investidura

Putohíperventilar por España

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Pedro Sánchez (PSOE), Alberto Núñez Feixoo (PP), Yolanda Díaz (Sumar) e Néstor Rego (BNG), hoxe. [Fotos: Gustavo Valiente / Diego Radamés | Europa Press - Nós Diario]
star
CRÓNICA | Debate de investidura

Sánchez eríxese en "muro de contención" contra a dereita "que branquea" Vox entre acusacións de "ilexítimo" e "golpista"

Co apoio das forzas soberanistas, todo apunta a que Pedro Sánchez, do PSOE, será reelixido hoxe como presidente español no segundo día da sesión de investidura. No primeiro, a dereita e a ultradereita reiteraron que é un mandatario "ilexítimo" e "golpista". Feixoo acusa o candidato do PSOE de "fraude" e Vox compárao con Hitler.
eces_magistrados_contra_ley_amnistia_pactada_psoe
star
INTERNACIONAL

A dereita e a ultradereita españolas apreman a Xustiza para frear a investidura de Sánchez e a amnistía

A primeira xornada da sesión de investidura de Pedro Sánchez (PSOE) á Presidencia do Estado español inicia esta cuarta feira coas intervencións dos grupos parlamentarios, no medio das presións de PP, Vox e a Xustiza española contra a proposta de lei de amnistía, chave para que o candidato do PSOE obteña os apoios da maioría da Cámara Baixa.
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Sánchez (PSOE) e Ortuzar (PNV), Montero (PSOE) e Pontón (BNG), Bolaños (PSOE) e Junqueras (ERC), e Puigdemont (Junts).
star
INTERNACIONAL

As forzas nacionalistas fan viábel a investidura no Estado español

Os distintos acordos do PSOE coas forzas soberanistas teñen dúas cousas en común, o recoñecemento nacional e o avance do autogoberno, polo que se Pedro Sánchez aspira a rematar a lexislatura será precisa a formalización do carácter plurinacional do Estado.
O ex presidente catalán, Carles Puigdemont, hoxe. (Foto: Europapress)
star
INTERNACIONAL

Cales son as chaves do acordo PSOE-Junts e da negociación para o recoñecemento nacional de Catalunya?

O acordo político asinado entre Junts e o PSOE marcará unha lexislatura cuxo percorrido dependerá do recoñecemento nacional de Catalunya e da superación das limitacións do autogoberno.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Pontón asinará coa ministra de Facenda o acordo que compensará Galiza se lle é condonada a débeda a algunha autonomía

A falta da aprobación dun novo modelo de financiamento autonómico, cuxa ratificación está prevista para o comezo da lexislatura, o BNG e o PSOE adoptan no seu acordo diversas medidas para aliviar a débeda galega, que os Executivos do PP elevaron a máximos históricos en 2023 ao sumar 12.333 millóns de euros.
Acto do PSdeG en Rianxo polo Día da Patria Galega (Foto: PSdeG).
POLÍTICA

A militancia do PSdeG referenda os acordos de Pedro Sánchez de cara á investidura

Segundo a táboa de resultados publicadas polas redes sociais do partido, na Galiza votaron 61,8% das bases, dun censo total de 10.040 persoas, na consulta que estivo aberta de maneira telemática entre o 30 de outubro e o 3 de novembro. O sábado, día 4, podíase votar presencialmente.
Carles Puigdemont, hoxe. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

A investidura de Pedro Sánchez fica nas mans de Junts e do PNV, que alerta de falta de avances en "temas importantes"

O partido de Puigdemont desconfía do PSOE.
Carme da Silva, Ana Pontón e Néstor Rego (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

O BNG logra trens de cercanías para a Galiza nesta lexislatura na negociación con Sánchez

O acordo, ao que tivo acceso Nós Diario, foi levado esta sexta feira á Executiva Nacional da formación nacionalista que se reuniu ao longo da mañá.
O presidente Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta de hoxe. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Rueda cancela toda a axenda da Xunta após coñecerse o preacordo de investidura de Sánchez co BNG

O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, cancelou toda a súa axenda e a do conxunto do Executivo galego que estaba prevista para esta sexta feira.
Félix Bolaños, ministro español de Presidencia (PSOE), e Oriol Junqueras, líder de ERC, asinaron hoxe un pacto de investidura. (Foto: Gerard Magrinya)
star
INTERNACIONAL

ERC valida o pacto co PSOE e Junts negocia os últimos puntos da lei de amnistía

O presidente español, Pedro Sánchez (PSOE), está cada vez máis perto de conseguir os apoios necesarios para ser reelixido no Congreso, após o aval de ERC e o avance das conversas con Junts, todo isto a expensas da decisión do resto de forzas soberanistas.
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, conversa co presidente do Goberno español, Pedro Sánchez (Foto: Alberto di Lolli / POOL).
POLÍTICA

Preacordo entre o BNG e o PSOE para a investidura de Pedro Sánchez: Que se coñece do mesmo?

A Executiva do BNG reunirase esta sexta feira de forma extraordinaria para analizar o principio de acordo alcanzado para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Estado español.
Unha parada do tres de proximidade catalán en Barcelona (Foto: Lorena Sopêna / Europa Press).
POLÍTICA

Catalunya contará cun servizo de trens propio tras un acordo de ERC co PSOE

O acordo ratificado entre ERC e PSOE incluirá o traspaso económico e da infraestrutura -vías, trens e catenarias-, tal como reivindicaba a Generalitat.

O dilema de Puigdemont

O líder do PSOE, Pedro Sánchez, saudando esta quinta feira o rei español (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press).
INTERNACIONAL

Sánchez anuncia que xa ten unha proposta de amnistía no día do desfile da Hispanidade

O líder do PSOE recibiu apupos e gritos en Madrid.

España é un castelo de cartas

Pedro Sánchez, esta terza feira, en rolda de prensa desde a Moncloa. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
star
Investidura

Pedro Sánchez comeza a súa carreira para ficar na Moncloa

O actual presidente español en funcións, Pedro Sánchez, foi nomeado esta terza feira como candidato a unha nova investidura no Congreso estatal, despois do fracaso do líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, na anterior. Esta cuarta feira, o socialista comezará a súa rolda de contactos, que iniciará cunha xuntanza con Sumar, e que continuará nos próximos días con reunións con todas as forzas con presenza parlamentaria a excepción de Vox. O 27 de novembro é o límite para a investidura.
Pedro Sánchez (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
POLÍTICA

O rei nomea candidato á investidura Pedro Sánchez, que evita falar da amnistía

Pedro Sánchez evitou facer unha alusión directa á amnistía para que, Junts, a formación de Carles Puigdemont, apoie a súa investidura, aínda que si defendeu a necesidade de "xenerosidade" e facer política en Catalunya, á vez que recalcou o seu rexeitamento a un referendo de autodeterminación.
Néstor Rego intervén no Congreso (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
star
POLÍTICA

O PSOE apura os contactos cos nacionalistas tras o fracaso de Núñez Feixoo na investidura

Alberto Núñez Feixoo volveu fracasar. O candidato dos populares á Presidencia do Executivo do Estado español non conseguiu os apoios necesarios para formar Goberno, polo que o reloxo da investidura comeza a correr contra Pedro Sánchez. Arranca un novo capítulo na loita polo Executivo. 
Felipe VI con Francina Armengol a pasada na primeira rolda de contactos (Foto: Casa do Rei).
POLÍTICA

Felipe VI inicia esta segunda feira unha nova rolda de contactos da que probabelmente sairá Sánchez como candidato

Felipe VI levou a cabo unha primeira rolda de consultas tras as eleccións do 23 de xullo os pasados 21 e 22 de agosto e da que saíu Feixoo como candidato. Entón, o monarca recibiu representantes de sete formacións, xa que BNG, ERC, Bildu e Junts declinaron acudir á Zarzuela, como en ocasións anteriores.