literatura

O escritor e editor Bieito Ledo. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Bieito Ledo: "O mérito dos Premios da Crítica vén das máis de 1.500 persoas que participaron nos xurados"

Os Premios da Crítica chegan hoxe á súa 46ª edición e nesta ocasión decidiron recoñecer de maneira extraordinaria Bieito Ledo polo seu papel como presidente fundador dos galardóns.

Literatura palestina

O libro fotográfico 'Edelmiro Méndez. Da terra que fomos' foi impulsado por Xosé Manuel Méndez. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xosé Manuel Méndez: "As fotos de Edelmiro teñen gran valor ao retratar a sociedade nun momento de transformacións"

Edelmiro Méndez deixou tras de si un arquivo fotográfico inmenso a través do que achegarse á Galiza do século pasado. Unha obra de gran valor etnográfico que a editorial Canela publica co título 'Edelmiro Méndez. Da Terra que fomos'. O libro recompila o traballo deste fotógrafo da Pontenova (A Mariña) realizado entre 1957 e 1964 e conta coa colaboración de Xosé Manuel Méndez, fillo do fotógrafo. Será presentado hoxe, ás 20.30 horas na Casa da Cultura da Pontenova.
Manuscrito da conferencia de Lorca cos versos en galego do arrolo.
star
CULTURA

O Día de García Lorca na Galiza descobre o poeta de estirpe rosaliana

Hoxe, 25 de outubro, conmemórase a primeira visita de Lorca á Galiza, en 1916. Seguen agromando os vínculos da obra do poeta e dramaturgo coa poesía de Rosalía de Castro e, en xeral, a súa paixón pola lírica galega de todos os tempos.
Diego Horschovski e Miriam Louzao na presentación do festival
.
CULTURA

Unha 'Luz poética' ilumina Santiago

Comeza a II edición do festival que celebra a poesía nova galega.
A autora Andrea Barreira Freije (Foto: AELG).
CULTURA

Andrea Barreira Freije gaña o certame de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade Agustín Fernández Paz

O dítame valorou na novela o novidoso enfoque sobre o idadismo (discriminación contra persoas ou colectivos por razóns de idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores).
CULTURA

Ourense acolle o IX Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil

A iniciativa alcanza este ano a novena edición.
Xosé Manuel Soutullo. (Foto: Galaxia)
CULTURA

Xosé Manuel Soutullo, novo director xeral da Editorial Galaxia após a saída de Francisco Castro

Soutullo é actualmente director da Fundación Penzol e conselleiro da Editorial Galaxia, na que desenvolveu unha dilatada vida profesional no ámbito da edición e da produción cultural.
Sorprador, unha das máquinas utilizadas para facer sombreiros de feltro en Chazelles sur Lyon, Loire, Francia. (Foto: Jeanne Menjoulet)
star
Análise

Os donos das máquinas

Mario Regueira é escritor e crítico literario.
Sepulcro de Peres de Andrade, que patrocinou a tradución da obra. (Foto: Alexandre Vigo)
CULTURA

O BNG reclama ao Estado a devolución da 'Crónica Troiana'

Néstor Rego defende trasladar ao noso País o códice que contén esta obra medieval galega, albergado na Biblioteca Nacional de Madrid, para a súa conservación, valorización e exposición pública.

Nado na Patagonia (Arxentina), Xurxo González non deixou Vigo desde a súa chegada con 13 anos. [Foto: Nós Diario]
Contracultura

Xurxo González: "Cando cheguei á Galiza todas as persoas da miña idade pensaban en marchar a América"

Xurxo González naceu na Patagonia arxentina, desde a que migrou a Vigo con 13 anos, cando a xente da Galiza embarcaba para facer a mesma travesía en sentido contrario. Agora, con 81 anos, recolle todas estas lembranzas en 'Memorias de Xurxo O americano', libro autoeditado que será presentado hoxe na libraría Cartabón (Vigo) ás 20 horas.
libros
CULTURA

Concedidas ás axudas á tradución da Xunta, que tampouco este ano acepta as suxestións do sector

Unha das reivindicacións históricas do sector editorial é que se estabelezan axudas diferentes para a tradución e para a tradución inversa, é dicir, para a tradución doutras linguas ao galego e do galego a outras linguas
A escritora Rosario Regueira. (Foto: Distrito Xermar)
Contracultura

Rosario Regueira: "Coñezo bastante xente, mais non coñezo ningunha muller que non sufrira unha agresión"

Rosario Regueira, escritora, vén de publicar 'Retrato de ida e volta', unha historia sobre dúas mulleres, avoa e neta, que se ven obrigadas a escapar das súas vidas no rural e na cidade, respectivamente.
O escritor Rafa Vilar, na súa biblioteca persoal (Foto: Nós Diario).
star
CULTURA

Rafa Vilar reclama os lugares da memoria persoal e colectiva no seu último poemario

O galardón de poesía mellor dotado economicamente da Galiza, convocado anualmente desde 2002, foi nesta edición para a obra do escritor Rafa Vilar (Cee, 1968). O poeta conversa con 'Nós Diario' dese poemario gañador e dos premios literarios na Galiza.
Rafael Fernández Lorenzo.
CULTURA

Rafael Fernández Lorenzo faise co premio Raíña Lupa de literatura infantil

A obra 'As pedras verdes' é a gañadora cunha historia que aborda a conquista de América desde un punto de vista pouco habitual.

O escritor Xosé Carlos Gómez Alfaro finou na Guarda (Baixo Miño) en 2008 (Foto: Nós Diario).
star
Análise

A poesia religiosa de Xosé Carlos Gómez Alfaro

Victorino Pérez Prieto é teólogo, filósofo e escritor.
O saxofonista Xosé Miguélez con Estevo Creus e Alba Cid, poetas (Foto: Nós DIario).
Contracultura

"En 'A Faia do Ponto' realizamos unha performance poético musical baixo árbores senlleiras"

Estevo Creus e Alba Cid, poetas, xunto con Xosé Miguélez, saxofonista, están detrás do espectáculo de poesía escénica 'A faia de Ponto', unha intervención que busca dialogar cos espazos naturais e os contextos onde se celebra.
Irene Solá. (Foto: Alex García)
star
CULTURA

Irene Solá explora os mecanismos da Historia desde as tebras

Irene Solá converteuse nun fenómeno editorial coa súa anterior novela, 'Canto eu e a montaña baila'. Agora, con 'Deiche os ollos e miraches as tebras' —ambas en Kalandraka— recrea un día que contempla catro séculos de Historia nunha masía catalá habitada polos fantasmas das mulleres dunha familia marcada por un pacto co demo, para reflexionar sobre os mecanismos da memoria.
A escritora María Canosa. (Foto: Nós Diario).
Contracultura

María Canosa: "A maxia de Muriel, o protagonista, é que moitas persoas se senten identificadas con el"

Despois da insistencia das lectoras e dos lectores, María Canosa vén de publicar 'Muriel. Caos no laboratorio lácteo' (Xerais), a segunda parte dunha historia que segue as aventuras dun rapaz moi normal e do seu raposo, Blim.
Manuel Antonio, Manuel Rodríguez Castelao, Rafael Dieste, Xosé Losada Castelao e Laureano Lorenzo en 1920 (Foto: Arquivo particular).
star
Reportaxes

Os novos contra os avellentados. A literatura de noso na xeira do Seminario de Estudos Galegos

O profesor Xosé Ramón Pena sinala como foi e se mantén un lugar común na historia das letras galegas facer fincapé na "modernidade" e "europeidade" do grupo Nós e no seu carácter de "mestres incontestados". Sen dúbida, trátase de percepcións que han de ser matizadas e corrixidas, propón o profesor, xa que en realidade, a común pertenza ao movemento do galeguismo non ha de ocultar en ningún caso a verdadeira pluralidade de opcións nunha xeración brillante, "os anos de prata".