Galiza é a penúltima comunidade do Estado en investimento en educación

A Galiza é a segunda comunidade autónoma do Estado español cun menor investimento educativo. Segundo os datos que fixo públicos a pasada semana a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef), o gasto educativo por habitante na Galiza ficou en 1.040 euros no ano 2023, 132 euros por baixo da media estatal, fixada en 1.172 euros por habitante.

grafica web
photo_camera Só Asturias inviste menos que Galiza en educación. (Nós Diario / Airef).
Comentarios