literatura

O stand da Editorial Kalandraka en Expoesía, en Soria, o pasado mes de agosto.
A feira Expoesía, na cidade de Soria, ten a Galiza como país invitado

A poesía galega proxéctase no exterior

A feira Expoesía de Soria, unha feira dirixida especialmente á poesía, ten a Galiza como país invitado na súa edición de 2022. Unha nutrida delegación de escritores e editores dá a coñecer a cultura galega sen o apoio institucional dun centro que canalice a acción cultural exterior. 
Sica Romero.
star
Libros: 'Avelaíñas eléctricas', de Sica Romero

Ourives de forma e contido

Unha novela tramada desde unha segunda persoa que permite unha escrita próxima ás personaxes, pero que non renuncia a trazar o seu propio fío e final climático.
Xosé Manuel del Caño nos soportais da Praza Maior de Ourense.
star
Reportaxes

Fisterra, anuario de relatos

O xornalista Xosé Manuel del Caño e a recentemente creada asociación Amigos do Libro Galego / Artes e Letras comezaron a aventura de reunir en varios volumes ducias de escritoras e escritores en varios anuarios de relatos curtos. A iniciativa estreouse coa obra Fisterra, relato curto en Galicia que consta de corenta textos de figuras da literatura galega como Xosé Luís Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Paula Carballeira, Luz Darriba ou Úrsula Heinze.
Kathleen March. (Foto: Santos-Díez)
Entrevistas

Kathleen March: "A Galiza precisa dun Instituto do Libro, ese Instituto Rosalía de Castro que teño escoitado mencionar"

Kathleen March naceu en Rochester (NY) en 1949 e formouse como especialista en estudos hispánicos, latinoamericanos e portugueses; na actualidade é catedrática emérita de Español na University of Maine. Chegou á Galiza en 1975 un pouco por casualidade, para estudar a poesía de Manuel Antonio, e aquí quedou prendida da cultura e do país. Desde aquela, ten publicado estudos sobre Carvalho Calero, Castelao, Luz Pozo, Xohana Torres e, sobre todo Rosalía de Castro, ademais de desenvolver un incansábel labor como tradutora. Nos anos 80 fundou e presidiu a Galician Studies Association (a actual Asociación Internacional de Estudos Galegos), que se revelou como unha utilísima ferramenta para impulsar os estudos galegos na academia norteamericana e, posteriormente, no ámbito internacional.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

Kathleen March e a resistencia guerrilleira protagonizan o 'Sermos Galiza' deste sábado

Aliás, analizamos a obra recompilatoria 'Fisterra, relato curto en Galicia', que recolle textos de figuras como Darío Xohán Cabana, Xosé Luís Méndez Ferrín ou Luz Darriba.
Representación de Marilyn Monre pendurada dun hotel de Portland. (Foto: Melissa Doroquez)
Análise

Loiras con libros nas mans

Na madrugada dun día como o de hoxe de hai sesenta anos, Eunice Murray, ama de chaves de Marilyn Monroe, descubría o corpo da actriz sen vida na súa casa de Los Ángeles.
Casa do Concello de Dodro. (Foto: Concello de Dodro)
CULTURA

Rosalía de Castro será nomeada filla adoptiva de Dodro

O nomeamento decorrerá no pleno municipal do vindeiro 11 de agosto.
Anxo Iglesias, gañador do Premio Merlín, convocado pola editorial Xerais, deste ano. (Foto: Cedida por Xerais)
Contracultura

Anxo Iglesias: "Hai que transmitir ás crianzas que a poesía é unha ferramenta incríbel para divertirse"

Anxo Iglesias (Vigo, 1967) é docente en Educación Física nun instituto de Gondomar e combina a súa profesión cun longo interese na dinamización cultural, a través de asociacións como Espazo Lectura, da que foi socio fundador e para a que coordinou clubs de lectura e desenvolveu outras actividades. Como músico, fai parte tamén da Banda dos Cueiros, nacida da consciencia da necesidade de crear un espazo para bebés vinculado a este proxecto. Este ano gañou o Premio Merlín (Xerais) con Unha nova dimensión, a segunda vez na historia do certame que o fai un libro de poesía, que será, ademais, a súa primeira publicación literaria.
O escritor e estudoso de Carvalho Calero Paulo Fernandes Mirás. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Paulo Fernandes: "Mais da metade dos poemas de 'Feixe levián', de Carvalho Calero, estão completamente inéditos"

Paulo Fernandes Mirás (Ordes, 1990), formado em inglês e galego-português na Universidade da Corunha, onde continua os seus estudos de doutoramento em Estudos Literários. Nestes anos deu-se a conhecer como antólogo de Ricardo Carvalho Calero (2019) e Ernesto Guerra da Cal (2020) com obras publicadas em Através, ainda que ao primeiro ao que tem dedicado mais estudos, como a biografia Ricardo Carvalho Calero (Ir Indo, 2020) ou a edição da obra completa que forma parte da sua tese. Numha investigação para esta deu conta da aparição dum poemário inédito que será editado ao longo deste ano. Também em 2022 debutava como autor literário em Através com o livro de poemas 'Estado Demente Comrazão' (2022).
Exemplar do First Folio exposto en Washington D.C. (Foto: Jessie Chapman)
CULTURA

Shakespeare entre os enigmas

A pasada semana unha copia do 'First Folio' de William Shakespeare era vendida por case dous millóns e medio de dólares nunha poxa xestionada pola casa Sotheby’s.
O escritor e profesor Ignacio Vidal Portabales, autor da obra galardoada 'As horas dunha illa remota'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Ignacio Vidal Portabales: "Escribo porque é algo que me acouga e o meu principal obxectivo ao facelo é divertirme"

Ignacio Vidal Portabales (Compostela, 1958), profesor de Dereito Mercantil na Universidade de Santiago de Compostela, aínda non hai dez anos que lanzaba a súa primeira novela, 'Dióxenes en Dolorida' (Xerais, 2013), tras ser distinguido co prestixioso Premio Blanco Amor. Desde entón vai acumulando narrativa e premios a un ritmo notábel e este ano abordaba tamén un xénero esixente como o infanto-xuvenil coa novela 'Sangue no dron' (Xerais, 2022). A semana pasada, o xurado do Manuel García Barros da Estrada anunciaba que a súa obra 'As horas dunha illa remota' resultara gañadora da edición deste ano. Unha nova novela que verá a luz con Galaxia en decembro.

Bremanza

Libro en chamas. (Foto: LearningLak  CC BY 2.0)
Análise

Do lume e dos libros

Análise de Mario Regueira para 'Nós Diario'.
A escritora e xornalista compostelá María Solar. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

María Solar: "Non penso como encaixar en xéneros ou públicos cando escribo unha historia"

María Solar (Compostela, 1970), escritora e xornalista nos medios públicos galegos, recibía hai uns días a noticia de que gañara o Premio Xerais 2022 coa novela 'A culpa', que vai ser editada en novembro. Trátase dun galardón que sumar a unha longa lista de recoñecementos que, tal e como nos conta, premian unha escrita que busca a fidelidade ao proxecto creativo máis aló de etiquetas.
Aser Álvarez mostra a escolma de textos de Xosé Velo. (Foto: Olivia AV)
Novo libro no 50 aniversario da morte do celanovés

Aser Álvarez recupera do esquecemento os escritos do "libertador" Xosé Velo

O enorme legado político de Xosé Velo pode verse agora nos seus propios escritos. Un libro escolma poemas, ensaios e textos teóricos de quen fora o cerebro do secuestro do 'Santa María', coincidindo coa recuperación do seu espolio, agora custodiado polo Arquivo da Deputación de Pontevedra.

A miña casa

‘Alma de elefante’ e o lugar da infancia

O xornalista e escritor Diego Giráldez. (Foto: Mateo H. Soto)
Contracultura

Diego Giráldez: "A realidade é o meu principal referente literario"

Diego Giráldez (O Porriño, 1976) é coñecido por unha longa traxectoria xornalística, profesión á que segue vinculado e pola que é finalista do Premio Afundación de Xornalismo Francisco Fernández del Riego deste ano. Debutaba tamén como narrador en 2016 con Galería de saldos, colección de relatos á que seguiu a novela Hotel para coleccionistas discretos (2019). Este ano aparece O meu sangue, unha obra que volve sorprender e sobre a que falamos neste caloroso xullo.
Basilio Losada
CULTURA

Falece Basilio Losada, embaixador das letras galegas en Catalunya

O catedrático e intelectual galego morreu aos 92 anos en Barcelona, onde residiu case toda a súa vida.
Yolanda Castaño foi a gañadora do Premio González Garcés de poesía.
CULTURA

Yolanda Castaño: "En 'Materia' cuestiono e deconstrúo o meu propio concepto de maternidade"

Yolanda Castaño (Compostela, 1977), unha das voces máis determinantes da poesía galega de entreséculos, retoma a liña principal da súa obra con 'Materia', un novo libro que irrompe nun momento vital de actividade intensa en proxectos paralelos que recuperar dos tempos incertos da pandemia: como a continuación do ciclo Poetas Di(n)versos e a posta en andamento da Residencia 1863, unha das apostas culturais máis interesantes dos últimos anos.