literatura

Baixar alí

Maria Rosa Lojo. (Foto: V. Padrú)
CULTURA

A escritora María Rosa Lojo ingresará na RAG como membro de honra o vindeiro 28 de setembro

Pronunciará o discurso titulado 'Unha galega filla en Buenos Aires' nunha sesión extraordinaria que se celebrará a partir das 19:30 horas.
Moza escribindo nunha cafetaría. (Foto: Francisco González CC-BY-2.0)
Análise

Quen serve o café

O escritor e crítico literario Mario Regueira prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.
O ilustrador e escritor Anxo Fariña é o autor da colección dos Megatoxos. (Foto: Colección Anxo Fariña)
Contracultura

Anxo Fariña: "É o primeiro libro no que os Megatoxos non viaxan no tempo, senón a unha realidade paralela"

Anxo Fariña, ilustrador e escritor de literatura infantil, fala da última entrega da súa serie máis coñecida, Os Megatoxos e o reto de internet. Con esta obra, Fariña trae de volta o grupo de amigos formado por personalidades moi dispares para falar de temas como o uso e abuso das redes sociais ou a privacidade, todo isto cargado de “referencias a filmes, libros e videoxogos actuais e tamén antigos como A historia interminábel, Os Goonies ou SuperMario”
O poeta galego Francisco Añón viuse obrigado a exiliarse en Portugal por participar na revolución galega de 1846.
star
Reportaxes

A historia non é linear. A literatura, tamén non...

É tópico asentado na historia política da Galiza a división do movemento que a definiu como suxeito político en tres fases consecutivas, e das consecuencias ideolóxicas e organizativas a que isto deu lugar: provincialismo, rexionalismo, nacionalismo. O primeiro, baseado nunha reclamación da Galiza como provincia, como unidade, face á división tetraprovincial decretada polo goberno liberal español (1833); o segundo, como primeira expresión de auto-organización política, coa obra de Murguía e a de Brañas como referentes fundamentais; o terceiro, xa no século XX, coa creación das Irmandades da Fala, a desestima do “regionalismo sano y bien entendido” (Antón Vilar Ponte) e a utilización clara e desacomplexada do termo nacionalismo e da súa xustificación e necesidade. 
O escritor Xabier Cid traballou como repartidor de comida en Glasgow, experiencia que recolle no seu libro. (Foto: Chile Estudio)
Contracultura

Xabier Cid: "A historia que escribín sucede durante o Brexit e invoco as miñas reflexións como repartidor"

Xabier Cid é un xestor de proxectos dixitais que tivo diversos empregos, entre eles, o de repartidor de comida a domicilio en Glasgow (Escocia), unha experiencia que agora relata en 10.000 millas de andar na bici. Cid fala das condicións do traballo e da literatura nun contexto medioambiental no que, como el di, "estamos chegando aos límites de crecemento e das nosas posibilidades de mobilidade e de alimento".
O semanario 'Sermos Galiza', á venda este sábado xunto ao teu exemplar de 'Nós Diario', todo por só tres euros.
CULTURA

Xavier Queipo, as novas editoriais galegas e a 'carta a Europa' de Chus Pato, no 'Sermos Galiza' deste sábado

O escritor Xavier Queipo vén de regresar a Vigo e de publicar dous libros, Final feliz (Xerais) e Algoritmos (Galaxia).
Obras de Tolkien en edición portuguesa. (Foto: Patricia Oliveira)
Análise

Aneis e dragóns

O final do verán veu acompañado de novas series televisivas ambientadas nas dúas sagas máis relevantes diso que se deu en chamar fantasía épica.

Desde Alemaña: Emine Sevgi Özdamar e Margarethe von Trotta

Elvira Ribeiro presenta a súa nova obra publicada por Galaxia. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Elvira Ribeiro: "As obras para crianzas deben conter humor e aventura, son elementos que atrapan"

Elvira Ribeiro, escritora, poeta e tradutora, está a presentar a súa obra Lagarta, Lagarta! que publicou o pasado mes a editorial Galaxia. Ribeiro sinala que se trata dunha historia moi orixinal xa que se pode ler do dereito e do revés; unha estrutura narrativa atractiva e sorprendente para as crianzas. Ademais a peza tamén inclúe "outros niveis cun certo punto crítico e de denuncia", segundo indica a autora. Ribeiro tamén reflexiona sobre a situación da literatura infantil e reivindica a necesidade de promocionar a lingua galega.
Chus Pato lendo o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. (Foto: RAG)
Contracultura

Chus Pato: "Nestes momentos moita xente de fóra está a decatarse da potencia que ten a poesía galega"

Days of Poetry and Wine, un dos festivais de poesía de máis prestixio en centroeuropa, celébrase en Eslovenia. En 2017 iniciou o proxecto Carta Aberta a Europa, unha carta que se dirixe a Europa e ao mundo coa vontade de levar a linguaxe da arte e da poesía ao discurso público. O festival selecciona cada ano un poeta, a quen lle dá a oportunidade de abordar os temas que considera máis apremantes. A carta envíase aos membros do Parlamento Europeo, do Consello de Europa e da Comisión Europea e publícase en medios de comunicación de reputación internacional. Chus Pato foi a poeta escollida este ano para redactar a carta e viaxará a Ljubliana para lela no festival.
Rosa Estévez Gantes presenta a súa obra 'Soños á beiramar', editada por Kalandraka. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Rosa Estévez Gantes: "Que a miña obra chegue e conecte coa rapazada é o mellor que pode pasar"

Rosa Estévez Gantes acaba de publicar 'Soños á beiramar', un conto con ilustracións de Rafa Antón e editado por Kalandraka. A historia ten a ver coa saudade de vivir lonxe do país, da amizade e, como explica a propia autora, "da capacidade que teñen as crianzas de seren felices a pesar das súas circunstancias vitais". Con este conto, acompañado das ilustracións de Antón, que ofrecen gran luminosidade e plástica ao relato, Estévez busca achegar luz e esperanza para curar a morriña.
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. (Foto: Nós Diario)
Galaxia reedita 'A Cidade dos Césares'

Víctor Freixanes: "Todas as miñas novelas son froito dunha reflexión sobre o país"

Galaxia vén de reeditar A Cidade dos Césares, a novela de Víctor Freixanes que relatou a epopea das familias galegas que foron poboar a Patagonia no século XVIII. Historia, mito e literatura únense para desvelar un capítulo pouco coñecido do pasado e para crear unha das grandes novelas históricas da literatura galega.
Xornada da Horta das Chás na súa anterior edición. (Foto: Chan da Polvora)
CULTURA

Volve a Horta das Chás "máis inesperada"

Emma Couceiro dará a coñecer algúns dos seus novos poemas.
Medos Romero. (Foto: Ramón Loureiro)
star
Entrevistas

Medos Romero: “Estou segura de levar en min a dor das mulleres que, como miña nai, tanto sufriron na vida”

A perda. A ausencia. O absoluto desamparo. A dor abisal da separación dunha nena da súa nai deu orixe a E o sol era Ela, o poemario co que Medos Romero gañou o XIX Premio de Poesía Afundación. Un libro no que regresa ao íntimo tras unha incursión maior da súa poética en temas como a violencia de xénero, o espolio da clase obreira ou a destrución da natureza, alicerce, segundo a autora, da súa creación, en estreita conexión coa súa vivencia do rural.
Tipos móbiles nunha imprenta de Gutenberg. (Foto: Richard Rutter. CC BY 2.0)
Análise

Defensa da edición

O papel singular das persoas vinculadas á edición é do máis relevante, especialmente polo de ameaza e banalización que ten hoxe o seu traballo.
Adrián Noia. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Adrián Noia: "A lectura e a escritura son dous hábitos constantes na miña vida"

Adrián Noia, estudante de Filoloxía na USC e escritor novel, publicou no mes de xullo a súa novela 'O país dos raposos', que recibiu o segundo galardón nos Premios Xuventude Crea 2021. Noia explica que se trata dunha novela distópica na que se abordan temas morais e de actualidade. Ademais, o autor tamén se refire ao seu inicio no mundo da literatura e opina sobre a relevancia dos certames literarios.

Libros para o verán

Amaral

Unha muller lendo. (Foto: Naned Stojkovic. CC BY 2.0)
Análise

Libros para o verán

É difícil rastrear en que momento a estacionalidade do verán foi asociada ao consumo de libros, aínda que seguro que foi unha ligazón preexistente que adoptou novas formas ao longo do século XIX.