galego

DEPORTES

'Razzia' da Policía española contra bandeiras nacionalistas galegas en Balaídos no Celta-Athletic

Seareir@s do equipo celeste denuncian a actuación da policía española no encontro de Copa contra o Athletic de Bilbao, requisando estreleiras e mesmo camisolas de peñas do equipo vasco. Afirman que “non é unha novidade” que as forzas de seguridade queiran estragar “a festa entre célticos e athletictzales”.

Vigo xente
ECONOMÍA

As prestacións son xa a principal fonte de ingresos no 42% dos fogares galegos

Máis de 447.000 familias saen adiante no noso país grazas ás prestacións sociais, 78.000 máis que no comezo da crise.

cadernos
LINGUA

O CSIC desbota o galego para "non perder prestixio"

Rexeita usar a lingua propia do país para titular unha publicación porque facelo, asegurou o seu director, suporía a perda de relevancia internacional e asegura que a súa tradución sería "un problema na sociedade na que vivimos". 

 

barajas aeroporto
OPINIÓN

O goberno español ditamina que o aeroporto d@s galeg@s é Barajas

O Ministerio de Fomento négase no Congreso a transferir a xestión das terminais de Alvedro, Lavacolla e Peinador a Galiza e defende unha estrutura en beneficio do ''consolidado'' aeroporto madrileño.

GZ
DEPORTES

A selección galega volverá ao terreo de xogo o 28 de decembro

Será en Lugo e competirá nun amistoso coa selección occitana nun encontro organizado por Seareir@s galeg@s. Un aberto de billarda e os concertos de Nao, A Quenlla, Liska e Sem resposta completan o programa. 

comercio
Galiza

O BNG anima a apoiar o pequeno comercio e consumir produtos galegos

Perante a campaña navideña, o BNG fai un chamamento á cidadanía para que apoien o pequeno e mediano comercio e elixan produtos galegos nas súas compras, exercizo que reverte, segundo defendeu o voceiro Xavier Vence, no desenvolvemento da economía local. 

Miro Casabella
CULTURA

As razóns do PP para negar un dos máis importantes músicos galegos

Que Miro Casabella é un dos grandes nomes da música galega contemporánea ninguén o pon en dúbida, nin no Valadouro -o seu lugar de nacemento- nin no país enteiro. O PP negouse a apoiar no Concello a proposición do músico como fillo predilecto alegando o “contido antifranquista” das súas cancións. 

Nelson Mandela
Galiza

A despedida galega a #Mandela

A morte de Nelson Mandela sacudiu esta quinta á noite o mundo. De inmediato, as mensaxes comezaron a cruzarse a grande velocidade e a rede inzouse de pésames, homenaxes e lembranzas. Buscamos o 46664 na rede galega. 

Queremos galego
LINGUA

A Mesa denunciará ao Consello de Europa a marxinación do galego polo Estado español

A Mesa prepara a denuncia diante do Consello de Europa pola “vulneración” do Goberno español da Carta Europea das Linguas. O presidente da Mesa entrevistarase co Valedor do Pobo o próximo día 9 de decembro para lle solicitar que interveña no caso das discriminacións contra o galego. 

Alonso Montero
CULTURA

A RAG acusa o Goberno español de discriminar a lingua galega

A Real Academia Galega fixo público un comunicado no que acusa o Goberno de España de discriminar a lingua galega e reclámalle que outorgue validez aos documentos expedidos na nosa lingua. 

cig
SOCIAL

652 sinaturas por un convenio galego para os centros de atención á discapacidade

O persoal destes centros, pertencentes á consellaría de Traballo, reclaman pasos en prol da súa integración nunha Rede Pública e face un convenio propio que regule as súas condicións laborais e "que se axuste á nosa realidade" sen dependenren do español.

Galiza

O galego, na vangarda da lingüística computacional

Unha tese estuda os recursos lingüísticos que se precisan para etiquetar estatística e automaticamente corpus en galego.

Cosmopolíticas galegas: a saraiva e o nuveiro

A distinçom que Chantal Mouffe (1) efectua entre “a política” e “o político” abre as portas à compreensom repolitizadora das práticas de pessoas e sociedades ainda nom assimiladas pola modernidade capitalista. Enquanto a política seria o regulamentário tabuleiro de jogo no que a modernidade negocia os seus conflitos reconhecidos como políticos (eleiçons, parlamentos, manifestaçons…); o político varia a ser a dimensom ontológica do antagonismo que em toda sociedade distingue os “amigos” dos “inimigos”, o “bem” do “mal”.

sanidade
POLÍTICA

O PP abre a porta á empresa privada na sanidade galega

Cos únicos votos favorábeis do Partido Popular, o Parlamento aprobou a Lei de garantías de prestacións sanitarias. A norma muda o modelo sanitario galego e inicia o seu proceso de privatización, alertan as forzas da oposición e sindicatos. 

CULTURA

O Museo do Pobo Galego busca 500 soci@s

O Museo do Pobo Galego botou a andar unha campaña de captación de socios e socias co fin de reforzalo “como institución de toda a sociedade galega e como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo”. O reto está en sumar 500 nov@s soci@s antes de fin de 2014. 

Atxaga
CULTURA

A AELG nomea Escritor Galego Universal a Bernardo Atxaga

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) vén de nomear ao autor vasco Bernardo Atxaga como Escritor Galego Universal. Atxaga recibirá o premio na Gala das Letras que terá lugar en Pontevedra o primeiro sábado do mes de maio de 2014. 

Ramón Nicolás
CULTURA

O cuestionario Proust da literatura galega

É a parte íntima da literatura. O perfil persoal que cada quen retrata de si propio a través de trinta preguntas directas. Despois de achegarnos aos seus manuscritos, o crítico Ramón Nicolás ofrece no seu blog Caderno da Crítica a face interior de escritores e escritoras que responden ao seu particular “cuestionario Proust”. 

Un derbi galego diferente e moi divertido

Dépor e Lugo deixaron bo sabor de boca aos seareiros.

Queremos galego
LINGUA

Un mínimo de 12 estudantes galeg@s ficaron sen bolsa pre-doutoral por razóns de idioma

A Mesa iniciou contactos con entidades de defensa do euskera e o catalán pois alumnos desas comunidades lingüísticas tamén sofren esta situación.

Nos-up2
POLÍTICA

Nós-UP aposta no reforzo da esquerda independentista face a ''ofensiva" do capitalismo

A organización visou na súa VII Asemblea Nacional, desenvolvida en Teo, a necesidade de reforzar a esquerda independentista nun marco de crise xeralizada no Estado español