O Constitucional dita que a liberdade de expresión non ampara instar a queimar a bandeira e considérao aldraxe
O Constitucional considera que o berro "hai que prender lume á bandeira" dun sindicalista da CIG nunha protesta sindical non gardaba relación coas súas reivindicacións quedando fóra do dereito á liberdade de expresión e ideolóxica. Seis maxistrados desestimaron o seu recurso de amparo a unha condena por un delito de aldraxe, pese as advertencias dun dos xuíces da xurisprudencia en contra do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
O Tribunal Supremo confirma nove meses de prisión para o rapeiro Pablo Hasel
Considérao culpábel de enaltecemento do terrorismo, insultos á coroa española e aos corpos e forzas de seguridade do Estado.
As proxeccións en Compostela son “liberdade de expresión”
O alcalde de Santiago desminte as informacións dun xornal da capital e asegura que non houbo “denuncias formais” polo contido das mensaxes.
A xustiza europea dá a razón a Valtònyc
O caso volve agora á xustiza belga, que terá que decidir se extradita o rapeiro mallorquino.
Pintadas pola liberdade nun baño público
Esculca reivindica a liberdade de expresión, agora si. O acto convocado para o 21 de setembro, suspendido polas malas condicións meteorolóxicas, celebrarase finalmente o día 12 de outubro en Compostela, na praza do Toural, ás 12 horas.
A Comuna acolle na Coruña as charlas sobre traballo sexual que cancelou a UDC
Un xuíz ordena o arresto do actor Willy Toledo
Foi denunciado pola Asociación Española de Avogados Cristiáns por un comentario en Facebook
A nai dun rapeiro: “Tamén deberían condenarme a min por criar o meu fillo para ser crítico e libre”
Crónica de Tamara M. Pastoriza sobre a xornada que decorreu en Bruxelas sobre os ataques á liberdade de expresion no Estado español, organizada pola eurodeputada do BNG Ana Miranda.
O BNG impugna a reprobación a Mesa do Parlamento contra Luis Bará
Considera que non ten “sustento técnico-xurídico” e que atenta contra a liberdade de expresión”
Santalices pon en marcha a maquinaria para sancionar Bará por rachar unha foto de Felipe VI
O presidente do Parlamento pediu un informe aos servizos xurídicos da cámara do que dará traslado esta sexta feira, nunha convocatoria de urxencia, á Mesa e a Xunta de portavoces.
O rapeiro Valtonyc entrará en prisión
O Tribunal Supremo ratifica a condena de tres anos de prisión ao mallorquín por inxurias á coroa española e enaltecemento do terrorismo.
Sancións por colar cartaces en Santiago de Compostela
A Xunta de Goberno do Concello de Santiago, presidida por Martiño Noriega, acordou propor para sanción persoas de organizacións xuvenís nacionalistas e independentistas por poñeren cartelaría nos mesmos lugares onde loce publicidade da Concellaría de Educación, dos Orzamentos Participativos, dos encontros do alcalde coa veciñanza, da Cidade da Cultura e do Pazo de Congresos, entre outros.
Fiscalía da Audiencia Nacional pide prisión para os rapeiros do colectivo ‘La Insurgencia’
Solicita dous anos de cárcere para cada un dos 12 integrantes do colectivo musical, que denuncia “represión” e “falla de liberdade”.
O Supremo condena o cantante César Strawberry a un ano de cárcere por 6 tuits
O pasado mes de xullo foi absolto pola Audiencia Nacional. O caso chegou ao TS ao recorrer a Fiscalía. Din que os chíos alimentan “o discurso do odio” e “lexitiman o terrorismo”.