fútbol gaélico

A Coruña Fillos de Breogán gañou a Irmandinhos
European Champions Cup 2017

Fillos de Breogán e Irmandinhos, na máxima competición europea de fútbol gaélico

Os planteis feminino e masculino das equipas coruñesa e estradense disputan este sábado en Maastricht un campionato no que toman parte equipas de diferentes partes do continente.

gallaecia Torques fútbolo gAÉLICO
DEPORTES

Sete equipos competirán por conquistar a II Taça Gallaecia de fútbol gaélico

Terá lugar o sábado, 10 de xuño, en Pontevea (Teo). O beneficio tirado do campionato destinarase ás persoas encausadas polo desaloxo do CSAO Escárnio e Maldizer.

Irlanda gaélico belfast
INTERNACIONAL

Máis de 12.000 persoas maniféstanse pola oficialidade do gaélico na Irlanda do Norte

O unionismo vetou as demandas e peticións de recoñecemento oficial para a lingua propia da illa.

fillas de beogán fútbol gaélico
DEPORTES

Irmandinhos e Fillas de Breogán gañan a Liga Galega de Fútbol Gaélico

Os da Estrada conquistan o título masculino ao imporse aos tricampións do Estrela Vermalha. As coruñesas conquistan o campionato feminino por segundo ano consecutivo.

Gaélico

460_0___30_0_0_0_0_0_608084396
INTERNACIONAL

Centos de persoas saen á rúa en Irlanda do Norte pola oficialidade do gaélico

 ‘Polo recoñecemento da lingua irlandesa xa!’ foi a demanda das persoas participantes nas mobilizacións.

Rajoy Kerry
POLÍTICA

O primeiro ministro irlandés agasalla a Rajoy unha camisola da selección galega de fútbol gaélico

 “Moi ben”, respondeu un sorprendido presidente perante o regalo de Enda Kenny ao finalizar a comparecencia conxunta perante os medidos.

estrela vermelha
DEPORTES

A Liga galega de fútbol gaélico suspéndese de forma indefinida

A obriga de dispor dun seguro de accidentes para todas as competicións, a causa, que a organización agarda resolver.

A Coruña Fillos de Breogán gañou a Irmandinhos
DEPORTES

A Liga galega de fútbol gaélico suspéndese de forma indefinida

A obriga de dispor dun seguro de accidentes para todas as competicións, a causa, que a organización agarda resolver.

DEPORTES

Fútbol gaélico: Galiza baterase contra Francia

O encontro amigábel terá lugar o vindeiro 18 de marzo. A selección gala foi sub-campioa no Mundial de Dublín.

Eles e elas gañaron sendas finais de consolación

Galiza, no podio do gaélico

Galiza pecha a súa participación nos GAA World Games, co terceiro posto masculino e a vitoria na copa Shield, de consolación, da selección feminina.

A selección masculina na xornada de onte.
A selección masculina perdeu fronte a Francia o partido decisivo

Galiza caeu ás portas da final

As seleccións galegas de fútbol gaélico xogarán finais de consolación. A masculina sucumbiu por dous puntos fronte a Francia no partido no que se xogaban o pase á final mundial e loitará polo terceiro posto. A feminina rematou segunda do grupo das eliminadas e xogará a final 'Shield' fronte a Francia.

Gaélico
A selección masculina continúa viva, a feminina só aspira ao terceiro posto

O Mundial Gaélico comeza atravesado

As seleccións galegas correron sortes dispares na primeira xornada do Mundial de Fútbol Gaélico. Eles pasaron segundos de grupo cunha vitoria, un empate e unha derrota, polo que se manteñen vivos no camiño á final. Elas comezaron con vitoria, mais sucumbiron fronte Canadá e Nova Iork e loitarán polo terceiro posto.

Selección galega de Fútbol gaélico
Marcos Gañete, capitán da Selección de Fútbol Gaélico.

“Estamos con moitísimas gañas e as pernas xa non doen”

Entrevistamos a Marcos Gañete “Corba” antes de que a selección comece, en Dublín, a competir nos GAA World Games. Despois do subcampionato mundial de 2015, os nosos gaélicos buscarán a vitoria.

Laura Abelleira (abaixo á esquerda) posando coa seleción. Cedida
Laura Abelleira, capitá da Selección Galega de Fútbol Gaélico.

“Estamos mellor que o ano pasado e o obxectivo ten que ser gañar”

A selección feminina prepara os GAA World Games coa final de Croke Park no punto de mira.

Fútbol gaélico selección Foto-AGFG
DEPORTES

Irlanda recoñece e parabeniza o pulo do fútbol gaélico en Galiza

A GAA (Asociación atlética gaélica), asociación deportiva máis grande de Eire, adica unha reportaxe a Galiza e o auxe do fútbol gaélico co gallo da presenza das nosas seleccións nacionais, masculina e feminina, no Mundial que en agosto se desputa en Dublín.

camisola seleccion galega gaélico
Dublín GAA World Games

Galiza baterase contra Bretaña e Sudáfrica no mundial de fútbol gaélico

Son os rivais da selección masculina competirá no Grupo C. A feminina, que compite no B, enfrontarase a Canadá e Nova Iorque. A camisola da selección nacional, elexida entre as mellores do mundial.

As Fillas de Breogán celebrando a súa vitoria en Tres Cantos
FILLAS DE BREOGáN SON O PRIMEIRO EQUIPO GALEGO EN GAñAR O CAMPIONATO IBéRICO

“Queriamos gañar custase o que custase”

As Fillas de Breogán proclamáronse campioas ibéricas en Madrid, conseguindo por primeira vez na historia dun clube galego, a máxima competición na que participan todos os equipos da rexión Ibérica da ECB (European County Board). Este fito consolida unha tempada redonda das Fillas que, en Galiza, tamén gañaron liga e copa.

Fillas de Breogán
FúTBOL GAéLICO

Fillas de Breogán fanse co Campionato Ibérico

O equipo coruñés de fútbol gaélico Fillas de Breogán conquistou o Campionato Ibérico, a máxima competición na que participan os equipos da European Country Board, tras vencer na final a Madrid Harpetes 24 (5-9) a 13 (2-7). Os Irmandinhos da Estrada remataron segundos após perderen a final cos Madrid Harps.

O FúTBOL GAéLICO GALEGO PREPARA O SEU SEGUNDO MUNDIAL

Creando historia

As seleccións galegas de fútbol gaélico feminina e masculina xa preparan o Mundial de Dublín que se disputará en agosto. Galiza é pioneira na práctica deste deporte alén das fronteiras irlandesas e con grandes resultados na súa curta historia.