Feixoo, o candidato de Jiménez Losantos a presidir o PP
O conflito aberto no Partido Popular continúa medrando. Mentres Pablo Casado e Isabel Díaz Ayuso se reafirman nas súas posicións, Alberto Núñez Feixoo déixase querer por uns e por outros. O influínte comunicador da dereita Federico Jiménez Losantos é un dos últimos en apoiar a candidatura do mandatario galego á presidencia da formación conservadora.
Ayuso admite que o seu irmán cobrou 55.000 euros no contrato das máscaras "por xestións coa empresa"
Casado: "A cuestión é se en plena pandemia podes ter un contrato coa túa irmá e recibir 286.000 euros"
Ayuso insiste en que a dirección do PP "moveu entre a prensa" o dossier sobre o seu irmán, que di que vén de Moncloa
Feixoo atrévete
A espionaxe e os dossiers non son novos no Partido Popular. O labor de investigación dos propios padecérona no pasado dirixentes da formación como o ex alcalde madrileño Alberto Ruiz Gallardón, o antigo tesoureiro do partido Luis Barcenas ou o ex secretario xeral do PP galego José Cuíña, que mesmo denunciou unha tentativa de trama para asasinalo promovida, supostamente, polo amigo de Manuel Fraga e construtor berciano José Martínez Núnez, cuxas empresas destacarían no financiamento irregular dos conservadores.
Casado, "decepcionado" polo conflito con Ayuso: "É algo que non merezo"
Ayuso e a cúpula do PP cruzan acusacións de espionaxe e cobros "irregulares" de comisións
Feixoo, sobre a guerra interna no PP: "É rocambolesco e sorprendente"
Núñez Feixoo volve mirar para Madrid
Feixoo aposta por Ayuso para liderar o PP de Madrid
Madrid é a comunidade onde máis inviste o Estado
Unha cousa é o investimento previsto nos orzamento do Estado é outra o gasto real. Os dados da Intervención do Estado destes últimos anos certifican que Madrid é a comunidade máis beneficiada polos presupostos do Estado, até o punto de recibir en 2020 1.229 millóns de euros das contas públicas.
Feixoo, de novo fiel escudeiro de Ayuso
O presidente da Xunta de Galiza defende a dirixente madrileña na súa chegada á Convención do PP que se desenvolve esta fin de semana en Valencia.
Ayuso vacinou congregacións relixiosas antes de tempo
A proposta de implantar un novo imposto a Madrid pola capitalidade irrita a Feixoo e Ayuso
O presidente galego, ao igual que Isabel Díaz Ayuso, carga contra a proposta de crear un imposto a Madrid para compensar os outros territorios do Estado polo efecto de capitalidade, que atrae bases impoñíbeis doutros lugares.
O centro xa non ten cabida no PPdeG
O novo tempo político aberto tras o rotundo triunfo de Isabel Díaz Ayuso nas eleccións madrileñas librou Feixoo de complexos. Veteranos membros do PP hoxe afastados da dirección sinalan a Nós Diario que "Feixoo e Ayuso son a mesma esencia pero en frascos diferentes. O raro é que en Madrid non se deran conta antes”.