"A noite branca" de Fernández Naval, mellor obra do ano nos premios Irmandade do Libro
A noite branca, de Francisco Fernández Naval como mellor libro do ano para a Federación de Libreir@s xunto coa web Galicia Encantada, As Guías da Natureza de Baía, o CEIP Quintela de Moaña e a libraría Komic de Santiago sumáronse a Mª Xosé Queizán como autora do ano nos premios da Irmandade do Libro entregados o sábado en Monforte.