Galiza é a penúltima comunidade do Estado en investimento en educación
A Galiza é a segunda comunidade autónoma do Estado español cun menor investimento educativo. Segundo os datos que fixo públicos a pasada semana a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef), o gasto educativo por habitante na Galiza ficou en 1.040 euros no ano 2023, 132 euros por baixo da media estatal, fixada en 1.172 euros por habitante.
O Goberno galego é xunto ao andaluz o que menos inviste en sanidade no Estado
Madrid supera por primeira vez na última década á Galiza en investimento sanitario por habitante. O Goberno presidido por Alfonso Rueda é o segundo de todo o Estado que menos fondos destina ao mantemento do sistema de saúde. Só Andalucía dedica menos recursos a sanidade que a Galiza.
O debate da produtividade dos Fondos Europeos
As remesas das migrantes superan os investimentos estranxeiros directos a nivel global
Máis de 770.000 millóns de euros en 2022
Galiza, a autonomía onde menos subiu o investimento no ensino: tres puntos por baixo da media no Estado
A Audiencia Nacional propón xulgar o ex presidente do Banco Popular por estafa na ampliación de capital do ano 2016
O investimento da Galiza en I+D é un 51,6% inferior ao da media da UE
Os últimos datos da Oficina Europea de Estatísticas (Eurostat) volven deixar en evidencia as políticas do Goberno galego en I+D. O organismo, dependente da Comisión Europea, certifica que a fenda nesta materia entre o país, o Estado e a Unión Europea (UE) continúa a medrar. O gasto da Xunta da Galiza sitúase un 22% por baixo do Estado e un 51,6% por baixo da media da UE .
O Goberno estatal creará unha empresa pública para a innovación tecnolóxica
Investimento estrangeiro: di-me do que presumes e direi-che de que careces
Madó Santos: "A cultura precisa de investimentos a longo prazo"
Incerteza no persoal de Alcoa ante a reunión sobre o forno de cocción
Os orzamentos de 2024, ao descuberto: o investimento en Atención Primaria será 327 millóns inferior ao de 2009
Galiza, a autonomía que menos inviste en dependencia
A Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais volve suspender a Galiza pola súa xestión en materia de dependencia. Un ano máis, sitúase á cola do Estado español en investimento nesta prestación.
A licitación de obra pública do Estado na Galiza caeu en 2022 en máis de 39%
A licitación de obra pública estatal na Galiza baixou en 39,5% en 2022. A caída produciuse nun momento de orzamentos expansivos pola proximidade aos procesos electorais de 2023. Un exercicio máis, Madrid é o principal beneficiado do investimento Estatal.
A ocupación turística cae en 3,5% na Galiza mentres sobe en 2% no Estado
A Galiza rexistrou en xullo 27.685 turistas menos que no mesmo mes do ano anterior. As maiores caídas de ocupación concéntranse en hoteis e casas de turismo rural, presentando as mellores cifras os apartamentos turísticos. Os datos do país coinciden cun incremento da actividade turística no Estado de 2%.
O investimento en servizos sociais na Galiza está nos postos de cola do Estado
Galiza é a terceira autonomía onde menos se inviste en sanidade por habitante
A Airef publicou onte os datos sobre o gasto sanitario en base á liquidación dos orzamentos de 2022. Na Galiza, o investimento ficou en 1.727 euros no ano por persoa, o que supón 43 euros por baixo da media estatal. A peor parte lévaa unha anualidade máis a Atención Primaria.
Unha lexislatura inédita no Estado cun resultado agridoce para Galiza
Foi unha lexislatura extraordinaria, marcada por unhas circunstancias sanitarias inéditas, golpeada por unha crise económica que aínda non entrou na súa fase máis dura, condicionada por un endiañado escenario xeoestratéxico a nivel internacional e que deixou, no seu conxunto, un sabor agridoce na Galiza. Un novo período político cheo de retos para o país ábrese a partir das eleccións de 23 de xullo. Comeza a conta atrás.
O Estado deixou sen investir na Galiza 3.562 millóns orzados entre 2015 e 2022
Os datos da Intervención Xeral da Administración do Estado certifican que desde 2015 até o primeiro semestre de 2022, último período con cifras, o Goberno estatal deixou sen investir na Galiza 3.562 millóns de euros comprometidos nos oito últimos orzamentos.