franquismo

Salvemos Trevinca

Fascismo a bordo? Non, grazas

Núñez Seixas | Arxina
star
Entrevistas

Xosé Manuel Núñez Seixas: "Fraga vampirizou unha parte do legado do galeguismo rexionalista conservador"

A relación do franquismo coas identidades subestatais estivo marcada pola represión e a resistencia, mais tamén houbo un espazo para a convivencia. Porque existiron unha serie de actores que, sen deixar de seren franquistas, asumiron certa aceptación da diversidade, axudando a preparar o terreo para o rexionalismo conservador e o autonomismo da democracia. O historiador Xosé Manuel Núñez Seixas analiza o seu papel en Imperios e danzas. Poéticas da pluralidade territorial no fascismo español, co que vén de gañar o XX Premio Ramón Piñeiro.   

A Falanxe da Ramallosa desfilando en Sabarís, no concello de Baiona. (Foto: Arquivo J. González)
Os cadros sindicais e políticos convertéronse nas grandes vítimas da represión franquista

A represión no Val Miñor ao descuberto

Co pouso do tempo, o historiador Carlos Méixome reelaborou escritos sobre a “criminal persecución franquista” no Val Miñor, esbozados en momentos de intensa actividade memorialista. Deles bota man en ‘Catas da memoria’, o seu último libro, que vén de ver de a luz. 
Anterior rúa Barrié de la Maza, que volverá a chamarse O Pedregal. (Foto: BNG)
MEMORIA E HISTORIA

Pedro Barrié de la Maza, expulsado do rueiro de Sada

Seguindo a toponimia tradicional, recuperarase o nome do Pedregal para a avenida. Ademais, Barrié de la Maza deixará de ser fillo adoptivo de Sada e retirarase o seu nome do colexio localizado na parroquia de Mondego.
Capa do caderno 'Coñecer' do sábado 23 de xaneiro
MEMORIA E HISTORIA

O novo número de ‘Coñecer’ rescata figuras como a de José Darriba e Sebastián Pena, represaliados polo franquismo

O novo número do suplemento Coñecer, que atoparás este sábado 23 de xaneiro nos quiosques xunto con Nós Diario, rescata a figura de José Darriba Puente, nunha achega de Alicia Garrido sobre a represión franquista en San Clodio de Ribas de Sil. Carlos Méixome recupera Sebastián Pena, mestre republicano vítima da desmemoria, mentres que Héitor Picallo propón una viaxe ao escudo galego nos gravadores italianos do Renacemento. Estes e outros artigo, este sábado, co suplemento Coñecer.

Escudo franquista no cuartel Sánchez de Aguilera de Ferrol (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Exixen a retirada de símbolos franquistas das instalacións de Defensa na Galiza

Atópanse en diferentes puntos de Ferrol, Compostela, A Coruña e Pontevedra.

A infamia

Familiares de Bóveda, Caamaño e Paz coa deputada Marta Ortega. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Familiares de Bóveda, Caamaño e Paz formalizan a querela contra o franquismo

As familiares piden que se sancionen os asasinatos
Pedro Barrié con Franco. 2 agosto 1965
star
Represalias e control ideolóxico sobre a disidencia

Pedro Barrié e a depuración do persoal do Banco Pastor

Hai unha biografía secuestrada de Pedro Barrié de la Maza que o relaciona co franquismo e a represión das traballadoras e traballadores do Banco Pastor após o trunfo da sublevación militar e fascista de 1936 contra o goberno lexítimo e democrático da República. Nos escritos que envía ao gobernador civil da Coruña, Barrié recoñece a súa participación na depuración dos traballadores, ordenada polo Goberno Civil da Coruña, seguindo instrucións do Goberno de Franco instalado en Burgos e, como en toda a súa vida, maniféstase como servidor do franquismo.
 

Na misa e repicando

O documento que causou a polémica. (Foto: BNG)
SOCIAL

Cesado un xefe da Armada por celebrar o afundimento dun buque da "escuadra roja"

O BNG denunciou o sábado a inclusión dunha lembranza a este episodio na orde do día nun documento oficial da Armada. O escrito feito público procedía da Escola Naval da Graña, en Ferrol.
Imaxe do documento do que alerta o deputado Néstor Rego. (Foto: BNG)
INTERNACIONAL

O BNG exixe a Defensa que investigue se a Armada celebrou o afundimento dun buque "da escuadra roja"

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, revela un posíbel documento da delegación de Ferrol na que se fala dun acto de lembranza do afundimento "do submarino C5 da escuadra vermella en 1937 coa linguaxe propia da Guerra Civil e do franquismo".
Vehículos militares no centro de Vigo (Esculca).
INTERNACIONAL

Militares en activo defenden os ex militares que reclamaban un golpe de estado

Nun grupo de WhatsApp, oficiais de artillería e suboficiais comparten mensaxes de extrema dereita.

Esquerda

Memoria selectiva?

Un señor elegante

A Fonsagrada na década dos 30.  (Foto: Walter Ebeling)
De memorias e relatos sobre represores (I)

...e así lles foi!

Non dedicarei as seguintes liñas a tratar sobre a identificación dos vitimarios, senón que, a diferenza das miñas compañeiras e compañeiros de monográfico, vou centrarme nas fórmulas de castigo simbólico que contra eles se elaboraron. Quedo, polo tanto, no terreo da construción de relatos que tiñan como misión axuizar e condenar os perpetradores. Son fórmulas que as comunidades activaron para limitar os efectos psicolóxicos da violencia construíndo un espazo colectivo de dor que permitía axudar a seguir vivindo despois de ter pasado por unha experiencia traumática.
Francisco García Laclaustra, no centro, un dos responsábeis da morte de Ezequiel Caamaño, foi nomeado por Adolfo Suárez subdirector xeral da Garda Civil. (Foto: Diario de Burgos)
Unha década de represión continua contra Ezequiel Caamaño

Barbarie en Ponteceso

Se estudamos o tempo en que a guerrilla andou pola comarca de Ponteceso, é obrigado analizar a detención de Ezequiel Caamaño Toja. Se saltamos na liña do tempo até o verán de 1936, hai un único concelleiro da II República encausado, Ezequiel Caamaño. Se o que queremos é intentar achegarnos ao odio político previo a xullo de 1936 no pleno do cabido, volvémonos topar con Ezequiel como alcalde e tamén como secretario do concello.

Voltar polo natal