INTERNACIONAL
O Partido Republicano lanza o xuízo político contra o presidente Biden
12/set./23
Acusan o mandatario de "abuso de poder, obstrución e corrupción".
INTERNACIONAL
Trump denuncia unha "caza de bruxas" após unha nova acusación
15/ago./23
Cuarto caso penal presentado contra o ex presidente dos EUA, que buscar obter un novo mandato nas eleccións presidenciais de 2024.
Estados Unidos
Cuarta imputación de Donald Trump, acusado agora de tentar manipular os resultados das eleccións de 2020
15/ago./23
"Trump e os outros acusados negáronse a aceptar que perdeu, e uníronse a propósito e de forma voluntaria a unha conspiración para cambiar ilegalmente o resultado das eleccións a favor de Trump", reza a acusación, que o ex mandatario ve como unha "caza de bruxas" contra el ás portas duns novos comicios.
star
INTERNACIONAL
Trump comparece ante a Xustiza por intentar un autogolpe de Estado ao perder as eleccións de 2020
02/ago./23
O tribunal federal da capital dos Estados Unidos acolle esta quinta feira a lectura de cargos da última acusación contra o ex presidente Donald Trump, a máis grave até o de agora, na que detalla un plan para reverter a súa derrota nas urnas e ficar no poder.
star
INTERNACIONAL
A extrema dereita marca a visita de Biden á nova fronteira da OTAN con Rusia
13/xul./23
Unhas declaracións racistas da viceprimeira ministra finlandesa e líder da extrema dereita provocan a segunda crise de Goberno en menos dun mes, deixando nun segundo plano a viaxe de Joe Biden ao país, o último membro en adherirse á OTAN.
star
INTERNACIONAL
Biden racha a reactivación dos lazos coa China 24 horas despois do acordo
21/xuño/23
Horas despois de facerse pública a declaración de culpabilidade de Hunter Biden por delitos fiscais e de posesión ilegal de armas, o seu pai, Joe Biden, presidente dos Estados Unidos, inicia unha nova crise diplomática coa China, apenas un día máis tarde do acordo Washington-Beijing para estabilizar as relacións bilaterais.
INTERNACIONAL
A débeda dos Estados Unidos supera o récord de 32 billóns de dólares
17/xuño/23
O número de 32 billóns de dólares foi alcanzado dúas semanas despois de que o presidente Joe Biden asinase a lei sobre o teito da débeda.
INTERNACIONAL
Donald Trump, de novo no albo: imputado no caso dos documentos clasificados
09/xuño/23
O ex presidente está acusado de cometer até sete delitos federais vencellados á Lei de espionaxe, após achar o FBI documentación clasificada na súa mansión de Palm Beach, en Florida. De forma paralela, Joe Biden está a ser investigado pola mesma cuestión, neste caso a raíz dun rexistro na súa vivenda de Delaware.
INTERNACIONAL
VÍDEO | Joe Biden sofre unha aparatosa caída nun acto das Forzas Armadas
02/xuño/23
O propio presidente chanceara sobre a súa idade no evento: "Cando me graduei no instituto, hai 300 anos, solicitei o ingreso na Academia Naval".
Agora
O Congreso estadounidense dá luz verde ao acordo sobre o teito de endebedamento
01/xuño/23
A Cámara de Representantes dos Estados Unidos aprobou na madrugada da cuarta á quinta feira [hora da Galiza] o pacto sobre o teito de endebedamento acordado previamente entre o presidente, Joe Biden, e o líder do Partido Republicano no órgano lexislativo, Kevin McCarthy. A reforma foi aprobada con 314 votos a favor e 117 en contra e ten por obxectivo evitar o estoupido dunha gran crise económica no país norteamericano. "Este é un compromiso bipartidista. Ningún dos lados conseguiu o que quería, e esa é a responsabilidade que implica gobernar", dixo Biden.
star
INTERNACIONAL
O aumento do límite de débeda pública nos Estados Unidos, en mans do Congreso
01/xuño/23
O acordo para elevar o teito de débeda nos Estados Unidos entre o presidente Joe Biden e o líder republicano da Cámara de Representantes, Kevin McCarthy, enfronta a resistencia de parte das e dos lexisladores demócratas e republicanos.
star
INTERNACIONAL
Biden, ante as últimas opcións para evitar a quebra dos Estados Unidos
23/maio/23
O debate sobre o aumento do límite da débeda pública do Goberno federal dos Estados Unidos, situada na contorna de 120% do produto interior bruto, está a centrar a atención perante unha potencial crise financeira global no caso de que non haxa acordo, o que tamén poría en cuestión a posición internacional do país, recoñece o Executivo norteamericano.
INTERNACIONAL
Joe Biden anuncia que se presentará á reelección para a Presidencia dos EUA
25/abr./23
Aos seus 80 anos de idade, Biden é o líder de maior idade na historia do país norteamericano e en caso de completar un segundo mandato, faríao con 86 anos, o que está a causar preocupacións sobre a prolongación da súa carreira presidencial.
INTERNACIONAL
Biden chega a Irlanda do Norte polo aniversario do Acordo do 'Venres Santo'
11/abr./23
O Goberno de Londres dificulta a revisión de condenas inxustas.
INTERNACIONAL
Joe Biden asina a lei que pon fin á emerxencia sanitaria pola Covid-19
11/abr./23
A Casa Branca sinalou a finais de xaneiro a súa intención de deixar de considerar a Covid-19 unha emerxencia sanitaria o 11 de maio.
INTERNACIONAL
Un informe revela que Joe Biden recibiu máis dun millón de dólares dunha empresa chinesa
17/mar./23
O Comité de Rendición de Contas da Cámara de Representantes dos EUA analizou rexistros financeiros no marco dunha investigación sobre o tráfico de influencias e supostas tramas empresariais de Joe Biden.
INTERNACIONAL
O primeiro informe denuncia fallos mecánicos no tren que descarrilou con tóxicos en Ohio
24/feb./23
Unha vintena de vagóns tiñan substancias tóxicas que acabaron por filtrarse ao medio ambiente a pesar da polémica actuación gobernamental, que permitiu á empresa queimar os produtos químicos ao comezar a arder os vagóns accidentados.