Foi o pasado mes de xullo cando o titular do Xulgado Central de Instrución Número 6 propuxo xulgar o comisario xubilado, o seu socio Rafael Redondo e mais o ex senador socialista pola presunta comisión de delitos de suborno e revelación de segredos no marco do 'Proxecto Saving'.
O ex comisario da Policía española foi condenado en xullo a 19 anos de prisión, na que foi a primeira sentenza relativa aos encargos privados que realizou a través do seu grupo empresarial sendo aínda axente en activo.
Enrique García Castaño, considerado nas investigacións xudiciais como o número dous do comisario Villarejo e procesado en diversas causas pola súa pertenza ás coñecidas como cloacas policiais, presume de grandes amigos na Galiza. Un deles, se cadra o máis próximo, é o actual presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feixoo.
As vítimas e as autoridades lembran as vítimas dos atentados de 2017 e decenas de manifestantes, xunto a algúns familiares, exixen coñecer "a verdade" e lamentan o "nulo" apoio recibido por parte das administracións.
Patricia López é unha das xornalistas de investigación máis recoñecidas do Estado. Directora do xornal 'Crónica Libre', vén de dar a coñecer unha gravación entre o comisario Villarejo e o director de 'La Sexta', Antonio García Ferreras. Hoxe explica para 'Nós Diario' a operativa e o funcionamento das cloacas do Estado.
O ex comisario afirma que pediu a varios xornalistas, entre eles Eduardo Inda, que non difundisen unha listaxe do ex tesoureiro do PP, Luís Bárcenas, na que aparecía "o presi", en referencia ao ex presidente Mariano Raxoi.
O xuíz, Manuel García-Castelló, sospeita que Sánchez Galán e os tres ex directivos investigados participaron desde os seus respectivos postos na contratación de Villarejo cando aínda era membro activo do Corpo Nacional de Policía.