Falece un motorista tras chocar contra un coche en Gondomar
O condutor dunha motocicleta perdeu a vida na madrugada desta quinta feira tras chocar contra un coche na localidade de Gondomar (comarca de Vigo). Segundo informa o 112 Galiza, os feitos ocorreron sobre as 00.10 horas e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, asegurando que un home estaba tirado na estrada, aparentemente inconsciente, despois de producirse un accidente no punto quilométrico 18 da PO-340. Até alí desprazáronse os servizos de urxencias do 061. Con todo, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home. A Garda Civil de Tráfico e o persoal de mantemento da vía tamén participaron no operativo.
Ratifican a condena de 21 anos de cárcere para o home que asasinou a coiteladas a súa muller en Gondomar en 2020
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) ditou sentenza na cal desestima os recursos interpostos pola defensa e tamén polas acusacións, no caso de Valentín A.B., que foi condenado a 21 anos de prisión por asasinar a súa muller a coiteladas no domicilio familiar de Gondomar (comarca de Vigo), en decembro de 2020, e ratificou integramente a sentenza condenatoria. A sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede na cidade olívica, ditou sentenza, en base ao veredicto dun tribunal de xurado, pola que impuxo 21 anos de cárcere a Valentín A.B., como autor de asasinato da súa muller, Soledad, coas agrabantes de parentesco e xénero.
Os coros tradicionais danse cita en Gondomar
21 anos de cárcere para o home que asasinou a súa muller en Gondomar "por dominación e desprezo"
O xurado declara culpábel de asasinato o acusado de matar a súa muller en Gondomar
A vítima do crime de Gondomar sufriu "un ataque moi violento" e foille "imposíbel escapar" dadas as súas doenzas
O acusado asegurou á Garda Civil que era a súa muller quen o maltrataba psicoloxicamente.
Denuncian cunha 'caca' flotante a contaminación do esteiro do Miñor, entre Baiona, Gondomar e Nigrán
Á procura dun castelo na serra do Galiñeiro
O BNG prognostica un "resultado histórico" no Val Miñor
Veciñanza de Gondomar afectada polas inundacións exixe solucións
Vivendas inundadas e até 100 vehículos afectados. O temporal deixa pegada en Vigo e Gondomar
Libro en Gondomar: "O terror nas Tebras e outras catas na memoria" de Carlos Méixome
A presentación da novela de Carlos Méixome terá lugar a partir das 20.00 horas no Chan da Mamonda
"Nabiza Girl" de Isabel Martínez Risco recala en Gondomar
Teatro en Gondomar: "Nabiza girl" de Isa Risco
A Xunta e o Estado desbotan as reclamacións de fibra en Gondomar por estar escritas en galego
Queres participar no primeiro Bosque da Lingua?
A Comunidade de Montes de Couso (Gondomar) busca micromecenas para repoboar unha superficie de máis de 40.000 metros cadrados con especies autóctonas, un parque de xogos e varios elementos que faciliten a difusión do patrimonio e a lingua da Galiza.