galego

Celta e Mallorca
DEPORTES

Unha xornada na que os equipos galegos xogan máis que tres puntos

Celta e Deportivo teñen este sábado citas nas que se xogan moito máis que tres puntos. Os coruñeses co Xetafe e os vigueses co Osasuna. Mentres, o Lugo prepara o encontro de mañá contra o Córdoba, ao que venceu na primeira volta no Ángel Carro
Contas de Bárcenas publicadas por El País
FEIJóO: "QUEN A FAI TEN QUE DAR EXPLICACIóNS"

O PP galego achegou 21 millóns de pesetas a Bárcenas sen os declarar a Facenda

El País publica hoxe que, de acordo coas investigacións abertas polo caso Gurtel, en 1999 o PP galego achegou ás contas de Bárcenas 21 millóns de pesetas que non foron declarados a Facenda.
LINGUA

A Xunta recorta nun 17% os fondos a editoriais para materiais didácticos en galego

A Consellaría de Cultura destína 250.000 euros para axudas á edición de materiais didácticos en galego. Un recorte de 50.000 euros a respeito da anterior convocatoria.
Valentin García
LINGUA

O secretario xeral de Política Lingüística di que non é “complicado” chegar a acordos con Queremos Galego

Despois de que a Xunta se persoara no Supremo para presentar un recurso de casación por non topar “diálogo” arredor da lingua, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García ven de afirmar que “non é complicado” chegar a acordo cos colectivos normalizadores.
061
ECONOMÍA

Traballadores das ambulancias farán unha folga de 10 días polo convenio galego

As e os traballadores de ambulancias acordaron en asembleas convocar 10 xornadas de folga, do 25 de febreiro ao 5 de marzo, na defensa do convenio galego para o sector
galego
LINGUA

O manifesto pola derrogación do 'decretazo' contra o galego supera xa as 4.500 adhesións

A plataforma Queremos Galego valora a manifestación do pasado domingo como un éxito contundente" e lamenta o recurso da Xunta ante o Supremo en defensa do 'decretazo': "É a primeira vez na democracia que un goberno recorre contra a súa propia lingua"
Galiza

Praza Pública cumpre un ano na rede facendo comunicación en galego

Sermos Galiza quere sumarse á maré de parabéns que está a recibir este xornal dixital polo seu primeiro aniversario. Como diría o Zeca... venhan mais cinco!
Mobilizacións na defensa do ensino público
Galiza

Protestas en vilas e cidades galegas na defensa do ensino público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizou varias concentracións en contra da aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE). Vídeo da concentración de Compostela no interior.
Estado de sitio no Parlamento galego
Galiza

Estado de sitio no Parlamento galego

Protestas do naval ferrolán e persoal PAS da USC no pleno do 29 de xaneiro de 2013
Imprensa El Correo Gallego e la Voz de Galicia
POLÍTICA

Columnistas apoian na imprensa galega o veto antidemocrático

Artigos de opinión dan a razón desde as páxinas de La Voz de Galicia, El Correo Gallego e La Opinión á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.
POLÍTICA

O concelleiro de Tráfico de Vilagarcía falará galego "cuando me salga de los puntos suspensivos"

Manifestouno nun tenso pleno que @s edís do BNG abandonaron após os "desprezos reiterados" cara á lingua galega. Pedían a comparecencia do responsábel da tradución ao castelán dunha peza da banda de música: o concelleiro de Normalización Lingüística
Estaleiro Vigo
ECONOMÍA

Nen dique flotante nen blindaxe dos floteis

As dúas grandes promesas do PP nas eleccións autonómicas para o naval galego están a desmontarse: a SEPI vén de anunciar que non se poderá construír o dique flotante en Ferrol por consideralo Bruxelas 'competencia desleal'. E os pregoados e blindados acordos con Pemex para dous floteis están no ar. O naval, enganado, retoma as mobilizacións
Mobilización nacional #PolaLinguaQueNosUne
LINGUA

Mobilización nacional #PolaLinguaQueNosUne

Mobilización nacional pola lingua. Compostela, 27 de xaneiro de 2013
POLÍTICA

Beiras desaconsella levar ao Parlamento unha proposta soberanista, dada a maioría absoluta do PP

O voceiro parlamentar non descarta que AGE concorra como tal ás municipais e agarda que Máis Galiza "ou cando menos as súas bases" se integre na coalición
LINGUA

''Manda carallo, sen galego e sen traballo''

A indignación polas (contra)reformas que en materia económica e lingüística están a levar a cabo os gobernos do PP na Galiza e no Estado mesturáronse este domingo en Compostela coa auga da chuvia nunha mobilización nacional que culminou cunha contundente advertenza: "sairemos á rúa as veces que faga falta"
LINGUA

Quer queiran, quer non...

Este domingo ás 12 do mediodía arrinca da Alameda de Compostela a mobilización nacional pola lingua que nos une e contra a españolización do ensino público. Convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, pídese a derrogación do 'decretazo' e da 'Lei da Wertgoña'. A AGAL volverá levar faixa propia co lema A nossa língua é internacional
Diego López
DEPORTES

O gardamallas de Paradela Diego López ficha polo Madrid para cobrir a baixa de Casillas

Aos 31 anos, Diego López (Paradela, 1981) vén de se comprometer co Real Madrid, para cobrir a baixa de Iker Casillas. Formado na canteira do Lugo, foi titular no primeiro encontro da selección galega que dirixiron Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez.
A Fondo
Galiza

“A Patria é a Lingua”, o A Fondo de Sermos Galiza fai unha aposta polo galego

O domingo 27 co lema “A lingua que nos une” Queremos Galego convoca a súa manifestación nacional en Compostela. Con esta data como horizonte, o “A Fondo” de Sermos Galiza ofrece artigos e diversos materiais que afondan na situación da nosa lingua.

Galegos difusos

Os tempos son chegadosdos bardos das edadesque as vosas vaguedadescumprido fin terán;
Queremos galego
LINGUA

O Concello de Santiago ameaza con suspender o acto de Queremos Galego

Após recorrer a fianza que a administración local impuña á plataforma cidadá Queremos Galego, o Partido Popular de Santiago asegura que se instalan o palco na Praza da Quintana sen depositaren previamente os 600 euros de fianza, o acto podería ser supendido.