Máis de 67.000 comportamentos sancionábeis durante os dous estados de alarma na Galiza
As forzas de seguridade tramitaron 67.198 propostas de multa no país nos dous períodos nos que se estabeleceu esa ferramenta de control: do 14 de marzo ao 20 de xuño de 2020 e do 26 de outubro de 2020 ao 24 de marzo de 2021.
A Consellaría de Educación obviou as exixencias de Inspección sobre a protección do persoal fronte á Covid
A autoridade laboral recoñece que a Xunta incumpriu até oito puntos da petición feita após a denuncia presentada por un sindicato. Por exemplo, sostén que faltou “planificación preventiva” e que non se facilitaron os Equipos de Protección Individual axeitados.
O Parlamento alerta do incumprimento das medidas antiCovid nos supermercados
A Xunta coñecía desde 2017 as graves deficiencias das residencias privadas
A falla de medios humanos e o incumprimento das condición contractuais nos centros de maiores eran coñecidos polo Goberno galego desde, cando menos, 2017. O Consello de Contas informou a Xunta de Galiza das graves eivas.
A oposición centrará na “manipulación” e a “ocultación de datos” o próximo Pleno do Parlamento
A oposición volverá preguntarlle a Feijóo polo 'Caso Dorado' dentro de cuestións máis amplas que tamén farán referencia ao control dos medios públicos e os incumprimentos do presidente coa Cámara.
Denunciarán en Bruxelas "os incumprimentos da Xunta" na xestión de residuos após o rexeitamento da ILP dos 3Rs
Segundo @s populares, a proposta parte "de premisas falsas". Desde a comisión promotora advirten que non van quedar parad@s e que "denunciarán os incumprimentos da Xunta en Bruxelas"