Garda Civil

O Portomarín venceu por dous goles a un no campo do Pol. Na imaxe, o alcalde polego, Lino Rodríguez Ónega. (Fotos: Nós Diario - Europa Press)
SOCIAL

Condenan o alcalde de Pol por agredir un mozo durante un partido de fútbol

O rexedor socialista cometeu un delito de lesións leves, polo que se lle impuxo unha multa de 540 euros, ademais dunha indemnización de 120 euros ao agredido.
Parte da madeira incautada. (Foto: Garda Civil)
ECONOMÍA

Descobren unha trama de roubo de madeira promovida por unha empresa forestal en Padrón

Dous veciños de Brión foron detidos por estes feitos.
Un camión de bombeiros acode a extinguir o incendio que axexou O Barbanza. (Foto: César Arxina / Europa Press)
SOCIAL

A Garda Civil multa brigadas forestais por exceso de velocidade

Desde o sindicato FAC-USO instan a Consellaría do Medio Rural a presentar alegacións contra estas sancións e reclamar a súa anulación, dado que a situación de emerxencia xustifica o exceso de velocidade.
Os fogos en Verín significáronse pola súa proximidade ás vivendas e núcleos de poboación. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O fogo de Verín puido ser provocado por artefactos lanzados desde un dron

Arbo, Maceda, A Mezquita ou Verín son algúns dos concellos afectados polos incendios nestas xornadas, destacando polo seu alcance o da capital da comarca de Monterrei. Precisamente, os membros das forzas da seguridade consultadas por 'Nós Diario' apuntan ao seu carácter intencionado.
O secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, foi sancionado en múltiples ocasións por negarse a retirar o adhesivo que tapa o 'E'. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A loita identitaria tamén se libra na matrícula: Interior, obrigado a revogar multas por colar o 'GZ' por riba do 'E'

Cubrir cun adhesivo o 'E' de España nas placas dos vehículos non é obxecto de sanción segundo a lei, que unicamente estipula que non poderá presentar "obstáculos que impidan ou dificulten a súa lectura ou identificación". Por este motivo, o Ministerio anula as multas impostas.
A carga, cadro modernista de Ramón Casas onde retrata as prácticas represivas da Garda Civil. (Foto: Nós Diario).
A Galiza rebelde

Unha revolta popular esquecida que rematou con 12 asasinatos en Vimianzo

O tempo político do Sexenio (1868-1874) caracterizouse na Galiza por unha gran conflitividade social. Un ciclo de protestas inaugurado na segunda metade de 1869 co levantamento republicano federal focalizado en Ourense e Ferrol contra a proposta de constitución centralista e monárquica impulsada polo Goberno de Prim e Serrano e rematado a finas de 1873 coa revolta internacionalista de Viana do Bolo de decembro de 1873, articulada arredor da voz de orde: "Madrid, a besta que rouba e oprime Galiza". Os sucesos de Vimianzo de xullo de 1873 non deixaron de ser un capítulo máis deste proceso de mobilización contra o proxecto centralizador no territorial e liberal no económico imposto pola oligarquía española ao longo do século XIX.

Vehículo da Garda Civil (Foto: Alberto Ruiz / Europa Press).
Noia

Prisión para catro gardas civís por insultos homófobos reiterados

"Arriba España e morte aos maricóns" ou "prefiro ter un fillo morto ou drogadicto que maricón" son algúns dos insultos que recolle a sentenza do Tribunal Supremo e que o demandante sufriu durante catro anos, até que precisou atención médica por un trastorno de ansiedade.
O Portomarín venceu por dous goles a un no campo do Pol. Na imaxe, o alcalde polego, Lino Rodríguez Ónega. (Fotos: Nós Diario - Europa Press)
SOCIAL

Un mozo denuncia o alcalde de Pol por unha presunta agresión: "Agarroume polo pescozo"

O denunciante, veciño de Portomarín, estaba animando o seu equipo no campo do Pol, enriba dunha plataforma da TVG, e afirma que o rexedor, Lino Rodríguez, intentou tiralo "dunha estrutura que mide catro metros". O alcalde, porén, nega os feitos con rotundidade.
Samuel Kwesi, un dos sobreviventes do naufraxio, nunha manifestación decorrida en Marín a comezos de mes. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
SOCIAL

Samuel Kwesi, sobrevivente do 'Pitanxo', citado de novo a declarar polas versións contraditorias sobre o naufraxio

O mariñeiro mudou a súa versión inicial, que dixo ter pronunciado "baixo presión" do capitán e o armador do buque, e agora defende que o patrón non deu orde de pór os traxes de supervivencia, que si levaban el e o seu sobriño, os outros sobreviventes do naufraxio.
120 anos dunha protesta reprimida a lume pola Exército español

O masacre de Mones

A comarca de Valdeorras viviu nunha insubmisión permanente contra o Estado nos anos finais do século XIX e nos iniciais do XX. O deterioro das condicións materiais de existencia, a lesiva política fiscal do Estado e o recurso á Garda Civil e ao exército para responder ás demandas da poboación criaron as condicións para unha situación social explosiva.

 

 

Concentración diante dos xulgados de Compostela en apoio a Chema Naia (Nós Diario)
SOCIAL

Suspéndese o xuízo a Chema Naia por cuestións técnicas

O xuíz tomou a decisión no momento de iniciar a práctica da proba, ao non ser posíbel reproducir ao mesmo tempo un vídeo na sala de vistas e no ordenador desde o cal os axentes denunciantes declaraban como testemuñas. O xuízo continuará o vindeiro 1 de marzo.

GC bandoleros
SOCIAL

A Garda Civil ten que retirar un chío no que cualificaba os maquis de “bandoleiros”

O chío provocou unha forte indignación nas redes sociais, que levaron ao Instituto armado español a borrar o tweet.

 

Un axente da Garda Civil (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

“Arriba España e morte aos maricóns”: condenan 4 garda civís destinados en Noia por homofobia

Segundo a sentenza, recorrida ante o Supremo, os condenados estiveron anos acosando e vexando o seu compañeiro con insultos e comentarios graves.

Violência

José Castro ‘O Piloto’ após ser asasinado. (Foto: Arquivo particular)
star
Unha herdanza para xulgar pola historia

A morte de José Castro Veiga ‘O Piloto’ (II)

A morte de José Castro Veiga é resultado dun operativo dirixido polo tenente da Garda Civil, Alberto Díaz López, coa colaboración dos axentes da benemérita de diversos cuarteis da Ribeira Sacra. Porén, a memoria do Piloto continúa aínda viva. 
Dous axentes da Garda Civil nun control por mor da emerxencia sanitaria (Imaxe: Europa Press)
POLÍTICA

PPdeG renunciará a pedir a transferencia de Tráfico se non se garante a presenza da Garda Civil na Galiza

“Non estamos dispostos a asumir as competencias administrativas de Tráfico se isto supón prescindir do labor que realiza a Garda Civil” dixo o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.

tricornio
INTERNACIONAL

O Estado gasta 823.000 euros en tricornes para a Garda Civil

Unha empresa presentou unha oferta máis barata en 184.000 euros, mais foi rexeitada porque o prototipo non tiña unha "estética e finura exquisitas no acabado".

palestina_unidas-podemos
INTERNACIONAL

Incógnitas ante o interrogatorio a un xornalista palestino nun cuartel da Garda Civil

Antón Gómez-Reino, deputado galego de Unidas Podemos en Madrid, rexistrou unha pregunta ao Ministerio do Interior español sobre o suposto acoso por parte dun "axente do Estado belga", que "falou en árabe cun marcado acento israelí".

escudo franquista facultade químicas usc
MEMORIA E HISTORIA

Retirada de escudos franquistas da fachada de cuarteis da Garda Civil na Galiza

Trece anos despois de abrobada a Lei de memoria histórica, o Goberno español retira 13 destes símbolos de cuarteis do instituto armado en todo o Estado. Deles, 1 en Ferrol e outro en Portomarín

Denúnciao a CIG

Garda Civil entra nun instituto de Xove por uns cartaces do 8-M

CIG-Ensino de Lugo considera “grave” os feitos e acusa a engade que esa presenza produciuse pouco despois de que a Xefatura territorial de Educación pedise explicacións sobre os carteis.