homenaxe

Euloxio R. Ruibal, no centro, xunto a Goretti Sanmartín e Cesáreo Sánchez. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

O dramaturgo Euloxio R. Ruibal, protagonista da homenaxe 'O Escritor na súa Terra'

Un monolito conmemorativo e unha abeleira homenaxean o autor de teatro no parque de Galeras de Compostela.
Euloxio R. Ruibal. (Foto: Xan Carballa)
CULTURA

A AELG honra o dramaturgo Euloxio R. Ruibal

Recibirá a homenaxe O Escritor na súa Terra, que chega este ano á súa XXX edición.
MEMORIA E HISTORIA

GALERÍA | Así decorreu a homenaxe a Alfredo Yáñez, 'O Aguirre', en Sernande

José Manuel Fernández é catedrático de repertorio con voz no Conservatorio Superior de Música de Vigo (Foto: Nós Diario).
Contracultura

José Manuel Fernández: "Luísa Villalta era do noso gremio, ten moita obra relacionada coa música, porque era música poeta"

José Manuel Fernández (Ourense, 1968) é o coordinador do equipo de dinamización lingüística no Conservatorio Superior de Música de Vigo e foi o encargado de organizar o concerto en homenaxe a Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas no auditorio deste centro.
Guerrilleiros galegos no congreso do Ferradelo, no Bierzo, en 1942 (Foto: Nós Diario).
star
MEMORIA E HISTORIA

A guerrilla do 'Aguirre' volve de novo a Sernande

Este sábado, 25 de maio, a freguesía de Sernande, no concello de Vinhais (distrito de Bragança, Terras de Trás-os-Montes, Portugal), acollerá un acto de homenaxe ao guerrilleiro Alfredo Yáñez, 'O Aguirre', e a toda veciñanza da zona que desde 1936 prestou o seu apoio e solidariedade aos demócratas galegos perseguidos pola ditadura franquista. O acto, organizado por Amigos da República de Ourense, conta coa apoio da asociación Os Torgueiros, da Gudiña (comarca de Viana) e da Unión de Freguesias de Quirás e Pinheiro Novo, do municipio de Vinhais.
Participantes na homenaxe decorrida esta terza feira en Ferrol (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Así foi a conmemoración do bicentenario de Vicetto

Medulio e Ferrolterra Antiga homenaxean o autor da 'Historia de Galiza'.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e Durán Clemente (Foto: Concello de Redondela).
MEMORIA E HISTORIA

Redondela rende homenaxe a Durán Clemente "polo seu compromiso coa liberdade e a democracia"

Durán Clemente, un dos capitáns da Revolución dos Caraveis, desempeñou un papel central na operación militar que derrocou o réxime ditatorial portugués. A alcaldesa salientou o seu papel como defensor "das liberdades e a democracia".
Inés, Andrea, Estela, Marcela e Xiana son as integrantes do grupo A Banda da Loba (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Banda da Loba reivindica a Luísa Villalta máis combativa pondo música ás súas letras en 'E o mar'

Chega a traca final da particular homenaxe a Luísa Villalta da Banda da Loba neste 2024 no que se lle dedican as Letras Galegas. "Non podiamos nin queriamos obviar a cara máis reivindicativa da escritora, que formou parte do movemento Nunca Máis e escribiu tomando posición do lado do pobo palestino nesta guerra que semella non ter fin", explica o grupo. "E o mar é unha homenaxe ao seu activismo, ao seu compromiso, á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer", engade a banda. "Tras o Prestige, os pellets. Que virá despois? Queda aprender para non termos que pasar por ningunha traxedia Nunca máis", culmina A Banda da Loba.

Ofrenda floral a Guillermo Vicente, alcalde de Tui na II República (Foto: Helena Pousa).
MEMORIA E HISTORIA

Guillermo Vicente de Santiago: unha homenaxe con atraso

Guillermo Vicente de Santiago, ferozmente perseguido polos fascistas, foi o derradeiro alcalde de Tui na II República.
A forte choiva non impediu que numerosas persoas se achegasen até o acto. (Foto: Vía Galega).
SOCIAL

Vía Galega lembra os Mártires de Carral

Henrique del Río leu un manifesto ante o monumento que conmemora a Revolución Galega de 1846.
Acto de protesta pola censura da homenaxe a Lenin en Ferrol (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

A organización da homenaxe a Lenin suspendida en Ferrol pide ao Ateneo que "non ceda á chantaxe" do PP: "Vai haber acto si ou si"

"Estamos a falar dun acto de censura ideolóxica que ademais se basea, como vemos polas polémicas noutros sitios, en falsidades históricas como é equiparar a Lenin con Hitler [líder do réxime Nazi alemán]", asegurou Xaquín García Sinde.
Fani Martínez (centro), nunha imaxe do 2018 xunto con Sandra Blanco e Leni López. (Foto: 5 Coruña FS).
DEPORTES

O fútbol sala únese para lembrar a Fani Martínez

O mundo do futsal non esquece a figura de Fani Martínez, a que fora técnica do feminino do 5 Coruña e que perdeu a vida en 2022, con só 26 anos de idade. Hoxe, 18 meses despois do seu pasamento, o Polideportivo de Novo Mesoiro acolle un partido homenaxe marcado pola solidariedade con quen máis a necesita.
Foto de familia da entrega dos premios 8 e 10 de Marzo da CIG (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG galardoa a loita do comercio de Pontevedra e da limpeza de Lugo cos premios 8 e 10 de Marzo

No acto, lembráronse tamén das figuras dos sindicalistas Xesús Arrizado e Fernando Solla, que faleceron o pasado ano 2023.
O acto contou coa presenza de amizades, familia e grandes nomes do mundo da cultura. (Foto: Noa Díaz).
CULTURA

Familia e amizades homenaxean Moncho Díaz no seu cabodano

O membro fundador de Fuxan os Ventos morreu hai xa un ano.
Daniel Castelao en Montevideo, en abril de 1943.
CULTURA

O Partido Galeguista convoca unha grande homenaxe a Castelao en Rianxo

O Partido Galeguista invita a xuntar todas as entidades, asociacións e forzas políticas ou sindicais que se sintan próximas ao maxisterio exemplar do rianxeiro.
Acto de presentación da homenaxe a Chichi Campos, esta quinta feira (Foto: Consellaría de Cultura).
CULTURA

Chichi Campos será rememorado con motivo do Día da Ilustración

A Biblioteca da Galiza acollerá unha mostra do artista.
Homenaxe a Aurichu Pereira no Museo do Pobo Galego, esta quinta feira. (Foto: Arxina)
CULTURA

GALERÍA | Así foi a homenaxe a Aurichu Pereira

Homenaxe a Aurichu Pereira no Museo do Pobo Galego, esta quinta feira. (Foto: Arxina)
CULTURA

O Museo do Pobo lembra Aurichu Pereira, "unha adiantada ao seu tempo"

O Museo do Pobo Galego celebrou esta quinta feira un acto de homenaxe a Aurichu Pereira, artista plástica, música, deseñadora de moda e muller comprometida co nacionalismo galego As voces presentes no museo compuxeron un retrato que iluminaba moitas das caras dunha muller comprometida, de vontade férrea e cunha personalidade capaz de aúnar vontades e crear lazos de afecto. 
 
Ana Pontón, este domingo, en Rianxo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

“Gobernemos nós a nosa terra”: Pontón apela en Rianxo a "cumprir o soño de Castelao"

O BNG arranca a campaña electoral cara o 18 de febreiro en Rianxo nun grande acto de homenaxe a Castelao

Participantes na homenaxe a Castelao no 74º aniversario do seu pasamento. (Foto: Xurxo Lobato)
SOCIAL

Renden homenaxe a Castelao no 74º aniversario do seu pasamento

A fundación que leva o nome do político rianxeiro realizou a tradicional ofrenda floral no Panteón da Galiza