na Ulloa

A entrada en xogo de Altri na Ulloa non é casual, nin aparece de maneira espontánea á calor dos fondos Next Generation e o plan de reactivación económica pos Covid. É un plan que leva planeándose desde hai tempo e que se materializou definitivamente nun escenario financeiro potencialmente favorábel. Un escenario de inseguridade no sector da celulosa estimulou novas perspectivas.
Traballadoras da conserveira Jealsa, en Boiro (Foto: Jealsa).
ECONOMÍA

Luz verde ao Perte da transformación de produtos pesqueiros e acuícolas: estas serán as características das axudas

O plan porá en marcha unha liña de axudas ao sector transformador pesqueiro e acuícola por valor de 40 millóns de euros con cargo ao chamado Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
A senadora do BNG, Carme da Silva (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG solicitará ao Goberno estatal que "non ampare nin apoie" a instalación de Altri

"Vai o Goberno incluír o proxecto de macroplanta de celulosa de Altri en Palas de Rei nas axudas Perte de descarbonización industrial?" preguntará a senadora Da Silva ao ministro Hereu.
Unha das fincas de Agolada (Deza) afectadas polo proxecto de canalización de auga de Altri. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Organizacións ecoloxistas piden ao Goberno español que non destine cartos públicos a Altri

Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF remiten cartas ao Executivo estatal alertando sobre o proxecto de Altri,” totalmente contrario á sustentabilidade”.

Ana Mirada esta terza feira en Bruxelas (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Ana Miranda afirma que o BNG executará todos os fondos europeos se goberna a Xunta e denuncia a "ineficiencia" do PP

Ana Miranda denunciou a "falta de transparencia e discriminación" que a Xunta ten cos concellos gobernados polo BNG. Neste sentido, avisou de que as "présas por executar o diñeiro no último mes de prazo pode levar a unha execución de forma indebida".
Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas nunha imaxe de arquivo (Foto: Xunta da Galiza).
POLÍTICA

Denuncian unha suposta fraude con fondos europeos por parte do goberno do PP de Ponteareas

"A rexedora "botou por terra todo o traballo realizado polo goberno anterior e pretende comezar desde cero cunha nova actuación que require os permisos necesarios e a aprobación da operación por parte do Ministerio", alertaron desde o PSOE ponteareán.
Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
Parlamento

O Parlamento insta a Xunta a solicitar ao Estado a transferencia de fondos europeos para a súa xestión directa

No mesmo pleno, cos votos en contra do PP, rexeitouse unha iniciativa do BNG para demandar á Xunta que se adopten as medidas para garantir a continuidade e estabilidade do sector naval na ría de Vigo e outra do PSOE para a elaboración dun plan de retención de talento.
Cantidade de proxectos de biogás subvencionados en cada autonomía e contía total das axudas en cada un destes territorios (Foto: Miteco / Nós Diario).
ECONOMÍA

Galiza fica entre as dúas únicas autonomías excluídas das axudas para producir biogás

O Goberno estatal destina 76,5 millóns de euros á xeración do combustíbel.
As Pontes acollerá unha planta de hidróxeno subvencionada polos fondos Next Generation. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

A xestión centralizada dos fondos Next Generation atasca centos de proxectos

Os promotores dos proxectos empresariais ligados ao programa Next Generation teñen a vista posta nos resultados electorais do 23 de xullo. A baixa execución dos fondos, as convocatorias de axudas aínda por resolver e as novas liñas de actuación que porá en marcha o Goberno entrante avanzan un escenario cheo de incertezas. O futuro de gran parte das iniciativas impulsadas desde a Galiza está nas mans do novo Executivo estatal.

A vicepresidenta do Executivo estatal, Nadia Calviño (Ricardo Rubio / Europa Press).
ECONOMÍA

A convocatoria de eleccións anticipadas acelera os tempos para a execución dos fondos da UE

O Executivo estatal asegura que solicitará "canto antes" o cuarto pago destes recursos, de 10.000 millóns, ao culminar a segunda parte da reforma das pensións.
Ursula Von der Leyen e Pedro Sánchez (Foto: Jorge Gil / Europa Press).
ECONOMÍA

Bruxelas dá luz verde ao terceiro pago de fondos ao Estado español

O cuarto paquete dos fondos 'Next Generation EU' está suxeito á reforma das pensións.
A vicepresidenta do Executivo estatal, Nadia Calviño (Ricardo Rubio / Europa Press).
ECONOMÍA

A Eurocámara insta Calviño a facilitar o control dos fondos do plan de recuperación

Unha delegación supervisará o gasto estatal dos fondos da Unión Europea.
A ministra Nadia Calviño (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
POLÍTICA

O Senado debate a repartición dos fondos europeos ás comunidades

A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, aborda nesta quinta feira a repartición dos fondos europeos xunto aos Executivos autonómicos e os grupos do Senado na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas
O presidente Núñez Feixoo e o conselleiro Francisco Conde, en outubro de 2020, na xornada constitutiva da comisión Next Generation (Foto: Xunta da Galiza).
ECONOMÍA

Os proxectos Next Generation da Xunta suman atrasos e pouca concreción

Os tres proxectos 'tractores' elixidos pola Xunta como principais candidatos aos fondos Next Generation presentan distintos estados de desenvolvemento. 
A Xustiza cre que esta condición é "axeitada" e non incumpre os tratados da Unión (Foto: Patrick Pleul / dpa-Zentralbild).
INTERNACIONAL

A UE retirará fondos comunitarios a Hungría e Polonia se contraveñen o Estado de dereito

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea avala esta condición para optar aos fondos europeos. O pasado verán, os gobernos húngaro e polaco foron expedientados por Bruxelas por "violaren os dereitos fundamentais das persoas LGBTIQ+".