As mulleres do “bravú” regresan na homenaxe a Xosefa de Bastavales
O Bravú tamén ten mulleres? Ten e van subir ao escenario para homenaxear á pandeireteira Xosefa de Bastavales.
O Bravú tamén ten mulleres? Ten e van subir ao escenario para homenaxear á pandeireteira Xosefa de Bastavales.
A convocatoria das asociacións que forman Galiza Cultura incluíu a lectura do 'Alba de Gloria', actuacións como a de Mini e Mero e visitas á contorna. Cumpríanse noventa anos desde que o nacionalismo tomase ese roteiro ante as prohibicións de Primo de Rivera.
A ovación prolongouse durante máis de dez minutos. Miro Casabella viña de intervir na homenaxe colectiva que lle renderon no seu Valadouro “por ceibar a voz” e a duración das palmas era a medida do recoñecemento do seu papel no mundo da canción galega.
“Ceibar a Voz” é o título do concerto que se desenvolverá o vindeiro sábado 5 de xullo na praza de Santamaría do Valadouro en homenaxe ao músico Miro Casabella. A Quenlla, Arcadio, Bieito Romero, de Luar na Lubre, David Bellas, García e Leo, Quintas Canella, Tino Baz, e Pilocha participarán no acto organizado por varios colectivos culturais.
Consideran que a participación de populares e socialistas suporía un "ataque á dignidade das vítimas".
Diante do antigo edificio da Escola Normal, da que foi profesora e dirixiu durante a República, desenvolverase a próxima quinta feira, día 29, ás 20.30 unha homenaxe a Ernestina Otero Sestelo. Será no marco do segundo simposio “A memoria das mulleres” dedicado á “Escola represaliada e resistente”.
“Os Diplomáticos de Monte-Alto precisan de ti! Así de claro convidan a participar nun vídeo que se gravará na Coruña e Vigo para celebrar o XX aniversario do Bravú. As citas serán a cuarta feira en Vigo e a quinta na Coruña.
O martes, 29 de abril, ás 20 horas no Circo de Artesáns da Coruña, Domingos Merino vai recibir unha merecida homenaxe. Foi o primeiro alcalde nacionalista da Coruña elixido democraticamente, que tomaba posesión en abril de 1979 cando tiña 39 anos. Non podemos esquecer que outros alcaldes como Alfonso Molina e José Manuel Liaño Flores foron nomeados a dedo polos seus servizos á ditadura franquista.
Eli Ríos, Silvia Penas e Elvira Riveiro recitarán os seus poemas en Fornelos de Montes nunha nova homenaxe ao escritor Lueiro Rey no acto de entrega da segunda edición do premio de poesía que leva o seu nome. O seu biógrafo Ramón Nicolás, o amigo e presidente da RAG, Xesús Alonso Montero e a secretaria da AELG, Mercedes Queixas participarán no acto este domingo día 27.
Por unanimidade de todos os grupos con representación, o Parlamento solicita á Xunta a implicación no recoñecemento, divulgación e homenaxe do escritor Eduardo Blanco Amor, de quen se cumpre o 35 aniversario da súa morte en decembro.
Na Praza de María Pita, na que se atopa o concello da Coruña, a actriz Isabel Risco e o músico Xurxo Souto presentarán esta cuarta feira a homenaxe que a semana que vén se lle tributará ao primeiro alcalde da Coruña despois da ditadura franquista, o nacionalista Domingos Merino.
Nunha mañá de primavera recén estreada, o pasado sábado 22 de marzo, saimos cara Salamanca un grupo de compañeir@s e amig@s do noso benquerido Francisco Carballo. Hai uns meses mudou de domicilio , por motivos de saúde e aló fumos xantar con el.
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, AELG, en colaboración co IES Álvaro Cunqueiro celebra esta terza feira, 11 de marzo, unha homenaxe á escritora Xela Arias, cun dos seus versos por título “a procura dos trazos que nos describan”.
Será o sábado 8 de febreiro ás 17:00 horas na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, o lugar no que naceu. BNG e Galiza Nova homenaxean ao Consello da Mocidade no cuarto cabodano da morte de Antón Moreda, o seu Secretario Xeral. Música e a poesía de Xavier Baixeras, poeta ao que Moreda admiraba, amais da presentación do libro e audiovisual arredor do Consello da Mocidade.
Duascentas persoas participaron no cemiterio compostelán dun acto que acolleu poemas, música e irmandade que desafiou (vencendo) ao mal tempo no segunda cabodano de Díaz Pardo.
Cada ano, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra homenaxea a un autor ou autora da escrita para públicos novos. A próxima será a 15 edición e, con este motivo, queren celebrar a tod@s que foron homenaxead@s en anteriores edicións.
Da súa man chegaron ao galego a Divina Comedia e a Vida nova de Dante, o Cancioneiro de Petrarca ou Os tres Mosqueteiros de Dumas. A Asociación de Tradutores Galegos recoñece coa súa homenaxe anual o papel de Darío Xohán Cabana á hora de incorporar á nosa lingua obras literarias do patrimonio universal.
"Un non escribe igual –non pode- logo de ter asimilado as ensinanzas estilísticas de Joyce", di o escritor Xavier Queipo que leva anos centrado na tradución dunha das obras mestras da literatura universal. En novembro a Editorial Galaxia publicará o Ulises, a realización daquel soño que a Xeración Nós encetara, un proxecto que é, para Queipo, o recoñecemento da "modernidade e afouteza" daquel grupo intelectual, en especial, de Otero Pedraio.
A aldea de Montecubeiro -veciña de Baralla- converteuse nun inferno despois do golpe militar de 1936. A Iniciativa Galega pola Memoria escolleu esta parroquia de Castroverde para celebrar o Acto Nacional en Desagravio ás Vítimas do Franquismo que terá lugar o próximo día 13 de outubro ás 12.30. O ex-director da UNESCO Federico Mayor Zaragoza asistirá ao acto.
A estrea do documental “Andei todos os camiños” de Anxa González, a voz de Pilocha e María Manuela e a maxia de Martín Camiña comporán a quinta edición do espectáculo “Lúas de Outono” que terá lugar o próximo día 19 na Coruña, para revivir a palabra e homenaxear ao escritor que faleceu hai nove anos na cidade.